Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

20/08/2009

VIÑA Estado fenoloxía: Envero
Mildeu:Ver Fotos

Abundante esporulación no envés da folla ao final da campañaMildeu en pampoContinúa a observarse a presenza de manchas de aceite nas follas dos novos agromados, pero a permanencia do tempo seco e cálido durante esta semana non fixo evolucionar sensiblemente a sintomatoloxía (ademais, a partir deste momento os acios xa non se ven afectados directamente polo fungo). Aínda así, hai que prever que as precipitacións do día 20 probablemente xerarán a esporulación das manchas polo que, se se desexa, pode reducirse a infección eliminando o exceso de vexetación nova, se é que o houbese, ou ben aplicando un tratamento cúprico se existe risco de defoliación por un ataque forte a follas e pámpanos.

Oidio:Ver Fotos

Uncinula necator - Oidio en netoTampouco o fungo responsable desta enfermidade pode afectar xa á colleita do ano, e só se observaron síntomas illados en nietos e nalgunhas follas.





Botrite: Ver Fotos

Esta é a única enfermidade que pode causar danos directos a partir deste momento. Se o tempo permanece seco os próximos días non é de esperar que se produzan infeccións, pero atención aos cambios repentinos que poden suceder (como a precipitación do día 20). Débese manter a vixilancia, procurando evitar no posible calquera tipo de feridas aos grans.

Trazas:Ver Fotos

Grans atacados por larva de trazaNas bisbarras do Rosal e do Condado iniciouse o voo da terceira xeración de trazas. Os danos causados polas eirugas desta nova xeración (e os que siga causando a anterior onde aínda non finalizou o nacemento de larvas) poden favorecer a entrada de botrite e outras podremias en condicións favorables, polo que se debe manter a vixilancia e tratar de observaren en torno a un 5% de acios con penetracións larvarias.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusNas nosas parcelas de seguimento continúan en niveis baixos as capturas nas trampas e non se observan adultos en voo nin ninfas nas mostraxes directas ás follas. Tampouco capturamos máis exemplares de Scaphoideus titanus, pero aínda se espera o nacemento de novos adultos.




Altica:Ver Fotos

Larva de Altica alimentándoseVoltamos a atopar novas larvas deste crisomélido nalgunhas follas da nosa parcela de seguimento do Condado, pero sen maior transcendencia.





Ácaros:Ver Fotos

Non se viron novos síntomas do ataque de ácaros nin tampouco observamos presenza destes animais nas mostraxes realizadas ás follas. En calquera caso, as condicións climáticas actuais favorecen o seu desenvolvemento e, ademais, a situación referida para as nosas parcelas de seguimento non ten por que ser xeneralizada, polo que debe ser confirmada en cada caso a existencia de poboacións.


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

A climatoloxía seca destes días non favoreceu as infeccións por este patóxeno, e de feito non se observaron novos síntomas. Non obstante, o incremento de humidade pola precipitación do día 20 aumenta o risco de ataque, polo que se debe manter a vixilancia.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Non tivemos capturas de adultos en ningunha das nosas parcelas de seguimento, pero o voo e a actividade destes insectos son continuos ata o fin de campaña, polo que se debe comprobar a situación de cada parcela concreta. Por outra banda, xa pode iniciarse a instalación de trampas nos troncos para capturar larvas invernantes segundo a secuencia recollida nas fotografías.


Ver Consello Fitosanitario

Pulgón Laníxero:Ver Fotos

Eriosoma lanigerum - Pulgón Laníxero parasitadoContinúa a observarse un incremento no nivel de parasitismo por Aphelinus mali, polo que non se debe tratar con insecticidas se se observa actividade do parasitoide..





Araña vermella:Ver Fotos

O tempo seco e soleado favorece a actividade da araña vermella, aínda que as temperaturas tan elevadas que sufrimos nestes días non son especialmente propicias, polo que non se observaron novos síntomas. Manter a vixilancia, e recordar que se debe de confirmar a presenza do ácaro antes de aplicar calquera tratamento.