Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

27/08/2009

VIÑA Estado fenoloxía: Maduración
Mildeu:Ver Fotos

Abundante esporulación no envés da folla ao final da campañaMildeu en pampoEfectivamente, nas manchas presentes nos gromos novos desenvolveuse esporulación como consecuencia da humidade e da precipitación fina que de forma máis ou menos localizada se presentou. En calquera caso, en xeral non se viron máis manchas, pero como comentamos no aviso anterior, pode reducirse a infección eliminando o exceso de vexetación nova, ou ben aplicando un tratamento cúprico se existe risco de defoliación por un ataque forte a follas e pámpanos.

Oidio:Ver Fotos

Nalgunhas parcelas observouse un incremento na porcentaxe de follas ocupadas por oídio, pero non é necesario tratar debido a que o fungo xa non afecta ao acio e non pode comprometer a cantidade nin a calidade da colleita.

Botrite: Ver Fotos

Instalación de botritis en racimoO incremento na humidade ambiental provocado polos orballos nocturnos e polo clima pouco estable destes días implica un maior risco de infección por este patóxeno (ademais, tamén as temperaturas son favorables). A situación difire segundo as variedades e o estado sanitario da uva: naquelas máis sensibles de tipo Treixadura e nas viñas con danos de traza, paxaros (xa frecuentes neste momento), etc. é necesario tratar, considerando que deben transcorrer polo menos 21 días entre o tratamento e a vendima. Nas demais situacións, especialmente se a uva está libre de feridas ou lesións, pode obviarse esta intervención.

Trazas:Ver Fotos

Grans atacados por larva de trazaSe no aviso anterior anunciabamos que se iniciara o voo da terceira xeración de Lobesia botrana nas bisbarras do Roseira e O Condado, nesta fíxoo nunha das nosas parcelas do Salnés (a situada en Castrelo). Xeralmente as larvas desta xeración non causan danos importantes debido á proximidade da vendima, polo que en xeral (salvo que exista en torno a un 5% de acios con penetracións larvarias) non será necesario tratar.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaCapturamos poucos adultos de Empoasca vitis e de Zygina rhamni nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento, e tampouco se observan adultos en voo nin ninfas nas mostraxes directas nas follas. Porén, volvemos recoller adultos de Scaphoideus titanus, aínda que en baixo número.



Altica:Ver Fotos

Larva de Altica alimentándoseFolla de Albariño con ataque de AlticaSe manteñen en niveis estables as poboacións deste coleóptero na nosa parcela de seguimento do Condado, con danos lixeiros ocasionados nalgunhas plantas localizadas




Ácaros:Ver Fotos

En xeral, xa non se observan danos por estes artrópodos e a presenza de poboacións nas mostraxes que realizamos ás follas son testemuñais. En caso de que puntualmente se considere necesario tratar débese poñer atención ao prazo de seguridade do acaricida escollido.


Outros:

Golpe de sol en acio de AlbariñoO tempo soleado que se rexistra algúns días de agosto está a provocar a aparición de danos de "golpe de sol" nos acios máis expostos. Estes danos non son polo tanto causados por patóxeno algún e non requiren tratamento.




MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoA posibilidade de infeccións producidas por este patóxeno increméntase coas condicións climáticas destes días pero, salvo que nas plantas xa se tivesen detectado ataques de certa intensidade, os danos que se esperan ata a recolección xa non son importantes. Non é necesario tratar.



Cydia pomonella:Ver Fotos

Tanto na nosa parcela de Areeiro como en Soutomaior recolléronse dous adultos nas trampas instaladas. Estas cifras son próximas ao limiar de tolerancia pero polo momento non se observan danos. En función da data prevista de recolección pode ser interesante aplicar un tratamento, posto que a actividade larvaria e polo tanto a posibilidade de danos permanece ata a mesma colleita (recordar que xa pode iniciarse a instalación de trampas nos troncos para capturar larvas invernantes).


Ver Consello Fitosanitario

Pulgón Laníxero:Ver Fotos

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaPolo menos na bisbarra de Pontevedra xa practicamente non se observan colonias de pulgón laníxero non parasitadas. De feito, os niveis de parasitismo por Aphelinus mali continúan incrementándose.





Araña vermella:Ver Fotos

Non se observaron novas poboacións deste ácaro nas nosas parcelas de seguimento. En caso de que puntualmente existan danos e a colleita estea próxima, aconséllase non tratar, pero si o facer despois da recolección, pois é conveniente reducir as poboacións para diminuír o nivel de femias que depositen ovos invernantes.


PEREIRA
Monilia:Ver Fotos

Peras no chan con danos de moniliaFroito con ataque de MoniliaObsérvase nalgunhas árbores froitos con presenza deste fungo que penetra por feridas de calquera natureza. Recórdase que é conveniente eliminar os froitos afectados (a igual que os caídos ao chan) para evitar danos á froita en maduración e reducir o inóculo para o ano próximo.



CARBALLO
Altica quercetorum:Ver Fotos

Adultos de Altica en folla de carballoVolta a observarse actividade deste defoliador en carballos de certas zonas da provincia de Ourense.





PIÑEIRO
Procesionaria:Ver Fotos

Non capturamos ningún adulto nesta semana na trampa que temos instalada para coñecer o voo deste defoliador.