Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/12/2009

KIWI
Bacteriose:

Ataque de Pseudomona syringae en kiwiAtaque de Pseudomona syringae en kiwiUnha vez finalizada a caída da folla, recoméndase a aplicación dun tratamento cun produto cúprico (os recomendados polo Ministerio son oxicloruro de cobre e sulfato tribásico de cobre) para limitar a incidencia desta enfermidade. O tratamento debe ser efectuado asegurando un bo mollado das plantas. Por outra banda, en estudos experimentais que realizamos na Estación demostrouse unha boa eficacia da aplicación por pulverización de peróxido de hidróxeno (auga osixenada) ao 25% á dose de 1% inmediatamente despois da caída da folla.

Enfermidades da madeira:

Síntomas de enfermidades da madeira no kiwiDetalle de síntomas de enfermidades da madeira no kiwiA intervención recomendada para a bacteriose é aplicable tamén a estas enfermidades, cuxa incidencia se incrementou nos últimos anos. Ademais, no caso destas patoloxías convén poñer en práctica medidas de tipo cultural, como a poda separada das plantas enfermas ou a desinfección das ferramentas de poda.