Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/04/2010

VIÑA
Varios:

Recórdase que antes de que se acade o estado de follas estendidas, cómpre aplicar un tratamento funxicida a base de folpet ou mancozeb para reducir a incidencia de excoriose na nova campaña que se está a iniciar. Ademais, dado que xa se produciu a maduración da oospora do mildeu, débese poñer atención ao desenvolvemento da viña, pois dende que se acaden os 10 cm de lonxitude de gromo poden producirse as primeiras infeccións en canto se rexistren condicións climáticas favorables.


KIWI
Pseudomonas syringae: Ver Fotos

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiCómpre estar atento á aparición dos primeiros botóns florais para aplicar un tratamento que protexa a floración das plantas fronte ás bacterioses causadas por Pseudomonas spp..





VARIOS CULTIVOS E ESPECIES ORNAMENTAIS

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedrouloFestonado das follas de camelia producido por curculiónidoCoincidindo co agromado estanse a producir os primeiros ataques de pedroulo e outros curculiónidos. Se persisten condicións favorables ao crecemento da vexetación, non é probable que causen problemas graves, pero puntualmente pode ser necesaria a aplicación dun insecticida piretroide que estea rexistrado para o cultivo en concreto. Para que este tratamento resulte eficaz, cómpre aplicar á primeira hora da mañá ou á última da tarde, pois son estes os momentos en que os adultos están a alimentarse.


CAMELIA
Cosetacus camelliae : Ver Fotos

Detalle do botón floral de camelia afectado polo ácaro Cosetacus camelliaeEstase a producir a elongación dos gromos da maioría das variedades de camelia, polo que é o momento idóneo para aplicar o primeiro tratamento fronte ao ácaro responsable da caída do botón floral, Cosetacus camelliae.