Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

10/05/2010

PATACA
Epitrix similaris: Ver Fotos

Adulto de Epitrix similarisAdulto en planta de patacaDende que se produciu o nacemento das plantas estamos a detectar, en varias localidades galegas, a presenza de signos de alimentación de insectos mastigadores diferentes ó escaravello da pataca. Observando con detalle, atopamos adultos do crisomélido Epitrix similaris ou pulguiña da pataca. Trátase dun pequeno coleóptero saltador de arredor de 2 mm de lonxitude e cor negra que en estado adulto orixina, ao alimentarse, orificios circulares nas follas similares a un cribado ou perdigonado.Síntomas da alimentación dos adultos Estes danos poden non ser importantes se o crecemento das plantas é adecuado, pero as larvas destes insectos poden xerar máis problemas ao alimentarse das raíces e ao realizar galerías superficiais nos tubérculos (que ademais poden facilitar a entrada de fungos de podremia). Ata o de agora, aínda é pronto para cuantificar os posibles danos que poidan xerar e a evolución das súas poboacións, polo que se recomenda vixiar o cultivo e permanecer atento ás novas informacións que proporcionaremos segundo as prospeccións que estamos a levar a cabo. En calquera caso, de observar síntomas importantes, é conveniente que se poñan en contacto connosco ou co servizo de sanidade vexetal da Xunta de Galicia.