Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

14/05/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Acios separados
Mildeu: Ver Fotos

Curvatura do acio por mildeu en planta sen tratamentosA climatoloxía desta semana foi moi favorable ao desenvolvemento da enfermidade, e consecuentemente cumpríronse as condicións para que se produzan infeccións secundarias. Ademais, nalgunhas parcelas parece que empezan a observarse os primeiros síntomas da enfermidade en acio, e as plantas que se manteñen sen tratamentos a xeito de control xa mostran a curvatura típica dos ataques temperáns da enfermidade. A previsión meteorolóxica anuncia clima estable a partir do sábado 15, polo que é importante comprobar no viñedo a presenza de síntomas e tratar en caso de que se detecten ou de que concluíse o período de protección do funxicida empregado nunha aplicación anterior.

Débese ter en conta que a persistencia dos produtos fitosanitarios, incluídos os sistémicos, se reduce uns días en presenza de chuvias.

Black rot: Ver Fotos

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosOs síntomas detectados a semana anterior na nosa parcela de seguimento do Condado alcanzaron novas follas, e tamén nos informaron da presenza da enfermidade en máis parcelas da mesma bisbarra.





Trazas: Ver Fotos

Lobesia botrana - Captura de machos de Lobesia botrana de primeira xeraciónTivemos as primeiras capturas de Lobesia botrana nas trampas de feromona pero polo momento non apareceron os primeiros síntomas en acio. Non é necesario tratar





Altica:

Primeiras larvas de Altica quercetorum no Condado 2010Apareceron as primeiras larvas alimentándose das follas na nosa parcela de seguimento do Condado. A súa presenza é puntual e non require tratamento, pero si hai que incrementar a vixilancia.





Ácaros:

Colomerus vitis - Eríneas en follas novas de variedade tinta Nesta semana non se detectaron síntomas nin formas móbiles de ácaros tetraníquidos nin de acariose. Tampouco as condicións climáticas foron especialmente favorables ao desenvolvemento destes artrópodos pero se, como anuncian as previsións, melloran as condicións climáticas, será necesario incrementar a vixilancia.

Non obstante, están a aparecer numerosos síntomas de erinose (avultamentos no feixe da folla), pero a raza deste ácaro presente en Galicia non causa danos e non é necesario tratala.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoUnicamente vimos novos síntomas da enfermidade nas plantas onde a semana anterior localizaramos as primeiras manchas. En calquera caso, coas condicións favorables que se rexistraron hai que estar moi atentos, sendo conveniente tratar ao cesar as precipitacións se se trata de variedades moi sensibles.



Pulgón laníxero: Ver Fotos

Ataque de pulgón laníxero ao inicio da agromaciónXa se están a rexistrar colonias naquelas plantas onde o ano anterior había poboacións deste homóptero. Polo momento é moi pronto para detectar a actividade do seu parasitoide, pero se soben as temperaturas, probablemente aparezan os primeiros áfidos parasitados.




CAMELIA
Chloropulvinaria floccifera: Ver Fotos

Chloropulvinaria floccifera (Cochinilla algodonosa da camelia) - Ninfas en gromo Vimos máis formas ninfais e femias novas desta cochinilla, e de feito nalgunhas plantas as poboacións son xa relativamente importantes e as femias empezan a súa oviposición. Cómpre tratar.




PATATA
Escaravello da Pataca e outros:Ver Fotos

Adulto do escaravello da patacaLarva de escaravelloNas plantas que non recibiron tratamento insecticida ningún na campaña están a aparecer os primeiros adultos e larvas do escaravello Leptinotarsa decemlineata, ademais de adultos de Epitrix similaris, especie referida no aviso do 10 de maio. É necesario tratar para evitar perdas de masa foliar.