Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

21/05/2010

VIÑA Estado fenolóxico: acios separados - Floración (Inicio)
Mildeu: Ver Fotos

Coas temperaturas tan elevadas que se rexistran dende o domingo día 16, a enfermidade non sufriu avance, polo menos nas nosas parcelas de seguimento. É máis, mesmo nas plantas control que mantemos sen tratamentos freáronse os síntomas que se empezaban a observar en acio. Coas condicións actuais, polo tanto, non sería necesario tratar pero a previsión meteorolóxica anuncia chuvias en forma de tormentas xa dende o luns día 24; de producirse habería condicións extremadamente favorables ao desenvolvemento do mildeu e tendo en conta que a viña está a entrar en floración, estado moi sensible á enfermidade, cómpre aplicar un tratamento que protexa as plantas.

Trazas: Ver Fotos

Lobesia botrana - Captura de machos de Lobesia botrana de primeira xeraciónContinúan sen aparecer postas ou síntomas de actividade larvaria de trazas, a pesar de que, loxicamente, continúa o voo de Lobesia botrana, recollendo nas trampas de feromona entre 4 e 21 machos segundo a parcela. Ata o momento, de Eupoecilia ambigüella non se capturaron os primeiros adultos. Non é necesario tratar.



Altica:

Adulto de Altica quercetorum en folla de vidNesta semana xa vimos algúns adultos de Altica quercetorum na nosa parcela de seguimento do Condado. A pesares diso, polo momento a poboación total do crisomélido non é moi elevada e non é necesario tratar.




Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyri Continúan sen detectarse síntomas de ácaros nas nosas parcelas de seguimento (coa excepción de erineas de Colomerus vitis) e tampouco se viron formas móbiles nas mostras recibidas na Estación. Lembren que non é conveniente aplicar tratamentos acaricidas a menos que a presenza destes artrópodos estea confirmada, pois poden prexudicar seriamente aos ácaros útiles fitoseidos, os cales poden regular de forma natural as poboacións nocivas.


MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoNon atopamos máis síntomas da enfermidade, pero probablemente aparecerán se, como anuncia a previsión meteorolóxica, se producen chuvias a próxima semana. Polo tanto, cómpre manter as plantas protexidas.




Pulgón cinsento: Ver Fotos

Ninfas e formas ápteras de pulgón cinsentoEstán a aparecer colonias nalgunhas zonas. Polo momento, a súa presenza limítase a variedades sensibles en árbores illadas, pero cómpre incrementar a vixilancia, xa que esta especie de pulgón pode afectar ao froito.




Rhynchites coeruleus: Ver Fotos

Gromo cortado e seco polo ataque de Rhynchites coeruleusSíntomas característicos de Rhynchites coeruleus en maceiraEstamos a atopar gromos seccionados como consecuencia do ataque deste pequeno curculiónido. Polo xeral non é necesario adoptar medidas de control agás sexa de planta nova, pero é necesario comprobar como evoluciona a sintomatoloxía.



KIWI
Pseudomonas spp: Ver Fotos

Esxudado no revés da folla de kiwi debido a Pseudomonas syringaeSíntomas de Pseudomonas syringae en follaEstase a iniciar a floración na práctica totalidade das plantacións. Dado que este ano a incidencia de Pseudomonas syringae e P. viridiflava é bastante elevada, especialmente en terreos onde xa se detectara a súa presenza, recoméndase aplicar un tratamento cúprico, asegurándose de mollar ben os botóns florais e as follas (en ensaios tamén se obtén boa eficacia co peróxido de hidróxeno, pero esta substancia non está rexistrada polo Ministerio).

PATACA
Epitrix similaris:Ver Fotos

Síntomas da alimentación dos adultosContinúan a observarse síntomas e adultos desta especie en moitas zonas. Os tratamentos insecticidas que se utilizan para controlar o escaravello da pataca adoitan ser eficaces fronte a este outro insecto.