Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/06/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Grans tamaño chícharo
Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator - Oidio en acioNo aviso anterior (18 de xuño) anunciabamos que atoparamos os primeiros síntomas da enfermidade en folla. Pois ben, xa vimos, en terreos diferentes os primeiros acios afectados, polo que se non se efectuou o tratamento recomendado, cómpre realizalo o antes posible.






Acariose:Ver Fotos

Viña con bronceado característico do ataque de ácaros Do mesmo xeito, vimos nesta semana máis dunha parcela do Salnés con presenza de Calepitrimerus vitis en número que supera o limiar de tratamento e que tamén presentan síntomas. Cómpre confirmar a presenza deste ácaro antes de tomar calquera medida, e tratar en caso afirmativo.




MIRABEL
Caliroa limacina: Ver Fotos

Larva de Caliroa limacina alimentándoseSintoma do ataque de CaliroaEstamos a observar nalgunhas rosáceas síntomas debidos á presenza deste himenóptero. Os danos que produce débense á actividade trófica das súas larvas, que se alimentan das follas respectando os nervios e devorando o mesófilo e unha das dúas caras da epiderme. Xeralmente non se trata de danos intensos pero en planta nova poden producir un atraso no crecemento se a defoliación é elevada. Nestes casos podería utilizarse un insecticida rexistrado no cultivo en cuestión para eliminar a poboación nociva.