Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

25/06/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Grans tamaño chícharo
Mildeu: Ver Fotos

Plasmopara viticola - Síntomas incipientes en folla.Nas nosas parcelas de seguimento atopamos síntomas illados da enfermidade en dúas parcelas, pero abundantes manchas incipientes e acios afectados nas plantas que mantemos sen tratamentos na campaña. Por outro lado, no día de hoxe (25 de xuño) estamos a recibir numerosas consultas sobre a aparición repentina de síntomas en todas as bisbarras, co que parece que a situación é bastante xeneralizada. É necesario tratar o antes posible.

Ao terse alcanzado xa o estado de "grans tamaño chícharo", pódese intervir xa con produtos a base de cobre formulado cun penetrante -cimoxanilo ou dimetomorf-.
Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator - Presenza de micelio en acioComo referimos no aviso do pasado mércores 23 de xuño, detectáronse os primeiros acios con presenza de oidio (polo tanto en datas similares ás de anos anteriores). Ademais, nas consultas que estamos a recibir tamén estannos a comentar a aparición de acios con presenza do fungo en todas as bisbarras, co que é necesario tratar se non se fixo xa.




Trazas: Ver Fotos

Continúan a ser baixos os niveis de capturas de adultos de trazas nas trampas de feromonas, e tamén a presenza de glomérulos é reducida. Polo momento non é necesario tratar

Cicadélidos :Ver Fotos

Observouse un lixeiro incremento no número de cicadélidos capturados nas trampas. Incrementar a vixilancia, tendo en conta que seguramente continúen incrementándose as poboacións.

Acariose:Ver Fotos

Viña con bronceado característico del ataque de ácarosComo indicamos no aviso do pasado día 23, vimos nesta semana máis dunha parcela do Salnés con presenza de Calepitrimerus vitis en número que supera o limiar de tratamento e que tamén presentan síntomas. Cómpre confirmar a presenza deste ácaro antes de tomar calquera medida, e tratar en caso afirmativo.



Enfermidades da madeira:Ver Fotos

Complexo eutypa e complexo iesca - Síntomas en vexetaciónCoa suba de temperaturas dos últimos días, estanse a empezar a manifestar nalgunhas plantas síntomas que apuntan a enfermidades da madeira. Como indicamos todos os anos, cómpre ir marcando estas plantas para actuar no momento segundo as recomendacións que proporcionaremos para este tipo de plantas.



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoCoa humidade foliar que se está a rexistrar dende a noite do día 23, o risco de infección é moi elevado. Cómpre tratar





Cydia pomonella: Ver Fotos

Naquelas parcelas en que se aplicou o tratamento recomendado no aviso do pasado venres reduciuse o nivel de capturas, pero non así naquelas nas que non se aplicou. Recórdase que cómpre manter as plantas protexidas.

PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis: Ver Fotos

Exemplar macho de Monochamus galloprovincialisEstamos a recoller nestes días os primeiros adultos nas trampas de embudes que temos instaladas nas masas de Pinus pinaster.