Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

02/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: (Grans tamaño chícharo) - Peche do acio
Mildeu: Ver Fotos

Como indicamos no aviso emitido onte, as condicións ambientais son moi favorables ao desenvolvemento da enfermidade, co que nos encontramos en situación de máxima alerta.

Oidio: Ver Fotos

Debido á presenza de síntomas e de condicións favorables, tamén o risco de danos por esta enfermidade é alto.

Trazas: Ver Fotos

Os niveis de capturas de Eupoecilia ambigüella estanse a incrementar en boa parte das bisbarras, e de feito, ademais das cifras referidas no aviso de onte 1 de xullo, tamén hai que engadir os 27 machos capturados en Soutomaior.

PATACA
Epitrix similaris: Ver Fotos

Estanse a incrementar os síntomas do ataque dos adultos na parte aérea das plantas. Para o seu control débense aplicar os insecticidas rexistrados fronte ao escaravello da pataca, respectando sempre os prazos de seguridade. (PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE INSECTO, CONSULTAR A FICHA TÉCNICA n.º 54 DA EFA).