Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/07/2010

Como todos sabedes, xa somos campións do mundo, e en honor Á ROJA, os feitos destacables do aviso de hoxe poñerémolos na nosa cor. Parabéns a todos

VIÑA
Mildeu: Ver Fotos

Mildeu en pampoParcela de albariño despuntadaViña de albariño recén esfolladaVoltamos revisar no día de hoxe diferentes viñedos da bisbarra do Salnés. A situación que encontramos é similar á da semana anterior no tocante á incidencia de danos na bisbarra (e tamén vimos mildeu nalgúns pámpanos), pero a meirande parte dos síntomas non mostran zona de avance. Porén, a previsión meteorolóxica anuncia precipitacións para os próximos dous días 13 e 14, e tamén onte houbo varias horas con temperatura alta e humidade foliar, co que, se está próximo a finalizar o período de protección do tratamento anterior, aconséllase que se renove inmediatamente, o máis tardar ao finalizar as precipitacións.

Nestes momentos é moi aconsellable realizar os labores culturais de despuntado e esfollado para favorecer a ventilación dos acios.

Oidio: Ver Fotos

No tocante a esta enfermidade, continúan a aparecer novos síntomas, tanto en folla coma en acio, en plantas que se manteñen sen tratamentos. Ademais, vimos novos síntomas en acio (en especial nos coñecidos como "netos") nalgunhas parcelas. Polo tanto, e tamén debido a que persisten as condicións favorables á infección, aconséllase renovar o tratamento á vez que se realiza o tratamento antimildeu.