Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

15/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildeu: Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Síntomas de Mildiu larvado en aciosAs condicións climáticas deste verán están a ser moi favorables ás infeccións por este patóxeno, pois de forma reiterada se producen precipitacións (ou elevada humidade relativa) unidas a temperaturas elevadas. De feito, a previsión meteorolóxica anuncia novamente chuvias para mañá venres 16; a estas alturas de campaña o acio aínda pode verse danado, polo que a recomendación que podemos achegar é confirmar a eficacia dos tratamentos que se realizan (recordar que coas chuvias se reduce o período de protección dos produtos e se lavan as funxicidas de contacto) e poñer en práctica as prácticas culturais que favorezan a aireación dos acios.

Oidio: Ver Fotos

Oídio en acio de variedade tintaAs recomendacións achegadas para o mildeu son aplicables tamén a esta enfermidade, no sentido de que se debe confirmar que os tratamentos realizados frean a infección. Na revisión efectuada ás nosas parcelas de seguimento observamos novos síntomas unicamente nas plantas que mantemos sen tratamento, pero na visita efectuada á bisbarra do Salnés o pasado luns comprobaramos a súa presenza en acio nalgunhas parcelas e tamén estamos a recibir mostras con danos importantes, especialmente en variedades tintas.


Trazas: Ver Fotos

Continúan a ser reducidas as capturas de trazas nas trampas de feromona (nas parcelas da nosa rede, o máximo nesta semana foron 9 machos de Lobesia botrana) e tamén a presenza de síntomas é meramente ocasional. Non é necesario tratar.

Cicadélidos :Ver Fotos

Os niveis de cicadélidos recollidos nas trampas son moi baixos, tanto nas nosas parcelas de seguimento coma noutros terreos (segundo nos informaron os seus técnicos). Tampouco nas observacións realizadas nas follas se ven apenas ninfas. Polo momento non é necesario tratar.

Ácaros:Ver Fotos

Panonychus ulmi - Dereita folla de viña atacada por ácaros; esquerda folla sanaEncontramos, en mostras recibidas na Estación, as primeiras formas móbiles de Panonychus ulmi, pero a súa presenza é puntual. Deberase incrementar a vixilancia, pois o clima cálido e seco favorece a proliferación das súas poboacións, pero se recomenda non tratar a menos que se confirme a súa presenza para respectar a acarofauna útil que pode regular os niveis de ácaros nocivos de forma natural.



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Danos no froito do Moteado da maceiraNon vimos novos síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento. Non obstante, a previsión meteorolóxica anuncia precipitacións para mañá día 16, e polo tanto incrementarase o risco de infección. Deberase manter a protección do cultivo.




Cydia pomonella:Ver Fotos

Penetración larvaria en froito da variedade goldenMantense a situación referida a semana anterior no tocante aos niveis de capturas de machos nas trampas instaladas nas parcelas da nosa rede (por debaixo do limiar de tolerancia).





Pulgón laníxero:: Ver Fotos

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaEstase a incrementar sensiblemente o nivel de parasitismo por Aphelinus mali polo que, se se empregan insecticidas para o control doutras pragas, aconséllase que se elixan de entre os máis inocuos para a fauna útil, co obxectivo de protexer as poboacións deste beneficioso.




Panonychus ulmi: Ver Fotos

Panonychus ulmi - Formas móbiles en follaDetalle da coloración típica do ataque de araña vermellaNa parcela onde a semana anterior se detectaran os primeiros individuos deste ácaro, incrementáronse sensiblemente as súas poboacións e superaron o albor de tolerancia, manifestándose ademais os primeiros síntomas. Lembren que non é conveniente tratar con acaricidas a menos que se confirme a presenza destes artrópodos, pois en moitos terreos existen ácaros beneficiosos que poden regular de forma natural as súas poboacións.