Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio »Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

19/07/2010

VIÑA
Mildeu: Ver Fotos

Na visita realizada hoxe por diferentes parcelas da bisbarra do Salnés non vimos novos síntomas desta enfermidade. É máis, nas parcelas da nosa rede en que mantemos plantas sen tratamentos en toda a campaña, os gromos novos tampouco mostran signos de mildeu. Porén, aínda que o risco de danos ao acio é inferior ao das épocas precedentes, polo momento non se pode descoidar a vixilancia, especialmente se se cumpren as previsións meteorolóxicas, que indican precipitacións para o mércores (ou mesmo para mañá martes pola noite).

Oidio: Ver Fotos

Folla nova de alabriño con forte presenza do fungoManchas de oídio en folla de albariñoMicelio do fungo en acioNas plantas que mantemos sen tratar en toda a campaña nas nosas parcelas de seguimento vimos novos síntomas da enfermidade, e tamén noutros terreos de diferentes áreas do Salnés vimos acios tratados nos que, non obstante, non se logrou frear a infección. Recordamos unha vez máis a conveniencia de CONFIRMAR SEMPRE QUE OS TRATAMENTOS APLICADOS FORON EFICACES.