Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

22/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildeu: Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Gromo con manchas en follas tenrasAdemais de sobre gromos novos das plantas que mantemos sen tratamentos na campaña, atopamos manchas moi incipientes e illadas nunha parcela de albariño na zona de Soutomaior. En realidade, nesta campaña estanse a suceder de forma recorrente condicións climáticas favorables ás contaminacións por este patóxeno, polo que se recomenda manter a protección das viñas mentres se dean estas circunstancias.


Oidio: Ver Fotos

Micelio do fungo en acioPolo momento o acio continúa a ser sensible aos ataques deste fungo, e de feito seguen aparecendo síntomas nas plantas control sen tratamentos e tamén nesta semana vimos puntualmente algúns grans con novos síntomas (tamén en mostras de diferentes bisbarras recibidas na Estación). Confirmar a eficacia do último tratamento no caso de ser efectuado recentemente e, no caso contrario, renovalo para evitar o potencial rachado da uva que podería producirse.

Trazas: Ver Fotos

As poboacións de trazas continúan a ser moi baixas, tanto nas nosas parcelas de seguimento coma noutros terreos, segundo a información proporcionada por outros técnicos: as capturas nas trampas apenas alcanzan os 10 machos (máximo de 3 nesta semana na nosa parcela de Castrelo), e unicamente se observan penetracións illadas. Non é necesario tratar.

Cicadélidos :Ver Fotos

Cicadélidos recollidos en trampa cromáticaObservouse nesta semana un incremento nas poboacións de cicadélidos (especialmente de Zygina rhamni), e de feito, na nosa parcela de seguimento de Castrelo superouse o limiar de tolerancia por capturas de individuos nas trampas. A situación que se rexistrou neste terreo é única e polo tanto non xeneralizada, pois a densidade das poboacións destes insectos depende de diversos factores e pode ser variable mesmo entre parcelas da mesma bisbarra. Por este motivo, aconséllase incrementar a vixilancia, e permanecer alerta a novos avisos.

Ácaros:Ver Fotos

Nesta semana, nas mostras que recibimos na Estación non encontramos individuos de Panonychus ulmi, pero si puntualmente de Calepitrimerus vitis (acariose). En calquera caso, a previsión meteorolóxica anuncia elevadas temperaturas e tempo seco para os próximos días, o que implica condicións favorables. Incrementar a vixilancia, pero unha vez máis reiteramos a importancia de non intervir a menos que se confirme a presenza de ácaros para respectar a acarofauna útil.

Outros:

Golpe de sol en acio de Albariño
Cos labores de esfollado que se están a realizar, algúns acios empezan a manifestar síntomas de golpe de sol, polo que se aconsella que, cando se faga este tipo de práctica, non se expoñan demasiado os acios



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Mancha incipiente de moteado da maceiraNalgunhas bisbarras, así como en mostras recibidas na Estación, vimos manchas incipientes de moteado en follas. Cómpre tratar, pero debe poñerse atención ao prazo de seguridade dos funxicidas empregados no caso de variedades que estean próximas á recolección.




Cydia pomonella:Ver Fotos

Penetración larvaria en froito da variedade goldenAcadouse o limiar de tolerancia, por capturas de machos nas trampas, nas nosas parcelas de seguimento. Tamén nesta semana se superou o limiar de penetracións en froito nun dos nosos terreos. Cómpre tratar, pero recordar que se debe respectar o prazo de seguridade nas variedades máis próximas á colleita.



Pulgón laníxero: Ver Fotos

Continúa a incrementarse o nivel de parasitismo por Aphelinus mali polo que se se empregan insecticidas para o control doutras pragas, aconséllase que se elixan de entre os máis inocuos para a fauna útil, co obxectivo de protexer as poboacións deste beneficioso.

PATACA
Epitrix similaris: Ver Fotos

Restos do cultivo de patacaNeste momento, en que está a ter lugar a recollida das patacas, é moi importante retirar e eliminar os restos do cultivo para dificultar que os adultos deste coleóptero se refuxien neles para pasar o inverno