Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

19/08/2010

VIÑA Estado fenolóxico: (Cora)-Maduración
Mildeu: Ver Fotos

Apenas se observan síntomas de infección nas diferentes bisbarras, nin sequera nas plantas que mantemos sen tratamentos en toda a campaña. Como é sabido, neste momento o fungo xa non afecta ao acio e todo o máis que poden aparecer son manchas en follas e síntomas en pámpanos. Esta situación pode acontecer a raíz da precipitación fina que tivo lugar localmente o día de onte (18 de agosto), pero se se mantén o tempo máis ou menos estable (como anuncian as previsións) non é probable que dea lugar a unha elevada densidade de síntomas. Por este motivo, non é necesaria a aplicación de tratamentos.

Oidio: Ver Fotos

Folla nova de alabriño con forte presenza do fungo Nalgunha parcela especialmente sombreada e con presenza anterior da enfermidade, observamos nesta semana un notable incremento na presenza de síntomas en folla, pero non é a situación xeral. Ademais, como dende o envero o fungo xa non pode afectar ao acio e non está contrastado que a aplicación de tratamentos tardíos sexa efectiva para reducir a presión da enfermidade na seguinte campaña, xa non é necesario tratar.


Botrite: Ver Fotos

Danos por paxarosAs precipitacións que se produciron localmente no día de onte (18 de agosto) apenas mantiveron humedecidas as follas uns minutos, co que non xeraron unha situación especialmente favorable á enfermidade. Malia a isto, xa se empezan a observar danos por paxaros nalgunhas variedades o que, unido a potenciais penetracións de trazas ou outros danos, pode favorecer a penetración do fungo nos acios. No caso de necesitar aplicar un tratamento, cómpre ter moi en conta o prazo de seguridade do funxicida elixido, pois os hai de ata 28 días.



Trazas: Ver Fotos

O número de capturas de machos na nosa parcela de seguimento do Condado incrementouse a 49 adultos, o que apunta a que nesta parcela se alcanzou, probablemente, o máximo voo da terceira xeración de Lobesia (os anteriores rexistráranse na segunda quincena de maio e na primeira de xullo). Coa vendima próxima non é probable que esta poboación se traduza en danos ao acio, e de feito, polo momento non observamos postas e/ou penetracións.

Cicadélidos :Ver Fotos

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaAs poboacións de Empoasca vitis e de Zygina rhamni nesta campaña, polo menos nas nosas parcelas de seguimento, mantivéronse en niveis baixos en xeral. Porén, como anunciaramos nos dous avisos anteriores, capturamos os dous primeiros adultos de Scaphoideus titanus, ambos os dous na bisbarra do Condado.



Ácaros:Ver Fotos
Continuamos a observar síntomas do ataque de ácaros en viñedos de diferentes bisbarras. Neste momento da campaña é especialmente importante confirmar cal é o ácaro responsable dos síntomas para elixir axeitadamente os fitosanitarios a utilizar no caso de que sexa necesario intervir.

Outros:

Coas temperaturas rexistradas nos días pasados estanse a manifestar en máis parcelas síntomas que apuntan á presenza de enfermidades da madeira. Como avisamos todos os anos, cómpre marcar estas plantas cando os síntomas son tan visibles para, no momento de realizar as podas, tratalas separadamente.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

A potencial presenza de humidade foliar nalgúns momentos do día incrementa o risco de infección. En calquera caso, segundo a previsión meteorolóxica manterase o tempo relativamente estable (aínda que incrementándose as probabilidades de chuvia) co que, de cumprirse, non se espera un risco elevado nos próximos días.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Como cada ano indicamos, xa é un bo momento para a instalación de bandas de cartón ondulado nos madeiros das árbores para capturar neles as larvas que se retiran para pasar o inverno. Eliminando estas bandas antes da primavera redúcese a incidencia da praga para a próxima campaña.


Araña vermella: Ver Fotos

Panonychus ulmi - Formas móbiles en follaNo caso de existir síntomas do ataque deste ácaro e de confirmar a súa presenza en niveis superiores ao limiar de tolerancia, débese ter moi en conta que a selección do acaricida a aplicar debe estar condicionada polos prazos de seguridade.




Outros:

Mazas no entorno dunha maceira en fase de podremiaEstanse a observar baixo as árbores dalgunhas parcelas, mazás no chan. Como sempre insistimos, cómpre recollelas, pois sobre esta froita pódense instalar patóxenos do tipo Monilia ou Botrite, ou mesmo pode servir de zona de posta para a mosca da froita.




TOMATEIRA
Tuta absoluta:Ver Fotos

Debido á presenza desta praga en niveis importantes nalgúns invernadoiros, débense adoptar as oportunas medidas de control, que inclúen unha combinación de técnicas: tratamentos químicos, loita biolóxica e, moi importantes medidas culturais do tipo instalación de mallas nas ventilacións e eliminación dos restos de cultivo.