Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

01/03/2011

FROITEIRAS
Varios patóxenos :

Coa chegada do bo tempo estase a producir o brote das especies froiteiras. Dado que este inverno foi relativamente chuvioso é conveniente realizar algúns tratamentos preventivos, entre os que están:
  • en maceira, fronte ó moteado, realizar unha aplicación con mancozeb ou folpet (entre outros) cando se alcance o estado fenolóxico C3 (entre xema inchada e aparición de botóns florais).
  • en froiteiras de óso, fronte a diferentes enfermidades (lepra, cribado, Cylindrocladium, etc.) sempre que non se encontren en floración (neste caso haberá que actuar cando se produza a caída dos pétalos) e presenten só as xemas inchadas. Aconséllase aplicar un funxicida de contacto recomendado no cultivo.
  • en kiwi, fronte ás bacterioses, tratar o brote cun produto cúprico.



PEREIRA e CIROLEIRA
Hoplocampa
Trampa adhesiva para captura de adultos de Hoplocampa
Antes da floración destas especies pódense instalar trampas adhesivas brancas para capturar adultos (recordar que os ataques destas especies provocan a caída dos froitos recén formados). Ademais, é conveniente aplicar un tratamento insecticida recomendado no cultivo e dirixido á zona das flores para reducir os danos potenciais. Esta aplicación debe realizarse ó inicio da floración en ciroleira e despois, tras a caída dos pétalos, na pereira.



FROITEIRAS e ORNAMENTAIS
Insectos chupadores y ácaros
Brote de clementino con pulgón
Os brotes novos sofren frecuentemente o ataque de diferentes insectos chupadores como pulgóns. Tamén os ácaros adoitan instalarse sobre as follas tenras. É conveniente vixiar a súa aparición para poder actuar mentres as poboacións son reducidas. En caso de aplicar un tratamento debe utilizarse sempre un produto rexistrado para o cultivo.


MANTEMENTO DA MAQUINARIA DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS
Posta a punto da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

Se aínda non se fixo, antes de realizar as primeiras intervencións convén comprobar o estado dos equipos de tratamento co fin de evitar problemas futuros. Pódense ver algunhas recomendacións básicas neste sentido pinchando no enlace:


Mantemento da maquinaria de tratamentos fitosanitarios