Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

28/03/2011

KIWI
Bacteriose:

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiNa brotación débeselle prestar atención á aparición de síntomas de bacteriose (manchas marrón escuro nas follas, secado de botóns florais, aparición de exsudados na madeira...), cuxa incidencia se incrementou nos últimos anos. Ademais, na rexión Entre Douro e Minho de Portugal xa se detectou a bacteriose causada por Pseudomomas syringae pv actinidiae (Balestra et al., 2010), enfermidade de alerta e por tanto de declaración obrigatoria que pode causar graves perdas polo que o nivel de risco é elevado. Aconséllase adoptar as seguintes medidas fronte ás bacterioses co fin de previr a súa aparición e/ou evitar a súa diseminación:


MEDIDAS CULTURAIS:
  • Utilizar material de plantación san.
  • Evitar os sistemas de rego que mollen a parte verde das plantas.
  • Realizar análises de solo e foliares para previr posibles desequilibrios nutricionais.
  • Evitar o encharcamento do solo mediante unha boa drenaxe.
  • Evitar realizar feridas accidentais no tronco.
  • Poda e destrución das partes enfermas das plantas.
  • Manter medidas profilácticas óptimas (tanto a nivel dos operarios coma das ferramentas utilizadas) para evitar novas contaminacións cando se sospeite ou se manexe material infectado.
TRATAMIENTOS QUÍMICOS: Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns florais

Recoméndase empregar oxicloruro de cobre, iniciando os tratamentos na brotación e non descoidando a aplicación correspondente a botón floral-floración, momento de máxima sensibilidade a algunhas destas enfermidades (por este motivo recordaremos este tratamento cando corresponda). Tampouco deben esquecerse as intervencións invernais.

RECOMENDACIÓNS DURANTE A PODA:
  • Podar en primeiro lugar as plantas sas e deixar para o final as plantas sospeitosas.
  • Desinfectar entre plantas todas as ferramentas de poda. Pódese utilizar alcohol, lixivia ou auga osixenada.
  • Aplicar mastic funxicida ou sales de cobre ós cortes superiores a 2-3 cm de diámetro.
  • Ó efectuar a poda de recuperación (eliminación das zonas danadas) empregar ferramentas ben desinfectadas e comprobar ata onde chega o límite dos tecidos afectados pola bacteria para realizar os cortes ó menos a 40 cm de distancia desa zona.
  • Retirar da plantación e destruír, queimándoos, as plantas totalmente afectadas e os restos de poda das plantas con síntomas.