Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

08/04/2011

VIÑA
Mildiu:

Nestes momentos o desenvolvemento da vexetación de moitas viñas (brotes de 10 cm de lonxitude) xa as fai receptivas ó mildiu. Non obstante, as condicións climáticas que se rexistraron estes días non foron favorables ó inicio das infeccións pois non se produciu precipitación e, aínda que nas horas nocturnas as temperaturas superan estes días os 10-12º C, apenas houbo humidade foliar. De feito na visita que realizamos onte (7 de abril) a algunhas das nosas parcelas de seguimento non encontramos ningunha mancha e tampouco temos constancia da súa aparición noutros predios. Mentres se manteña a situación climática actual non será necesario tratar.



MACEIRA E MARMELEIRO
Oidio:
Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioOidio - Síntomas en folla
Vimos os primeiros brotes da maceira e as primeiras follas do marmeleiro con síntomas desta enfermidade. De momento trátase de situacións puntuais e con escasa incidencia polo que aínda é pronto para intervir.



CAMELIA
Cochinillas:
Chloropulvinaria floccifera (Cochinilla algodonosa da camelia) - Ninfas en gromo
Detectamos as primeiras plantas con presenza de ninfas e femias novas da cochinilla Chloropulvinaria floccifera. Debido ó seu estado de desenvolvemento é bo momento para aplicar un tratamento, polo que naquelas plantas nas que normalmente se observe esta cochinilla é conveniente aplicar un insecticida a base de aceite de parafina, dimetoato ou imidacloprid.



EVONYMUS
Oidio:
Evonimus (Oidio) - Manchas incipientes de Oidio
Nalgunhas sebes de evónimo obsérvanse xa abundantes manchas de oídio. Dado o difícil que resulta controlar a enfermidade nestas plantas recoméndase aplicar un tratamento a base de xofre ou un antioídio sistémico rexistrado para o cultivo.



BOJ
Cecidómido minador do buxo:

Monarthropalpus buxi - Avultamentos característicos no revés das follas Monarthropalpus buxi - Aspecto do revés das follas con minador
Monarthropalpus buxi - Pupa Monarthropalpus buxi - Detalle de síntomas nas follas.
Recibimos mostras con elevada presenza de pupas desta praga nos brotes terminais. Os ataques deste insecto recoñécense porque as follas aparecen descoloradas e, no envés, con lixeiros avultamentos en cuxo interior se poden encontrar larvas de cor amarelada ou pupas alaranxadas. Finalmente, os brotes afectados terminan secando. Nos casos nos que se confirme esta sintomatoloxía débese actuar fronte a este insecto combinando a eliminación manual dos brotes fortemente afectados (o que se debe realizar neste momento) coa aplicación dun insecticida sistémico (como o dimetoato) máis adiante, entre finais de abril e principios de maio, para evitar que sobresaian adultos que dean lugar a un novo ataque.