Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/04/2011

VIÑA
Mildiu:

Acaban de nos informar de que se atopou a primeira mancha de aceite nunha leira da comarca do Salnés (en Lois, Ribadumia), onde o desenvolvemento da vexetación é superior ó normal e onde hai zonas con moita humidade. De momento é un caso excepcional (non temos constancia da aparición de máis), aínda que si é certo que na noite do 8 ó 9 houbo máis de catro horas de humidade foliar con temperaturas arredor dos 14º C nalgunha estación meteorolóxica. Por este motivo recoméndase extremar a vixilancia e permanecer atento a novos avisos (mañá, día 13, realizaremos a visita semanal ás nosas parcelas de seguimento e o xoves 14 publicaremos as nosas observacións).