Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

14/04/2011

VIÑA Estado fenolóxico: F-G (acios visibles-acios separados)
Mildiu:
Primera mancha de Mildeu en Tremoedo 2011
Na visita que realizamos onte, día 13, ás nosas parcelas de seguimento atopamos a primeira mancha de aceite na de Tremoedo, pero non nas demais leiras. A mancha non se encontraba esporulada (de feito non houbo condicións para iso) pero colocada en circunstancias favorables si empezou a frutificar. Tamén nos informaron da aparición de manchas, algunhas con esporulación, nunha parcela de Sanxenxo. Non temos constancia de máis deteccións e parece que de momento só sucedeu na comarca do Salnés. As previsións meteorolóxicas anuncian unha situación incerta para a próxima semana (algunhas apuntan ata un 60% de posibilidade de precipitación) polo que a vixilancia debe ser extrema. En calquera caso, se non se vai realizar un seguimento é recomendable aplicar un tratamento usando un funxicida penetrante ou un sistémico.



MACEIRA
Couza da maceira:
Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semana
Na trampa de feromona instalada na nosa parcela de seguimento de Soutomaior capturáronse máis de cinco machos, ó igual que noutra instalada en Mourente (Pontevedra). Con todo, aínda non capturamos ningún individuo na de Areeiro. A pesar disto último, como xa se iniciou o voo do insecto, naquelas parcelas nas que non se realizan seguimentos específicos recoméndase aplicar un insecticida rexistrado para este uso co fin de evitar que as eirugas penetren no froito.



CAMELIA
Pulgóns:
Detalle de colonia de pulgón sobre camelia
Estanse a observar en diversos xardíns colonias do pulgón Toxoptera aurantii. Debido ó dano estético e ó debilitamento que lles causan á camelia aconséllase aplicar un tratamento cun insecticida rexistrado.