Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

05/05/2011

VIÑA Estado fenolóxico: H-I (botóns florais separados-inicio de floración)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes en folla Unicamente atopamos unha mancha de aceite nas nosas parcelas de seguimento de Soutomaior (que supón a primeira da campaña na leira) e na Modia (en ambos os casos presentaban esporulación). Nas demais leiras o estado das plantas en relación a esta enfermidade é excelente e tampouco temos noticias de que a situación sexa diferente noutras áreas. En calquera caso, as previsións continúan anunciando tempo relativamente inestable para a fin de semana, co que novamente haberá condiciones de infección. Por este motivo, e tendo en conta que a floración estase a iniciar, é conveniente non descoidar a protección posto que a sensibilidade do acio á enfermidade é extrema nestes momentos.
En caso de ter que renovar os tratamentos, e dado que convén protexer a floración ó longo do máximo período posible, recoméndase aplicar un funxicida sistémico neste momento.

Couzas do acio:

Glomérulo da primeira xeración de trazasAs capturas nas trampas de feromonas de Lobesia botrana instaladas en todas as nosas parcelas de seguimento reducíronse sensiblemente nalgúns casos, co que a semana pasada se rexistrou o pico de voo da primeira xeración desta couza. En calquera caso, e como indicamos no aviso anterior, non adoita ser necesario intervir fronte a esta xeración porque soamente causa danos puntuais e non existe unha relación directa entre xeracións. Nos próximos días, así e todo, espérase a aparición dos primeiros glomérulos, indicio da actividade larvaria neste momento.



Botrite:

Folla con síntomas de botriteRacimo con presencia de Botrytis cinereaNalgunhas viñas atopamos síntomas en folla que se confirmaron no laboratorio e, tamén, nunha parcela que non pertence á nosa rede de seguimento observamos síntomas en acio. De momento non é necesario tratar: informaremos de como evoluciona a sintomatoloxía en función das condicións climáticas que se rexistren nos próximos días.



Cicadélidos:

Esta semana apenas houbo capturas de cicadélidos nas trampas. Non é necesario tratar.



MACEIRA
Moteado:

Mancha incipiente de moteado da maceiraMancha incipiente de moteado da maceiraDebido ás condicións climáticas que se rexistran esta primavera e á nova previsión de chuvias para a fin de semana recoméndase renovar a protección.



Couza da maceira:

Capturas de machos de Carpocapsa pomonella nunha semanaVolveuse superar o límite de tolerancia por número de capturas nas trampas en todas as comarcas nas cales as temos instaladas. Aínda que recordamos que a densidade das poboacións desta praga é frecuente que varíe entre zonas diferentes, a coincidencia rexistrada en todas as nosas áreas de seguimento induce a pensar que se trata dunha situación xeneralizada polo que se recomenda renovar os tratamentos.