Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

13/05/2011

VIÑA Estado fenolóxico: I (floración)
Mildiu:

Estado fenológico I - FloraciónNon atopamos novos síntomas da enfermidade en ningunha das nosas parcelas de seguimento (nin en plantas que mantemos sen tratar en toda a campaña) e tampouco temos constancia da súa aparición noutras leiras. A previsión meteorolóxica anuncia que o tempo permanecerá estable durante toda a semana e probablemente parte da seguinte, o que reducirá as posibilidades de infección e facilitará que a floración e o inicio do callado se desenvolvan sen necesidade de tratamentos.


Couzas do acio:

Como anunciamos no aviso de hai unha semana atopamos os primeiros glomérulos nos viñedos aínda que a súa incidencia é baixa. Non é necesario tratar.



Altica quercetorum:

Na nosa parcela de seguimento do Condado observouse esta semana un incremento nos danos ás follas causados por este insecto, cuxas larvas se encontran neste momento no seu último estadio (en calquera caso, de momento non imos aplicar ningún tratamento). Non temos información de se hai síntomas noutras leiras pero recomendamos que, para máis información, consulten a nosaficha técnica nº 53: "Altica quercetorum".



MACEIRA
Pulgóns:

Síntomas do ataque do pulgónColonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaÓ igual que noutros moitos cultivos a presenza de pulgóns está sendo moi destacada este ano. En maceira pódese encontrar neste momento pulgón verde (de menor importancia), pulgón cinsento (que pode incluso deformar os froitos) e pulgón lanígero (que afecta a brotes e madeira e pode entrañar maiores riscos). Nalgunhas plantacións este pulgón está parasitado, aínda que a estas alturas o nivel de parasitismo é baixo pero debe terse en conta á hora de aplicar calquera tratamento insecticida para o control das demais especies, que en todo caso debe ser con insecticidas rexistrados no cultivo.



CERDEIRA
Pulgón negro:

Ó igual que referimos na maceira a incidencia de pulgóns en cerdeira é moi elevada este ano. Aquelas plantas nas que se estea a recoller a froita non se deben tratar; noutras nas que a colleita estea próxima hai que respectar obrigatoriamente o prazo de seguridade dos insecticidas, e elixir aqueles sen prazo de seguridade (como o aceite de parafina) ou con prazo curto (como azadiractin -3 días de prazo de seguridade-, ou pirimicarb ou tiametoxan -ambos con 7 días-).



PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector de Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro):

Trampa de interceptación de vuelo para la captura de Monochamus galloprovincialisAdulto de Monochamus galloprovincialis sobre ramilloDesde o inicio das capturas (aviso fitosanitario do pasado martes 10 de maio) levamos 17 adultos recollidos nas trampas, todos eles na zona sur da provincia de Pontevedra. Para máis información sobre o nematodo e o seu vector poden consultar a nosa ficha técnica número 56: "Bursaphelenchus xylophilus. Nematodo del pino".