Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

19/05/2011

VIÑA Estado fenolóxico: J (Caída de capuchóns florais-callado)
Mildiu:

Estado fenolóxico J- CalladoNas nosas parcelas de seguimento tampouco esta semana observamos novos síntomas da enfermidade. A pesar diso, as dúas últimas noites houbo humidade foliar nalgunhas zonas e localmente rexistráronse precipitacións. A previsión meteorolóxica anuncia para os próximos días clima estable, salvo posibilidade de chuvascos tormentosos nalgunhas zonas do interior. Con estes datos o risco de aparición de manchas de aceite non é moi elevado pero, dado que o acio se encontra nun momento de elevada sensibilidade á enfermidade, é conveniente renovar os tratamentos naqueles viñedos nos que xa finalizara o período de protección.


Oidio:

Non se atoparon aínda os primeiros síntomas. O normal na nosa zona é que estes aparezan na segunda quincena de xuño; aínda que isto pode variar entre diferentes campañas de momento non é necesario tratar



Couzas do acio:

En general, las capturas en trampas de la primera generación continúan decayendo, y la presencia de glomérulos no es más que testimonial. No es necesario tratar.



Cicadélidos:

Tamén as capturas destes insectos nas trampas amarelas son moi reducidas. Non é necesario tratar.



Ácaros:

De momento non vimos síntomas en ningunha das nosas parcelas de seguimento e tampouco recibimos na Estación mostras con presenza destes artrópodos. Non é necesario tratar.



MACEIRA
Couza da maceira:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenNalgunhas das nosas parcelas de seguimento volveuse superar o límite de tolerancia por número de capturas nas trampas. En calquera caso, e como sempre dicimos, é conveniente manter a protección para evitar penetracións larvarias nos froitos.



Pulgóns:

Síntomas do ataque do pulgón Continúa sendo moi elevada a presenza de pulgóns naquelas plantas nas que non se realizou ningún tratamento. Débeselles prestar especial atención ó pulgón cinsento, cuxos ataques poden deformar os froitos, de feito xa nos informaron diso, e ó pulgón lanígero, que amosa poboacións con certo nivel de parasitismo nalgunhas zonas. Hai que ter en conta que cando as follas están enroladas só serán eficaces os insecticidas sistémicos; moitos deles teñen efectos negativos sobre as abellas, co que, para minimizalos, se debe intervir nos momentos de menor actividade dos polinizadores.



PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector de Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro):

Trampa de interceptación de vuelo para la captura de Monochamus galloprovincialisAdulto de Monochamus galloprovincialis sobre ramilloDesde o inicio das capturas levamos 41 adultos recollidos nas trampas da zona sur da provincia de Pontevedra. Para máis información sobre o nematodo e o seu vector poden consultar a nosa ficha técnica número 56: "Bursaphelenchus xylophilus. Nematodo del pino".