Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

26/05/2011

VIÑA Estado fenolóxico: J (froito callado -con grans tamaño "perdigón"-)
Mildiu:

Estado fenolóxico J- CalladoContinúan sen aparecer novos síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento, incluíndo as plantas que mantemos sen tratar a modo de control. Nas horas centrais do día estanse a rexistrar unhas temperaturas anormalmente elevadas e hai ventos do norte, o cal non favorece as infeccións, pero tamén é certo que en moitas zonas hai humidade foliar nocturna durante varias horas e calor, co cal non se pode falar de risco cero. Polo tanto mantemos a recomendación da semana anterior no sentido de que é conveniente renovar os tratamentos naqueles viñedos nos que xa finalizara o período de protección da aplicación anterior.


Oidio:

Continúan sen aparecer síntomas. Non é necesario tratar.



Couzas do acio:

En todas as nosas parcelas de seguimento o número de capturas nas trampas é moi reducido ou nulo. O número de glomérulos tamén está por debaixo do límite de tolerancia. Non é necesario tratar.



Cicadélidos:

Capturas de Zygina rhamni en trampa amarelaEsta semana incrementáronse as capturas de Zygina rhamni nas trampas amarelas da práctica totalidade das nosas parcelas de seguimento, aínda que de momento se encontran moi lonxe do límite de tolerancia. Non é necesario tratar.



Ácaros:

Calepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseNunha parcela de Vilariño (Cambados) observamos os primeiros síntomas do ataque de ácaros, concretamente de acariose. Non obstante, nas nosas parcelas de seguimento non hai indicios da súa presenza, nin tampouco recibimos mostras con ataque na Estación. Con todo, o feito de detectar xa as primeiras poboacións (unido ás temperaturas elevadas destes días) obriga a incrementar a vixilancia.



Outros:

Excesivo desenvolvemento da vexetación en viña na espaleira Excesivo desenvolvemento da vexetación en viña na parra En moitas parcelas de vide o desenvolvemento da vexetación é demasiado elevado e, ademais de dificultar as tarefas que se han de realizar nas leiras, dificultan a aireación dos acios. Por este motivo recoméndase facer unha poda en verde que, ó estar aínda o acio iniciando o seu desenvolvemento, se debe efectuar equilibradamente e sen excesos.



MACEIRA
Couza da maceira:

É recomendable manter a protección fitosanitaria sempre que non se efectúe un seguimento específico do voo da praga e dos seus danos.



Ácaros:

Panonychus ulmi - Formas móbiles en follaAtopamos esta semana as primeiras poboacións de tetraníquidos na nosa leira de Areeiro. Hai lembrar que esta situación non ten por que coincidir con outras parcelas polo que antes de efectuar un tratamento se debe confirmar o ataque.



VARIOS CULTIVOS
Pulgóns:

Continúa habendo fortes ataques de áfidos nalgúns cultivos. Ademais do dano estético que supoñen nas plantas ornamentais poden provocar debilitamento e danos ás producións nos agrícolas, co que se aconsella tratar, sobre todo un ano coma este no que as colonias son tan elevadas e frecuentes.



PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector de Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro):

Trampa de interceptación de vuelo para la captura de Monochamus galloprovincialisAdulto de Monochamus galloprovincialis sobre ramilloDesde o inicio das capturas levamos 390 adultos recollidos nas trampas da zona sur da provincia de Pontevedra. Para máis información sobre o nematodo e o seu vector poden consultar a nosa ficha técnica número 56: "Bursaphelenchus xylophilus. Nematodo del pino".