Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

30/05/2011

VIÑA
Mildiu:

Tras as precipitacións que se rexistraron onte, domingo 29, de diferente contía segundo as zonas, espérase que nos próximos días aparezan novos síntomas da enfermidade pois as condicións ambientais son moi favorables. Polo tanto é necesario renovar os tratamentos o antes posible, a menos que se aplicase nos últimos días un funxicida sistémico ou penetrante.


Oidio:

Sintomas de oidio en acio de albariñoRecibimos as primeiras mostras de acios afectados por oídio, procedentes da zona de Combarro. Isto supón un certo adianto fronte á data na que apareceu a enfermidade o ano anterior pero tamén é certo que a fenoloxía está máis avanzada. Consecuentemente, aproveitando a intervención antimildiu que se vai realizar, e dado que nestes momentos as condicións climáticas son favorables ó patóxeno, deberase engadir un funxicida fronte ó oídio.