Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

09/06/2011

VIÑA Estado fenolóxico: K (grans tamaño chícharo)
Mildiu:

Estado fenóloxico K - Grans tamaño guisanteÓ longo da semana producíronse precipitacións locais nalgunhas zonas e tanto nelas coma noutras áreas houbo varias horas de humidade foliar e picos de humidade relativa moi elevada, superior ó 93%. Ademais, as temperaturas mantivéronse suaves en xeral, co que se rexistraron en varios días condicións para as infeccións secundarias. A pesar diso, en xeral, non apareceron síntomas, segundo observamos nas nosas parcelas de seguimento (incluso nas plantas testemuño sen tratamentos) e segundo nos informaron varios técnicos e viticultores. Non obstante, recoméndase non descoidar a protección debido á aínda existencia de condicións favorables.
No actual estado fenolóxico, con acios que incluso nas zonas máis cálidas están cerrando, pódense aplicar xa funxicidas cúpricos.
Oidio:

Oídio en acio en estadio grans tamaño chícharoContinúa habendo síntomas en acio nalgunhas parcelas, segundo observamos a partir de mostras recibidas na Estación. Esta situación derívase da presenza de condicións favorables unida ó momento da campaña, co que se a situación é coincidente é recomendable renovar os tratamentos, aínda cando non concluíse o período de protección do tratamento anterior.




Couzas do acio:

Eupoecilia (Clysia) ambigüella en base engomadaEstase a iniciar o voo da segunda xeración de couzas (tanto de Lobesia botrana coma de Eupoecilia ambigüella ver curvas de voo) segundo observamos na práctica totalidade das nosas parcelas de seguimento. Con todo, de momento non é necesario tratar.




Cicadélidos:

Esta semana observamos un incremento no número de capturas de Empoasca vitis nas trampas amarelas e tamén nos cálculos de ninfas desta especie en folla. Non obstante, as cifras distan moito dos límites de tolerancia polo que non é necesario tratar.


Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriCalepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseNovamente temos que falar dunha parcela máis na comarca do Salnés con síntomas de acariose (a presenza do ácaro foi confirmada en laboratorio). Tamén o vimos nunha parcela do contorno de Pontevedra. En calquera caso, volvemos insistir en que non é conveniente aplicar acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros praga para protexer as poboacións dos seus inimigos naturais.



MACEIRA
Moteado:

Manchas incipientes de moteadoA existencia nesta semana de condicións de elevada humidade relativa e incluso de chuvias nalgunhas zonas incrementa o risco de aparición de novos síntomas da enfermidade. En caso de non realizar seguimentos para a detección da sintomatoloxía aconséllase aplicar un novo tratamento para previr posibles danos ó froito.




Ácaros:

Bronceado das follas debido a Panonychus ulmiNalgunhas leiras xa se están observando os síntomas característicos do ataque destes animais (bronceado da vexetación). Se a situación é coincidente aconséllase aplicar un tratamento.





VARIOS CULTIVOS
Pulgóns:

Larva, pupa e adulto de coccinélidoLarva de coccinélido en folla de patacaCoccinela 7-punctata en folla de nogueiraContinuamos recibindo mostras de diferentes cultivos (incluso de especies forestais) con colonias de pulgón. Non obstante, tamén seguen aparecendo moitos inimigos naturais nas colonias, co que os posibles fitosanitarios que se apliquen deben ser elixidos entre os máis respectuosos para estes organismos útiles.


VARIAS FRONDOSAS
Defoliadores crisomélidos:

Larvas alimentándose en follaLarvas e danos de crisomélido en folla de salgueiroAdulto e dano de Agelastica alni en folla de ameneiroForte dano e larvas de Agelastica alniDiferentes especies de frondosas (ornamentais e forestais coma chopos, salgueiros ou ameneiros) están sufrindo nesta primavera defoliacións máis ou menos acusadas por diferentes especies destes coleópteros. En caso de forte ataque é recomendable aplicar un tratamento para evitar a perda de masa foliar, pero debido a que moitas destas especies están en zonas de ribeira ou en parques ou xardíns é conveniente aplicar insecticidas o máis naturais posible coma aceite de parafina (fronte a larvas e adultos) ou azadiractin (fronte a larvas unicamente).