|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
16/06/2011
VIÑA Estado fenolóxico:
K-L (grans tamaño chícharo-peche do acio) |
Mildiu:
|
A pesar
do incremento da humidade xerado polas precipitacións que se produciron
non observamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento. Pola
súa parte, nas plantas testemuño, que se manteñen sen
intervencións, obsérvanse lixeirísimas zonas de avance
nalgunhas das manchas antigas. A previsión meteorolóxica anuncia
que o tempo se estabilizará a partir da fin de semana, pese ó cal
é conveniente renovar os tratamentos en canto cesen as chuvias debido
a que se cumpriron as condicións para as infeccións
secundarias. Lembren que coas chuvias se deben
acurtar os prazos entre tratamentos un ou dous días porque se reduce o
período de protección teórico dos produtos.
|
Oidio: |
Obsérvanse síntomas da enfermidade, en folla e
acio, nalgunhas leiras pois o carácter débil das
precipitacións rexistradas non foi suficiente para lavar o micelio do
fungo e o resto de condicións climáticas foron favorables. Por
este motivo, e debido a que é conveniente protexer o acio antes do
peche, aconséllase renovar os tratamentos.
|
Couzas do
acio: |
Nas nosas parcelas de seguimento das comarcas do Rosal e O
Condado rexistrouse un pico no voo da segunda xeración de couzas. Nas
áreas do Salnés e Soutomaior aínda esta semana se
incrementaron as capturas, de maneira significativa para Lobesia botrana
na Modia (108 machos capturados nas trampas) e para Eupoecilia
ambigüella en Tremoedo. Non obstante, o índice de praga
"capturas nas trampas" debe complementarse co "nivel de postas e/ou
penetracións larvais nos acios" á hora de decidir os tratamentos
(momento e tipo de insecticida). Debido a que non se observan apenas postas, e
moito menos penetracións, non é necesario tratar Naquelas leiras nas que non se realicen seguimentos
específicos das poboacións e haxa historial de danos de couza
é bo momento para tratar (antes de que conclúa o peche do acio)
|
Mosquito
verde e outros cicadélidos: |
Apenas se
teñen capturas destes insectos nas trampas engomadas; unicamente cabe
destacar un lixeiro incremento na parcela do Condado, tanto en número de
adultos coma de ninfas nas follas. Non é necesario
tratar.
|
Ácaros: |
Só
de forma puntual e esporádica se observan leiras con síntomas de
acariose. Polo tanto non é necesario tratar (a menos que se teña
a certeza de que hai poboacións en cada parcela concreta).
|
MACEIRA |
Moteado: |
Coa climatoloxía destes días incrementouse o
risco de infección. É necesario tratar para evitar danos
ó froito.
|
Couza da
maceira: |
Esta semana superouse o límite de
tolerancia por capturas de adultos en trampas, nunha das nosas parcelas de
seguimento, polo que se vai aplicar un tratamento. Aínda así, e
como a miúdo indicamos, é recomendable manter a
protección fitosanitaria sempre que non se efectúe un
seguimento específico do voo da praga e dos seus
danos.
|
CERDEIRA |
Cylindrosporium padi: |
Vimos árbores cos síntomas
característicos do ataque deste fungo. Debido a que se trata dun
patóxeno que pode levar á defoliación prematura das
plantas aconséllase aplicar un tratamento funxicida (non
cúprico).
|
MILLO |
Trades
(Sesamia nonagrioides y Ostrinia nubilalis): |
Estes días estamos recibindo na Estación
abundantes mostras de plantas con danos por trade. Trátase de especies
moi difíciles de controlar unha vez que penetran na cana. Polo tanto, o
máis conveniente é seguir o voo das bolboretas con trampas de
feromonas para poder tratar antes da penetración das larvas na cana.
Ademais, como medida cultural importante, débense retirar das leiras e
destruír os restos do millo despois da colleita.
|
PLATANO de SOMBRA |
Cotythuca ciliata: |
Empézanse a observar os síntomas do ataque
destes insectos, que poden provocar un secado prematuro das follas. Para o seu
control poden utilizarse os insecticidas alfa-cipermetrin ou
deltametrin.
|
|
|