Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

01/09/2011



VIÑA
Scaphoideus titanus (cicadélido vector da flavescenza dourada):

No aviso anterior (26 de agosto) anunciabamos a captura dos primeiros exemplares de Scaphoideus titanus nesta campaña 2011, e referiamos que os estabamos a analizar para detectar neles a posible presenza do fitoplasma responsable da enfermidade da flavescenza. Pois ben, o resultado destas análises foi negativo, é dicir, non eran portadores do fitoplasma.

PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis:

Ao longo do verán estivemos a capturar adultos desta especie en trampas instaladas en piñeirais das provincias de Pontevedra e Ourense. A semana pasada recibimos os primeiros exemplares recollidos en Lugo (na Coruña non temos constancia da súa captura). Para máis información sobre este insecto, consulte nosa nova ficha técnica nº 60 "Monochamus galloprovincialis (Olivier) 1795".