Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

30/03/2012



VIÑA Estado fenolóxico: D - E

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian para os próximos días certa inestabilidade climática, con posibilidade de chuvias lixeiras ou só nebulosidade segundo a fonte consultada. De todos os xeitos, aínda que realmente se confirmen as previsións, o desenvolvemento da vexetación non é suficiente para ser receptivo ó mildeu, que é a partir de 10 centímetros de lonxitude do gromo. POR ISO INSISTIMOS UNHA VEZ MÁIS EN QUE AÍNDA É PRONTO PARA INICIAR OS TRATAMENTOS FRONTE A ESTA ENFERMIDADE.

Pedroulo:

Cneorrhinus dispar (Pedroulo) - Adulto de pedroulo No agromado poden verse os síntomas da alimentación deste insecto, que se alimenta de xemas, gromos novos e follas en fase de apertura. Normalmente os danos non son moi importantes, pero pode haber casos excepcionais con poboacións especialmente elevadas (de feito, informáronnos diso). Na actualidade, no Rexistro do Ministerio non se recolle ningún insecticida rexistrado para o seu control, polo que nestas situacións se recomenda solicitar consello aos técnicos ademais de eliminar mecanicamente os adultos que se atopen.

Excoriose:

Aínda que a seca que estamos a sufrir é desfavorable ao desenvolvemento desta enfermidade, aínda poden producirse precipitacións en primavera e consecuentemente darse condicións de infección. Por iso, é recomendable a aplicación do tratamento recomendado no estado D, ou nos estados D e E, segundo referimos no aviso do día 20 de marzo.


MACEIRA
Moteado:

Manchas incipientes de moteadoA ausencia de chuvias que estamos a sufrir non favorece a aparición das primeiras infeccións. Non obstante, se cambia a climatoloxía como anuncian as previsións, haberá que iniciar a vixilancia, especialmente en variedades moi sensibles. Ademais, naquelas plantacións que sofren ataques todas as campañas, cómpre realizar a aplicación dun tratamento preventivo antes da apertura da flor.

KIWI
Bacteriose:

Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns florais Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiRecordamos a conveniencia de aplicar un tratamento cun funxicida a base de cobre cando se xeneralice o agromado para reducir a incidencia destas graves enfermidades do kiwi.

O Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recolle para este uso o oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%, óxido cuproso 80% e sulfato tribásico de cobre 19%.

CAMELIA
Pedroulo e outros curculiónidos:

Festonado das follas de camelia producido por curculiÓnidoCneorrhinus dispar refugiado en florComo no caso da viña, tamén en camelia estamos a observar os primeiros síntomas do ataque destes insectos. Cando se observen adultos nas plantas, débense eliminar mecanicamente. No tocante ao control con produtos fitosanitarios, consulten os técnicos, xa que no Rexistro do Ministerio tampouco se recolle ningún insecticida rexistrado para o seu control.

Ácaro do botón floral:

Caída masiva de botóns florais de camelia afectados polo ácaro Cosetacus camelliaeDetalle do botón floral de camelia afectado polo ácaro Cosetacus camelliaeA elongación dos gromos que se producen logo da floración en primavera é o momento idóneo para a aplicación dun tratamento acaricida fronte a Cosetacus camelliae que, como se sabe, é o responsable da caída dos botóns florais antes de que abran.