Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

24/05/2012

VIÑA Estado fenolóxico: H (botóns florais separados) - I (floración -inicio, nas zonas máis adiantadas-)
Mildeu:

Esta semana a situación xeral que atopamos nas nosas parcelas é diferente, e do mesmo nos informaron outros técnicos e viticultores: mentres nalgúns sitios non se observa ningunha mancha, noutras parcelas (todas elas sen tratamento dende a detección da enfermidade) si atopamos algunha mancha incipiente, a maioría con esporulación. A mesma variabilidade se observou nas plantas control sen tratamentos, pois algunhas non presentaban síntomas e noutras había manchas con abundante esporulación e tamén os primeiros danos no acio. A climatoloxía dos últimos días (precipitacións alternando con períodos de sol e temperaturas suaves en xeral) foi bastante favorable ao desenvolvemento do mildeu e houbo condicións de esporulación; tamén as previsións anuncian certa inestabilidade cara o fin de semana, co que se aconsella renovar a protección se é necesario por presenza de síntomas.

* Nas comarcas do Condado (e tamén no Rosal) algunhas plantas de albariño xa están a iniciar a floración; por iso recoméndase neste momento a aplicación dun funxicida sistémico, pois o seu período de protección é maior.

* No caso de que non se detecten síntomas e/ou no que as plantas aínda estean protexidas por unha intervención anterior, pódese atrasar uns días o tratamento agardando a que case chegue a floración para que a viña estea protexida por mais tempo neste estado.


Curvatura do acio antes da súa apertura e esporulación de mildeuEscurecemento do acio e curvatura por ataque incipiente de mildeuEsporulación de mildeu en planta sen tratamentos
Oídio:

Ataque de oídio en pampo de variedade tintaUncinula necator - Comezo dos síntomasAtopamos os primeiros síntomas en plantas dunha variedade tinta sensible á enfermidade. En albariño aínda non os vimos, pero aínda así, se non se efectúan revisións para a detección dos primeiros síntomas, o principio da floración é un bo momento para iniciar a protección antioídio e deste xeito evitar danos futuros¸ especialmente naqueles predios onde todos os anos se manifesta a enfermidade.

Botrite:

Xa non se observa a frutificación do fungo nas follas daquelas parcelas nas que se detectara, nin tampouco síntomas en acio.

Black rot:

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosNa nosa parcela de seguimento do Condado incrementouse a presenza de follas afectadas pola enfermidade, e da mesma circunstancia nos informaron algúns técnicos da zona. Polo momento non se atoparon síntomas no acio, cuxa máxima sensibilidade, recordamos, ten lugar entre plena floración e de 6 a 7 semanas despois (e máis especialmente nas dúas semanas posteriores á plena floración). En consecuencia, onde se dea esta circunstancia, débense realizar as intervencións antimildeu con funxicidas que tamén teñan efecto fronte a esta enfermidade. Para máis información, consulte a nosa ficha técnica Nº52: Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot (podremia da vide)

Couzas:

Glomérulo en formación en acio sen abrirEn xeral, esta semana as capturas de Lobesia botrana foron baixas nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento. Non obstante, vimos os dous primeiros acios con glomérulos (iniciándose) na nosa parcela do Condado, o primeiro nunha planta que xa presentaba floración e o segundo nunha onde aínda non se producira. En calquera caso, en xeral NON é necesario tratar esta primeira xeración de couzas.

Altica quercetorum:

Folla de Albariño con ataque de AlticaOvos eclosionados e larva de AlticaVimos máis adultos, e tamén postas e larvas dos primeiros estadíos, na nosa parcela de seguimento do Condado. Tamén un técnico da zona nos informou da mesma situación. En calquera caso, polo momento non é necesario tratar. Para máis información sobre esta praga, consulte a nosa Nº53 Altica quercetorum Foudras.

Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriCalepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseNon vimos máis síntomas nas plantas na finca abandonada do Salnés onde a semana pasada detectaramos a presenza de acariose. Polo tanto, de momento aconséllase continuar a vixilancia.





Como referimos todos os anos, é moi importante non aplicar acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois estes animais teñen uns inimigos naturais, os ácaros útiles fitoseidos, que contribúen a regular de forma natural as poboacións fitófagas e que son moi sensibles aos acaricidas (e tamén a algúns insecticidas e mesmo funxicidas).


MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoEn diversas comarcas, e sobre diferentes variedades, atópanse síntomas da enfermidade, situación favorecida sen dúbida pola elevada humidade relativa que se rexistra nas horas nocturnas e primeiras horas da mañá. Polo tanto, aconséllase non descoidar a protección das plantas.

Oídio:

Nas nosas parcelas de seguimento non apareceron novos síntomas logo dos tratamentos realizados. Manter a vixilancia.

Cydia pomonella:

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaContinúan a ser bastante elevadas as capturas en diversas trampas de feromonas. Nestes casos é importante renovar unha vez máis a protección para evitar danos ao froito.

KIWI
Bacteriose:

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiAínda que xa se observa algunha flor aberta AÍNDA PODE REALIZARSE o tratamento recomendado nos últimos dous avisos cos funxicidas rexistrados para este fin.




O Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recolle: oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%, óxido cuproso 80% e sulfato tribásico de cobre 19%.
MELOCOTOEIRO
Lepra:

Taphrina deformans - Lepra do melocotoeiroEstamos a recibir numerosas consultas, e tamén algunhas mostras, sobre esta enfermidade do melocotoeiro. O tratamento máis eficaz é aquel que se aplica antes da apertura da flor (no estado de botón rosa). Dende este momento, pode limitarse o avance do fungo aplicando ziram 76% (o único funxicida rexistrado para este uso en España).


"Ziram" é unha materia activa de contacto, polo que hai que renovar as aplicacións sempre que se produza unha chuvia de lavado (superior a 10 mm)
CAMELIA
Pulgóns:

Colonia de pulgóns en cameliaEn varios xardíns obsérvanse gromos tenros con colonias do pulgón Toxoptera aurantii. Nestes casos aconséllase aplicar un tratamento para evitar o dano estético que xeran e a súa dispersión a outras plantas.