Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

31/05/2012

VIÑA Estado fenolóxico: H (botóns florais separados) - I (floración -inicio-)
Mildeu:

Volve a rexistrarse nesta semana a situación observada na revisión anterior: dende a ausencia total de síntomas mesmo nas plantas sen tratamento (situación máis xeral no Condado, no Rosal e nalgunhas parcelas do Salnés) ata a presenza de manchas esporuladas en varias follas nas plantas control (sen tratamento) no Salnés. Tamén nos informaron de que se observan manchas en parcelas tratadas da mesma comarca, pero en todos os casos con baixa incidencia.
As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian novamente certa inestabilidade de cara á fin de semana aínda que, segundo as previsións, a posibilidade de chuvias non será moi elevada (e mesmo poden non producirse) e deseguida se recuperará unha situación estable. Aínda así, as néboas que se rexistran localmente humedecen a vexetación durante horas, e tamén a presenza de orballo é xeral, o que incrementa o risco. Por este motivo, debe renovarse o tratamento naquelas parcelas nas que se observan síntomas. Nas demais, debe manterse o máximo nivel de vixilancia, mais tendo en conta que algunhas plantas xa están en floración, posto que un fallo na protección durante este momento pode comprometer o futuro da colleita.



Acio afectado de mildeu -obsérvese o micelio do fungo-Varias manchas de aceite na folla da planta sen tratamentos.
Oídio:

Sintoma de oidio en pampoNesta semana non vimos novos síntomas mais que nas plantas onde xa se detectara a enfermidade. Aínda así, as néboas que se rexistran localmente supoñen condicións altamente favorables para o patóxeno. Por iso, naquelas parcelas onde todos os anos se manifesta con certa agresividade cómpre manter protexida a viña ao inicio da floración, cuestión clave para limitar danos futuros.

Botrite:

Frutificacion de botrite sobre capuchóns no estremo do acioNa nosa parcela de seguimento do Condado vimos dous acios, xa en plena floración ou superándoa, cunha lixeira esporulación de Botrytis cinerea no extremo, sobre os restos dos capuchóns florais. Xustifícase este feito pola presenza de certo nivel de inóculo nas follas logo das sarabias que no seu momento (fin de abril-inicio de maio) se rexistraron na zona. Só se observou neses dous acios, polo que unicamente se manterá a vixilancia á espera da súa evolución e das condicións climáticas que se rexistren.

Black rot:

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosHemos observado algunos cambios en cuanto a presencia de esta enfermedad en nuestra parcela de seguimiento de O Condado: algunas hojas presentan ahora varias manchas, aunque todas de reducido tamaño. Aun así, sabemos que la máxima sensibilidad del racimo tendrá lugar en las dos semanas posteriores a la plena floración, por lo que si en este período hay humedad en la vegetación durante más de 8-10 horas, lo que no está previsto a priori, podrá incrementarse el riesgo.



Para os tratamentos antimildeu ou antioídio que sexan necesarios nas próximas semanas, preferiranse produtos que tamén estean rexistrados no Ministerio para black rot


Couzas:

Tres glomérulos no mesmo acioObservamos un lixeiro incremento na presenza de glomérulos (ata 2-3 por acio nalgún caso, aínda que sen chegar ao 1% de acios afectados), pero en ningún caso xustifica a aplicación dun tratamento.





Lembren que normalmente non é necesario tratar a primeira xeración de couzas porque os seus danos son menores (serían como moito unha especie de rareo) e ademais non hai relación directa entre a contía desta xeración e as seguintes, que son as que verdadeiramente poden producir danos.


Altica quercetorum:

Folla de Albariño con ataque de AlticaOvos eclosionados e larva de AlticaObservamos un lixeiro incremento da actividade larvaria na nosa parcela de seguimento do Condado, pero a súa incidencia é baixa, insuficiente para xustificar un tratamento insecticida.

Cicadélidos:

Os coccinélidos -xoaniñas- son insectos beneficiososCicadélidos recollidos en trampa cromáticaAta o de agora, as cifras de capturas destes insectos son reducidas nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento.






Nas últimas campañas algúns viticultores incorporaron a loita fronte aos cicadélidos á súa práctica habitual. Porén, é fundamental intervir fronte a estes e outros insectos só se é realmente necesario, pois na viña existe unha ampla diversidade de fauna útil que pode verse comprometida con moitos dos insecticidas habitualmente empregados. Por iso, o seguimento de poboacións mediante trampas, que é moi sinxelo, é unha boa medida para optimizar o control


Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriCalepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseContinuamos sen observar síntomas de ácaros (só puntualmente na parcela abandonada citada en avisos anteriores) pero coa suba de temperaturas que estamos a sufrir haberá que incrementar a vixilancia, pois son condicións máis favorables ao seu desenvolvemento.




E volvemos insistir en que é moi importante non aplicar acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois estes animais teñen uns inimigos naturais, os ácaros útiles fitoseidos, que contribúen a regular de forma natural as poboacións fitófagas e que son moi sensibles aos acaricidas (e tamén a algúns insecticidas e mesmo funxicidas).


MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoAs manchas procedentes da infección primaria poden dar lugar a sucesivos ciclos de infeccións secundarias ata o momento mesmo da colleita. Por iso, e debido a que os danos deste fungo afectan non só á folla senón tamén ao froito, é importante manter a protección fitosanitaria naquelas plantacións especialmente sensibles en que non se efectúen seguimentos específicos da enfermidade.

Oídio:

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioSe persisten as néboas que se están a rexistrar nalgunhas zonas, deberase pór moita atención á aparición de novos gromos afectados polo fungo.

Cydia pomonella:

Continúan a ser bastante elevadas as capturas nas diversas trampas de feromonas. Nestes casos é importante renovar unha vez máis a protección para evitar danos ao froito.

Esta especie de couza afecta non só a maceira senón tamén a pereira, marmeleiro ou mesmo nogueira. Os seus danos poden ser moi importantes, de ata máis do 80% de froitos atacados nalgunhas campañas e localizacións. Aliméntase como sabemos da polpa (tamén das pebidas) dos froitos, e poden chegar a causar a súa caída prematura e a facilitar a instalación de fungos patóxenos no ámbito. Por este motivo é tan importante a protección sistemática se hai antecedentes da praga e se non se efectúa un seguimento mediante as trampas de feromonas sexuais


Pulgóns:

Colonia de pulgón cincento nun gromo de maceira GoldenColonia de pulgón verde con formigas acudindo á melaza que segreganCoa melloría do tempo nos últimos días, e o ascenso de temperaturas asociado, poden aparecer novas colonias de pulgón. De feito, observamos (e tamén estamos a recibir mostras) as primeiras de pulgón verde (cuxos danos non adoitan ser graves a menos que se trate de planta pequena) e novas de pulgón cincento. No caso desta última especie é moi importante o seguimento das colonias, posto que se trata dun pulgón que pode deformar gravemente os froitos.

VARIOS CULTIVOS
Pulgóns e outros insectos chupadores (moscas blancas, etc.):

Co ascenso térmico que se está a rexistrar haberá que poñer atención ás proliferacións destes insectos, e tratar en caso necesario para evitar danos futuros.

Colonia incipiente de Toxoptera aurantiiBrote de clementino con pulgónGromo de laranxo afectado por Mosca branca algodonosa dos citricos (Aleurothrixus floccosus)