Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

07/06/2012

VIÑA Estado fenolóxico: I (floración)
Mildeu:

Fronte ao anunciado días atrás polas diferentes previsións meteorolóxicas, finalmente a floración se está a desenvolver baixo condicións de inestabilidade climática que favorecen ao mildeu, pois se están a dar repetidamente condicións de infección e de esporulación. Esta situación ten o seu reflexo no campo, e así comprobámolo na visita ás parcelas de seguimento da nosa rede e a outras nas diferentes comarcas vitivinícolas: en practicamente todos as fincas se ve algunha mancha de aceite con esporulación. Nas plantas sen tratamento atópanse numerosas manchas recentes, todas elas ben esporuladas; nas tratadas, só aparecen manchas esporádicas, aínda que nos informaron de que nalgunhas fincas son máis abundantes. A curto e medio prazo, en principio agárdase unha probabilidade relativamente alta de precipitacións debida aos ventos do oeste, alternando con algúns períodos sen chuvia. Esta situación favorece ao patóxeno, polo que cómpre manter a máxima vixilancia (nos últimos días en case todas as parcelas fixéronse os tratamentos pertinentes) e, se se observan novos síntomas ou se nas manchas antigas hai zona de avance, hai que renovar a aplicación mesmo aínda que estea a desenvolverse a floración.

Lembren que neste momento cómpre aplicar produtos sistémicos ou penetrantes, que non se lavan (así como algunhas das novas materias activas de "fixación ás ceras cuticulares") se transcorre unha hora sen precipitación logo da aplicación.


Áreas de avance de mildeu a partir dunha infección anteriorEsporulación en mancha antiga de mildeuManchas de mildeu de diferente antigüidade en planta sen tratamentos
Oídio:

Vimos os primeiros síntomas na variedade albariño sobre plantas que se manteñen sen tratamentos na campaña. De forma illada, tamén apareceron novos síntomas nas plantas da variedade tinta onde os detectaramos anteriormente. Aínda estando en floración, se se observan síntomas e estes están confirmados cómpre tratar. Nos demais casos, manter a vixilancia, e tratar cun antioídio se neste período se renova a protección fronte ao mildeu.

Micelio de oídio na cara da folla de variedade tintaCrispado de follas por ataque de oídio
Botrite:

Frutificacion de botrite sobre capuchóns no estremo do acio
A coincidencia da floración con chuvias favorecerá sen dúbida a aparición de síntomas do patóxeno unha vez que se vaian desprendendo os capuchóns florais e estes queden sobre os acios. O risco será maior naquelas zonas nas que xa hai presenza do fungo debido ás feridas producidas polas sarabias, e en variedades especialmente sensibles. Polo tanto, haberá que estar moi alerta, e de manterse as condicións de humidade, será moi aconsellable aplicar un tratamento ao final da floración para evitar danos.

Precisamente o momento "caída de capuchóns florais-callado" é un dos períodos nos que se recomenda tratar fronte a esta enfermidade se non se fai un seguimento específico por ser un estado sensible. En condicións de tempo seco e estable, non aconsellariamos esta aplicación pero, sempre segundo as previsións meteorolóxicas, o tempo húmido manterase nos próximos días.


Black rot:

Black rot - Black rot en folla
As mesmas condicións húmidas que favorecen ao mildeu ou á podremia gris resultan beneficiosas para este patóxeno, que está a aparecer en varias comarcas da provincia, cunha intensidade diferente pero quizais máis que nas campañas anteriores. Consecuentemente, e tendo en conta que en breve entraremos no momento máis sensible do acio, mantemos a recomendación do aviso anterior: calquera tratamento antimildeu ou antioídio que se realice nas vindeiras dous-tres semanas, deberá realizarse con funxicidas que tamén estean rexistrados no Ministerio para black rot.


As chuvias en combinación con temperaturas elevadas son altamente favorables. Segundo as previsións, aínda que se produzan precipitacións, a temperatura manterase suave, co que o nivel de risco é alto.


Couzas:

Eiruga de Lobesia botrana en glomérulo
Nesta semana a presenza de glomérulos mantívose en niveis similares aos observados na revisión anterior. Tamén as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas continúan a ser reducidas.


Altica quercetorum:

Nesta semana mantivéronse os síntomas detectados a semana anterior en niveis similares.

Cicadélidos:

Larva de Cicadélido
Seguen a ser moi baixas as capturas nas trampas: o normal é que se sitúen entre 1 e 8 adultos por trampa e semana, aínda que nunha das nosas parcelas de seguimento recollemos preto da vinte. Na mesma parcela vimos tamén a primeira larva nunha folla.

Ácaros:

Continuamos sen observar novos síntomas de ácaros. Tampouco recibimos mostras na Estación con presenza destes artrópodos ou dos seus síntomas. Non é necesario tratar.

Outros: enfermidades da madeira:

Nalgunhas parcelas empézase a observar a presenza de escaso desenvolvemento da vexetación, e mesmo secado de parte dela, nalgúns brazos. Esta sintomatoloxía apunta a que se trata dunha enfermidade da madeira; no caso de que o síntoma estea restrinxido, pode podarse logo da floración (e en tempo seco) o brazo afectado, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así, aconséllase que xa se proceda ao marcado das plantas pensando en telas ben identificadas de cara ao seu diferente no tempo de poda.

MACEIRA
Moteado:

Síntomas en folla do moteado da maceira
A elevada humidade que se rexistra debido ás precipitacións, e as temperaturas suaves que se están a dar, son condicións favorables ao fungo que obrigarán a renovar a protección tan pronto o tempo se estabilice. De feito, xa vimos novos síntomas nalgunhas zonas.

Oídio:

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidio
Continúan a aparecer novos síntomas do fungo en varios gromos, polo que se aconsella tratar cando mellore a climatoloxía.

Cydia pomonella:

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semana
Unha vez máis, volve superarse o limiar de tolerancia por número de capturas de machos nas trampas de feromona. Cómpre tratar.

BUXO
Cylindrocladium buxicola:

A elevada humidade que se está a rexistrar está a provocar a aparición de novos síntomas da enfermidade nalgunhas sebes. Recoméndase aplicar un tratamento (consultar aos técnicos sobre o tipo de produto a utilizar) unha vez cesen as chuvias.

Cylindrocladium buxicola é un fungo que ataca especialmente a Buxus sempervirens cv. Suffruticosa, e que neste inverno pasado afectou gravemente a moitas sebes desta especie en Galicia. Lembren que é un patóxeno foliar que pode levar á defoliación case total das plantas (antes, aparecen manchas de cor aceitosa nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos talos). O problema que presenta, ademais, é que na actualidade non se coñecen funxicidas realmente eficaces para o seu control (estanse a realizar ensaios), aínda que é fundamental eliminar as follas secas, favorecer a aireación das plantas e, no caso de realizar regas, utilizar goteo en lugar de aspersión.


Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicosCylindrocladium buxicola - Síntomas na pólaCylindrocladium buxicola - Buxo con follas secas. Síntoma anterior ao esfollado