Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

05/07/2012

VIÑA Estado fenolóxico: K (grans tamaño chícharo)
Mildiu:

Dende a emisión do aviso anterior estivéronse a rexistrar de forma practicamente continua condicións de infección secundaria e esporulado. En realidade, estas condicións déronse dende practicamente todo o mes de xuño, coincidindo cos períodos de máis elevada sensibilidade do acio á enfermidade. No campo, esta situación favorable traduciuse na existencia de ataques de intensidade diferente segundo a comarca e/ou as parcelas, pero practicamente presentes en todas elas independentemente da estratexia de intervención e do tipo de funxicida utilizado. Debido a esta situación, e tamén a que a curto prazo as previsións meteorolóxicas anuncian a continuidade do tempo inestable, É NECESARIO APLICAR UN TRATAMENTO O ANTES POSIBLE. A intervención pode efectuarse aproveitando períodos sen chuvia sempre que a vexetación estea seca e que transcorra como mínimo unha hora entre a aplicación e posibles chuvias, e é moi importante non demorala, posto que coas temperaturas que se están a rexistrar, logo de cada precipitación agárdase a aparición de novas manchas esporuladas nun prazo de 5-6 días.

- Ao terse acadado o estado de "grans tamaño chícharo", pódese intervir xa con produtos a base de cobre formulados cun penetrante.

- Lembren que é fundamental confirmar a eficacia dos tratamentos efectuados comprobando que non existen novos síntomas nin zonas de avance nos órganos afectados nos días seguintes á intervención.


Debido ás condicións de clima favorable ao desenvolvemento das plantas, nalgunhas viñas pódese eliminar xa o exceso de vexetación mediante podas en verde para favorecer a aireación dos acios. Co mesmo obxectivo, pode realizarse un esfollado lixeiro naquelas zonas nas que os acios estean especialmente inaccesibles ás intervencións fitosanitarias.


Mildeu no acio en estado grans tamaño chícharoManchas de mildeu de diferente antigüidade en planta sen tratamentosAtaque de mildeu en planta tratadaEsporulación iniciándose en manchas incipientes


Oídio:

Oídio en acio en estadio grans tamaño chícharoVimos novos síntomas do fungo na folla e tamén nalgún acio illado, tanto en plantas control como de variedades tintas. Sobre albariño unicamente se observaron na folla e nunha única parcela. Como se sabe, as chuvias de intensidade moderada (como as que puntualmente se produciron) non son as condicións máis favorables ao fungo pero si a humidade relativa elevada que se rexistra, co que se aconsella aproveitar a intervención antimildeu para aplicar un funxicida antioídio.



Lembren que en "grans tamaño chícharo" a uva é moi sensible a este fungo, e polo tanto é un momento idóneo para aplicar un tratamento se non se realizan seguimentos específicos da evolución da enfermidade.


Botrite:

As condicións climáticas destes días, que combinan humidade e temperaturas elevadas, son moi favorables á enfermidade. Non obstante, no desenvolvemento do fungo responsable inflúen moi directamente outros factores entre os que se encontra a presenza de feridas (por couzas por exemplo), ou a sensibilidade da variedade (normalmente relacionada co grosor da pel e a compactidade do acio). Nas nosas parcelas de seguimento non vimos síntoma ningún debido a que a uva se atopa libre de lesións e a que a práctica totalidade das plantas son de albariño, que non é moi sensible ao patóxeno. Nas parcelas de variedades máis sensibles, este ano tan húmido cómpre estar moi alerta á posible aparición de síntomas, e mesmo aplicar un tratamento se existe a posibilidade de que a uva teña lesións de calquera natureza.

Ao igual que indicamos no mildeu, é moi importante favorecer a aireación dos acios mediante podas en verde e/ou esfollados (lixeiros neste momento) para limitar as condicións favorables ao patóxeno.


Black rot:

Danos de black rot en acioNa nosa parcela de seguimento do Condado os síntomas non sufriron avance ningún dende hai semanas e non observamos ningún dano no acio. Non obstante, segundo nos informaron, empezaron a aparecer noutras fincas da zona. Debido a que despois das chuvias en practicamente todas as parcelas se aplicarán tratamentos antimildeu e antioidio, naquelas zonas onde a incidencia da enfermidade é máis elevada débense elixir funxicidas con efecto fronte a esta outra enfermidade.



Como recomendación adicional, aconséllase eliminar os acios que xa presenten síntomas para reducir o nivel de inóculo.


Couzas:

Machos de Eupoecilia ambigüella capturados en base engomada de trampa de feromonasEn xeral, as capturas de Lobesia botrana nas trampas incrementáronse lixeiramente en todas as nosas parcelas de seguimento, e en A Modia este incremento foi especialmente notorio. Por outra banda, recollemos os primeiros tres machos de Eupoecilia ambigüella na trampa de Tremoedo.

Cicadélidos:

Capturas de Zygina rhamni en trampa amarillaCicadélidos recollidos en trampa cromáticaVoltamos notar un aumento nas capturas de cicadélidos nas trampas, especialmente de Zygina rhamni (máis que de Empoasca vitis). Non obstante, non contamos ningunha ninfa nos controis ao azar que realizamos ás follas. Tampouco de Scaphoideus titanus observamos ninfas.

Ácaros:

Seguimos sen atopar síntomas de ácaros nin tampouco formas móbiles nas follas que recollemos semanalmente nas nosas parcelas de seguimento (e tampouco nas mostras recibidas).

Outros (enfermidades da madeira):

Planta con síntomas da enfermidade de madeiraAs condicións de elevada temperatura que se rexistraron a principios da semana anterior favoreceron a aparición a nivel das follas de síntomas típicos de enfermidades da madeira. Como sempre indicamos, é moi importante marcar estas plantas agora que son doadas de localizar para que poidan ser podadas de forma separada no seu momento, e evitar así a dispersión destas enfermidades, que está moi favorecida polas podas.

MACEIRA
Moteado:

Danos no froito do Moteado da maceiraMoteado na folla de variedade GoldenA elevada humidade que se está a rexistrar dende finais da semana anterior propiciou a aparición de novos síntomas. Cómpre tratar para evitar danos no froito

Cydia pomonella:

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaEn dúas das nosas parcelas de seguimento volveuse superar o limiar de tolerancia polo número de capturas de machos nas trampas, polo que se vai aplicar un tratamento. Novamente temos que insistir en que se non se coñece o estado da plantación en relación coa presenza desta praga, débese manter unha protección constante, xa que a actividade deste insecto é continua ao longo da campaña.

Outros (varios fungos):

Mazás arredor dunha maceira en fase de podremiaNaquelas variedades de maduración temperá xa se están a observar, baixo as árbores, mazás caídas ao chan. Como sempre insistimos, estas mazás deben ser eliminadas, pois sobre esta froita se poden instalar patóxenos como Monilia ou Botrytis. Tamén estes froitos poden servir de zona de posta para a mosca da froita

PEREIRA
Moteado:

Pera con diferentes manchas de moteadoAo igual que no caso da maceira, as precipitacións que se están a rexistrar (e a elevada humidade que existe nos períodos sen chuvias) están a favorecer a aparición de síntomas, tanto en folla coma en froito, polo que se recomenda aplicar un tratamento cun funxicida rexistrado.

FROITEIRAS DE ÓSO

Follas de ameixeira con síntomas de cribadoPoliña de ameixeira con ataque de cribadoAo igual que no caso doutros cultivos, a elevada humidade que se está a rexistrar favorece a aparición de síntomas de patóxenos. É moi importante recordar que, no caso de aplicar un tratamento, debe respectarse estritamente o prazo de seguridade do produto empregado antes de recoller a froita.

DIVERSAS HORTÍCOLAS
Mildeu e outros fungos patóxenos:

Phytophthora infestans - Síntomas en planta de Mildeu da patacaDetalle do síntoma do mildeu da cebolaAo pasar esta tempada de elevada humidade e boa temperatura, é moi probable que empecen a aparecer novamente síntomas destes fungos. Por iso é conveniente aplicar un tratamento, tendo en conta que naquelas plantas onde se vaia proceder á colleita é fundamental respectar o prazo de seguridade do/os funxicida/s que se empregue/n.

PATACA
Epitrix similaris:

Restos do cultivo de patacaDebido á presenza en Galicia da pulguiña da pataca, e co fin de limitar no posible a dispersión desta praga, é moi importante retirar da finca (e destruír) os restos do cultivo. Para máis información sobre este coleóptero, consulte a nosa ficha técnica Nº54: Epitrix similaris Gentner.

BUXO
Cylindrocladium buxicola:

Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicosNovamente detectamos síntomas da enfermidade nalgunhas sebes, sen dúbida ningunha debido ás condicións húmidas que se rexistran. Recoméndase aplicar un tratamento (consultar aos técnicos sobre o tipo de produto a utilizar) unha vez cesen as chuvias.