Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

12/07/2012

VIÑA Estado fenolóxico: K (grans tamaño chícharo)
Mildeu:

As condicións climáticas continúan sen estabilizarse, de xeito que, ou seguen a producirse precipitacións, ou a humidade relativa que se rexistra é moi elevada, con medias superiores ao 72-75% e picos próximos ao 100%. Tamén as previsións anuncian posibilidade de novas chuvias. Isto supón un ambiente moi favorable ao mildeu, e de feito nas plantas que non reciben tratamentos continúan a aparecer novos síntomas, tanto na folla coma no acio. Nas nosas parcelas de seguimento a enfermidade aparece controlada, pero no laboratorio recibimos numerosas consultas sobre ataques non controlados. Nestes días a maior parte dos viticultores xa aplicaron tratamentos, pero como sempre insistimos é necesario confirmar a eficacia das intervencións e renovar a aplicación se continúa o avance da enfermidade.

Nos casos nos que haxa que renovar a aplicación aconséllase a utilización dun funxicida con acción curativa e/ou erradicante


Lembren tamén que é moi conveniente favorecer a aireación a nivel dos acios mediante a retirada do exceso de vexetación. Esta práctica pode axudar sensiblemente a mellorar a eficacia dos funxicidas, pois nestes momentos nos que se empregan produtos penetrantes e de contacto é moi importante que accedan ben a todos os órganos da planta


Manchas de mildeu de diferente antigüidade en planta sen tratamentosMicelio de mildeu e mildeu larvado en acio


Oídio:

Unicamente vimos síntomas esporadicamente nas plantas sen tratamentos e nas variedades especialmente sensibles. No resto dos casos, os tratamentos que se aplican están a controlar ben a enfermidade.

Botrite:

Malia ao ambiente húmido que se está a rexistrar, en xeral a uva está libre de feridas, o que non favorece a instalación do fungo responsable da podremia gris. Non obstante, hai que ter en conta que nalgunhas zonas (certas áreas do Condado) o peche do acio xa está próximo, e antes de que se xeneralice cómpre realizar un tratamento en variedades especialmente sensibles de acios moi compactos.

Black rot:

Primeiros síntomas de black rot en acioNesta semana vimos, aínda que moi puntualmente, os primeiros acios afectados na nosa parcela de seguimento do Condado, a comarca dentro da Denominación de Orixe máis afectada por esta enfermidade. Tamén diferentes técnicos informáronnos da súa presenza noutras parcelas. Aínda que o momento de máxima sensibilidade do acio á enfermidade xa pasou, nestes momentos, e baixo as condicións húmidas que se están a rexistrar, é normal que aparezan os síntomas sobre a uva. Se son acios esporádicos, estes poden retirarse; no caso contrario, haberá que aplicar un tratamento cun funxicida con efecto fronte a este fungo (consulte aos técnicos) dirixido especialmente aos acios.



A mellor forma de controlar esta enfermidade é mediante a combinación de medidas culturais e tratamentos químicos. Entre as primeiras están todas aquelas prácticas que promovan a circulación do aire a nivel das plantas, e que melloren a penetración dos funxicidas, como as podas en verde e os esfollados


Couzas:

Lobesia botrana - Penetración de couza do acioNas nosas parcelas de seguimento continuamos con escasas capturas de machos da segunda xeración de Lobesia botrana nas trampas de feromonas. Non obstante, observamos a primeira penetración larvaria nun acio da nosa parcela de Castrelo.

Cicadélidos:

Os coccinélidos -xoaniñas- son insectos beneficiososCicadélidos - Adulto de Zygina rhamni no revés Cicadélidos recollidos en trampa cromáticaNas trampas os niveis de capturas mantivéronse similares aos da semana anterior, con apenas 20-30 adultos máis por trampa nesta semana. Nos controis realizados ás follas, pola súa banda, contamos unha única ninfa de Zygina rhamni, todo iso referido ás nosas parcelas de seguimento.


A contía das poboacións destes insectos depende de diversos factores e pode ser variable mesmo entre parcelas da mesma comarca. Por iso aconséllase a instalación das trampas amarelas como método de seguimento e no seu defecto consultar os técnicos antes de realizar calquera tratamento insecticida para non alterar a fauna beneficiosa dos viñedos por tratamentos indiscriminados.


Altica:

Folla de albariño con larvas de último estadio e danos de AlticaObservamos unha vez máis un incremento nos síntomas producidos na folla, aínda que sen alcanzar en ningún caso aos acios, debido á presenza de larvas dos últimos estadíos.

Ácaros:

As condicións climáticas desta campaña non están a ser propicias ás poboacións de ácaros. De feito, tampouco nesta semana vimos síntomas ou formas móbiles nas follas das nosas parcelas de seguimento, nin recibimos mostras con presenza destes animais.

Outros (Enfermedades da madeira):

Recorden a conveniencia de marcar nestes momentos as plantas con síntomas de alteracións da madeira para o seu tratamento separado no momento da poda.

MACEIRA
Moteado:

Se xa se aplicou o tratamento recomendado no aviso anterior haberá que confirmar a súa eficacia comprobando que non avancen os síntomas. No caso contrario, débese aplicar, xa que o risco de infección nestes días foi, en xeral, elevado.

Lembren que esta enfermidade pode producir danos ata o mesmo momento da colleita e xerar perdas importantes. O desenvolvemento do fungo vese favorecido polo clima cálido e húmido, como o que habitualmente se está a rexistrar na maioría dos días


Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenNesta semana superouse o limiar de tolerancia na terceira das nosas parcelas de seguimento, é dicir, naquela na que non se acadara a semana anterior. Tamén se están a empezar a evidenciar as penetracións larvarias naquelas parcelas nas que non se realizan tratamentos. Debe manterse a protección.

Monilia, botrite:

Froito momificado polo ataque de Monilia spCoas condicións de elevada humidade destes días xa se están a empezar a observar, nalgunhas parcelas, froitos coas frutificacións típicas destes fungos. Ao igual que indicamos no aviso anterior para as mazás caídas ao chan, é conveniente eliminar estes froitos afectados para evitar a dispersión destes fungos aos sans.

PEREIRA
Moteado:

Pera con diferentes manchas de moteadoDébese confirmar a eficacia do tratamento aplicado no aviso anterior no caso de efectualo debido a que persisten as condicións favorables ao patóxeno.

MARMELEIRO
Entomosporium maculatum:

Síntomas de Entomosporium maculatum sobre folla de marmeleiroEmpezan a aparecer nas follas as manchas de necrose producidas por este fungo. No caso de condicións favorables (humidade e temperatura), pode chegar a causar a defoliación prematura das árbores e comprometer polo tanto a maduración dos marmeleiros, polo que se recomenda aplicar un tratamento (consulten os técnicos)



Entomosporium maculatum non é un patóxeno específico do marmeleiro senón que pode afectar a outras rosáceas, tanto froiteiras (maceira ou pereira) como ornamentais leñosas (Crataegus, Pyracantha ou Photinia). Na nosa zona adoita ser frecuente illalo no marmeleiro.


FROITEIRAS DE ÓSO
Monilia, botritis:

Froitos de ameixa con podremia a partir de feridasAo igual que indicamos no caso da maceira, tamén nalgunhas froiteiras de óso (ameixeiras sobre todo pero tamén melocotoeiros ou peladillos) estanse a observar froitos en fase de podremia, que é importante eliminar



Na maioría dos casos, os fungos de podremia penetran a partir de feridas nos froitos, polo que tamén a froita con lesións (resgados na pel, etc) debe ser eliminada


PATACA
Couza da pataca (Phthorimaea operculella):

Síntoma do ataque de couza en tubérculoEstamos a recibir as primeiras mostras de tubérculos atacados polas eirugas desta praga. Para reducir danos, é moi importante que non se deixen amontoadas as patacas recén obtidas no campo, que se eliminen tamén todos os residuos, e que os lugares de almacenamento estean perfectamente limpos e as ventás protexidas por mallas que impidan a entrada das bolboretas.

Epitrix similaris:

Galerías larvarias de Epitrix similaris en tubérculoA Unión Europea publicou recentemente unha Decisión en relación a esta praga e outras do seu mesmo xénero (non detectadas ata o momento en Galicia) debido á súa importancia, polo que é moi importante poñer en práctica a recomendación de eliminar os restos do cultivo cando se obteñan as patacas.

PLÁTANO DE SOMBRA
Tigre do plátano (Corythuca ciliata):

Ninfas e adultos do tigre do plátanoNas alamedas e paseos do sur da provincia estanse a empezar a observar os síntomas do ataque deste insecto, que pode comprometer o valor ornamental das árbores e mesmo provocar a caída temperá da folla. Os produtos rexistrados para o seu control no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio son alfa cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC] P/V.