Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

02/08/2012

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio)
Mildeu:

Plasmopara vitícola - Brotes terminais con manchas de mildeuSituación tranquila nesta semana, onde só se observaron algunhas manchas sobre os gromos terminais das parcelas control e nas plantas sometidas a tratamento dende hai días. Coa proximidade do envero o risco de danos ao acio redúcese, pero polo momento convén non descoidar a vixilancia debido a que aínda poden producirse algúns danos.

En xeral, as chuvias rexistradas entre o xoves e venres pasado (días 26 e 27 de xullo), unidas ás de onte día 2, non foron suficientes como para producir un lavado dos tratamentos que se aplicaron, aínda que como sabemos si reducen o período de protección teórico dos fitosanitarios


Logo das precipitacións rexistradas onte día 2, que apenas alcanzaron os 4 litros/m² (o valor máximo foi de 3,9 en Simes), as previsións meteorolóxicas anuncian tempo bastante estable para os vindeiros días, co que a priori manterase a situación de baixo risco


Oídio:

Oídio en acio de variedade tintaCo peche do acio xa xeneralizado o risco de danos ao acio é menor. Non obstante, as néboas locais e a humidade en forma de orballo que se están a rexistrar son condicións favorables ao fungo, polo que aínda se aconsella manter a vixilancia, en especial en variedades/parcelas onde todos os anos se producen danos.

Con condicións favorables á enfermidade é máis frecuente que nesta época poidan aparecer novos síntomas a nivel das follas ou pámpanos


Botritis:

Ataque de Botrytis cinerea en acioTampouco nesta semana observamos síntomas nas nosas parcelas de seguimento, nin sequera nas plantas das variedades máis sensibles como Treixadura (ou algunha variedade de uva de mesa) que existen nalgunhas das nosas parcelas de seguimento. Pero atención, en breve entraremos no período de máxima sensibilidade do acio a este patóxeno, polo que se debe manter a vixilancia.

Lembren que, na aparición desta enfermidade, non só é importante a climatoloxía (a humidade e as temperaturas elevadas son favorables) senón a presenza de lesións na uva, polo que mantendo os grans libres de feridas pódense limitar axeitadamente as infeccións


Black rot:

Seguimos sen notar avance ningún nos escasos síntomas que aínda permanecen na nosa parcela de seguimento do Condado, e o mesmo é aplicable a outras parcelas que visitamos na mesma comarca.

Couzas:

Ataque incial de Botrytis Cinerea en acio de albariño. Obsérvese: (frecha A) micelio incipiente do fungo; (frecha B) a penetración da trazaSeguen moi baixas ou nulas as capturas de Lobesia botrana nas nosas parcelas de seguimento, e de feito tampouco se observan postas ou penetracións larvarias. Tamén consultamos con outros técnicos e referíronnos a mesma situación nesta campaña, polo que parece bastante xeneralizada.

Precisamente as penetracións de couzas son unha importante vía de entrada á podremia gris (botrite). A práctica ausencia de poboacións importantes explica en parte a situación observada ata o de agora en relación a este patóxeno


Cicadélidos:

Cicadélidos recollidos en trampa cromáticaCicadélidos - Larva de CicadélidoObservamos un importante incremento nas capturas na nosa parcela de seguimento do Condado, con máis de 50 novos adultos recollidos (de Empoasca vitis e de Zygina rhamni en conxunto), adultos en voo por sacudida de vexetación, e dúas ninfas atopadas na mostraxe do revés das follas. Non obstante, non se observa síntoma ningún, polo que polo momento só imos incrementar a vixilancia. No tocante a Scaphoideus titanus, tampouco nesta semana se tiveron as primeiras capturas nin se viron ninfas na mostraxe das follas.

Como dixemos noutras ocasións, estanse a revisar últimamente os limiares de tolerancia para esta praga, polo que, como tamén sempre insistimos, non convén aplicar insecticidas a menos que se vexa a necesidade.


Ácaros:

Dado que ao longo da campaña case non vimos síntomas de ácaros, nesta semana recollemos mostras de follas en numerosas parcelas de todas as comarcas para a súa observación no laboratorio. O resultado, como xa agardabamos, foi, en todos os casos, ausencia de ácaros praga (e presencia en moitas parcelas de ácaros beneficiosos fitoseidos, aínda que en reducida cantidade).

Enfermidades da madeira:

Planta con síntomas de patoloxías da madeira marcada para o seu tratamento diferenciado na podaNalgunhas fincas segue aumentando a presenza de plantas sintomáticas. Aínda que dalgunhas plantas sen síntomas tamén se pode/n illar algún/uns fungo/s responsable/s destas alteracións, novamente insistimos en que se deben marcar a lo menos todas as sintomáticas para o seu tratamento separado no momento da poda.

Outros (golpe de sol):

Golpe de sol en acio de AlbariñoComo dixemos a semana anterior, estanse a observar algúns danos por golpe de sol nalgúns acios expostos.

MACEIRA
Moteado:

Non observamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento, pero débese recordar que o risco de infección permanece ata o final da campaña, e que a humidade foliar consecuencia dos orballos favorece ao patóxeno. E aínda a pesar de que en xeral este ano non hai unha boa colleita, convén non descoidar a protección de cara a reducir o inóculo para a campaña seguinte.

Cydia pomonella:

Volveu superarse o limiar de tolerancia nalgunhas das nosas parcelas de seguimento. Como se pode comprobar, o voo desta praga é continuo e irregular segundo as parcelas, o que incide na conveniencia de instalar trampas de seguimento.

Xa é bo momento para instalar bandas-trampa de cartón ondulado nas maceiras para capturar as eirugas que se retirarán a invernar. Polo xeral, as eirugas refúxianse en gretas da casca da árbore ata a primavera seguinte. Por iso, colocando bandas de cartón ondulado arredor dos troncos, proporciónaselles un bo refuxio; ao retirar estas bandas en outono (outubro-novembro) e destruílas, elimínase parte da poboación nociva para a seguinte campaña. Na secuencia que segue móstrase o proceso de instalación:




Pulgóns:

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaEn xeral mantívose estable a presenza colonias de pulgón verde e de pulgón cincento. No tocante ao pulgón laníxero, notouse nestes días un importante incremento no nivel de parasitismo por Aphelinus mali, polo que non se debe tratar con insecticidas aínda que se observe a actividade do parasitoide.

Araña vermella (Panonychus ulmi):

Aspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermellaNesta semana tamén vimos as primeiras formas móbiles nunha das nosas parcelas de seguimento. Ademais, nalgunhas zonas obsérvanse árbores que presentan follas coa coloración bronceada característica dos ataques desta praga. Só nestes casos, e naqueles nos que non se observe o bronceado pero si se confirme a presenza de ácaros por enriba do limiar de tolerancia, débese aplicar un tratamento.

CASTIÑEIRO
Tortrícido precoz (Pammene fasciana):

Na nosa parcela de seguimento deste ano apenas temos capturas nas trampas. Dado que a situación noutras zonas pode variar, é aconsellable empezar a colocar xa as bandas-trampa de cartón ondulado para atrapar as eirugas que se retiran a invernar. Estas bandas, ao igual que referimos para a maceira, deben ser retiradas en outono-inverno.

PIÑEIRO
Procesionaria:

Thaumetopoea pytiocampa (procesionaria) - Procesionaria en trampa de feromona Thaumetopoea pytiocampa (Procesionaria) - Trampa GNesta semana recollemos ata 13 machos nunha trampa instalada en Pinus radiata. Dada a abundancia de bolsóns que se observou no pasado outono-inverno, é conveniente dispoñer de trampeo para o seguimento da praga, tamén en parques ou xardíns con piñeiros ou cedros.