Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscribirse as novas por correo electrónico

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

06/09/2012

VIÑA Estado fenolóxico: N (maduración)

Nesta semana rematamos a emisión da Información Fitosanitaria Semanal pola presente campaña. Sen embargo, como todos os anos seguiremos publicando, xa sen unha periodicidade definida, informacións fitosanitarias e consellos prácticos que poidan axudar a mellorar o estado sanitario dos cultivos


Novamente agradecemos aos viticultores e propietarios das parcelas da nosa rede de seguimento que nos permitan desenvolver a nosa experiencia nas súas fincas, pois sen a súa colaboración non sería posible a emisión dos Avisos. Tamén queremos agradecer a colaboración daqueles técnicos que nos proporcionaron datos que permitiron contrastar as observacións das nosas parcelas. E por suposto, a todas as persoas que nos seguiron durante estas semanas, moitas grazas.


Nesta semana tomamos mostras de uvas nas nosas parcelas de seguimento e nalgunhas outras. O grao alcohólico obtido nestes casos foi::
Comarca do Salnés: Tremoedo: 9.2º; A Modia: 10.87º; Castrelo: 9.9º, Meis 10.72º

Comarca do Rosal: Carregal: 10.54º; Eiras: 9.25º, Tomiño 9.8º

Comarca do Condado: Vide: 10.98º; Albeos: 10.15º, Meder 11º

Como se pode observar, as condicións climáticas desta última semana aceleraron a maduración, e nalgunhas áreas é posible que a vendima adiante as datas previstas inicialmente


Mildiu:

O clima seco e as temperaturas elevadas destes días non favoreceron a aparición de síntomas nas plantas, e só observamos algunhas manchas de aceite de recente aparición sobre as follas máis tenras, aínda que en ningún caso cunha presenza alarmante. Sen embargo, segundo as previsións meteorolóxicas existe probabilidade de choiva para a fin de semana ou no principio da seguinte segundo as zonas, o que sen dúbida dará lugar á aparición de novos síntomas. Lembren que se pode eliminar parte de este inóculo cortando a vexetación sobrante, onde adoitan concentrarse as manchas. Xa despois da vendima, e antes da caída da folla poderase aplicar un tratamento para reducir a incidencia do patóxeno na seguinte campaña.

1-Aspecto da planta control ao final da campaña2-Estado dos acios na planta control3-Aspecto da planta tratada na mesma parcela
Botrite:

Fructificación de botritis en acio de TreixaduraDebe manterse un elevado nivel de alerta fronte ao posible cambio nas condicións climáticas, posto que si realmente se producen precipitacións, o risco de danos por este patóxeno incrementarase. Consecuentemente, cómpre manter unha correcta ventilación dos acios mediante desfollados para evitar a acumulación de humidade, e eliminar os gromos sobrantes tamén para favorecer a ventilación.

Naquelas zonas nas que a vendima estea prevista para a derradeira semana de setembro ou os primeiros días de outubro, recorden que no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio hai funxicidas cun prazo de seguridade de 15 días, que aínda poderían utilizarse se é necesario (consulte aos técnicos). En todo caso, este PRAZO DE SEGURIDADE debe ser RESPETADO


Cicadélidos:

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaNesta semana as capturas de Scaphoideus titanus nas trampas foi só de 2 individuos. Lembren que a importancia deste insecto como praga da vide debese á súa condición de vector do fitoplasma causante da flavescencia dourada. Sen embargo, o fitoplasma non se atopou nos adultos analizados ata o momento.

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoRecorden que esta enfermidade pode danar os froitos mentres estean na árbore, e que o fungo vese favorecido por condicións de humidade e temperatura elevadas. Consecuentemente, de cumprirse as previsións meteorolóxicas e se realmente se producen precipitacións, pode ser necesario aplicar un tratamento. Coma sempre insistimos, o PRAZO DE SEGURIDADE do funxicida utilizado debe ser RESPETADO, é dicir, non debe recollerse a froita antes de que ese período conclúa.

Cydia pomonella:

Eiruga de Cydia pomonella e dano no froito Tamén o voo da couza da maceira é continuo ao longo do período de actividade, polo que de realizar un tratamento para reducir a presenza de mazás afectadas, debe respectarse igualmente o prazo de seguridade do insecticida empregado.