Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase a las novedades de nuestra Página web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

AVISO FITOSANITARIO

31/05/2013

VIÑA Estado fenolóxico: H - I (entre Botóns florais separados e inicio de Floración)
Mildeu:

Desde a publicación do noso aviso extraordinario sobre mildeu do mércores 29 recibimos notificacións por parte doutros técnicos e agricultores que nos referían situacións semellantes ás descritas (presenza de zonas de avance en manchas antigas e aparición dalgunhas novas) en parcelas de todas as comarcas.

Nestes momentos é probable que xa se renovasen os tratamentos antimildeu en moitas fincas; nestes casos é fundamental que se revise a eficacia das aplicacións, en especial naquelas zonas onde xa se detectaron novos síntomas e onde estaba próximo a concluír o período de protección do tratamento anterior. No caso de non aplicarse aínda, debe realizarse, ademais, porque o ascenso térmico que se prevé acelerará a entrada en floración, estado fenolóxico no que o viñedo debe estar perfectamente protexido.


As previsións meteorolóxicas anuncian tempo seco e solleiro, con temperaturas algo frescas de noite (sobre 11-12 ºC de media) e máximas superiores a 20 ºC. Ademais, para o fin de semana os ventos terán dirección norte, que secarán máis o ambiente, e de dirección variable a partir da próxima semana. ANTE A PRESENZA DE VENTO É AÍNDA MÁIS IMPORTANTE SER COIDADOSOS NAS APLICACIÓNS PARA EVITAR DERIVAS


Áreas de avance de mildeu a partir dunha infección anteriorPlasmopara vitícola - Síntomas incipientes en follaSe os tratamentos son eficaces a esporulación nas manchas de aceite é inviable
Oídio:

Crispado de follas por ataque de oídioNesta semana non vimos novos síntomas. Con todo, como dixemos nos últimos avisos, a floración é un estado que debe estar protexido. Por iso, debido a que en case todas as fincas xa se observan algúns acios coa floración iniciándose e a que, se se cumpren as previsións de altas temperaturas diúrnas, este estado irase xeneralizando, será necesario engadir un antioídio ós tratamentos antimildeu que se realicen.


Black rot:

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosMalia as precipitacións rexistradas (de escasa contía, iso si), non vimos novos síntomas, nin nas parcelas do Condado, onde os observaramos, nin noutras comarcas. Coa previsión de tempo estable non se agarda a aparición de máis sintomatoloxía. Aínda así, débese manter a vixilancia.





Lembren que en parcelas con presenza desta enfermidade os tratamentos fronte ó mildeu deben realizarse con funxicidas que teñan efecto fronte ó black rot. Tamén o miclobutanil está recomendado no seu control


Couzas do acio:

Glomérulo da primeira xeración de trazasGlomérulo en formación en acio sen abrirEn todas as nosas parcelas de seguimento as capturas de adultos de Lobesia botrana continúan en niveis baixos (destaca unha semana máis a finca da Modia, con 48 machos recolleitos). De momento continuamos sen observar glomérulos. Non se precisa tratar.


Cicadélidos:

Adulto de Empoasca vitisUnha semana máis temos que falar de escasísimas capturas nas trampas e de ausencia de ninfas na mostraxe de 100 follas ó chou.


Altica:

Posta e larvas de diferentes estadios en folla de albariñoNesta semana non atopamos novas postas, nin larvas ou adultos. Non se precisa tratar.


Ácaros:

Continuamos sen observar poboacións de acariose, nin nas nosas parcelas de seguimento, nin noutras que visitamos ou nas mostras recibidas na Estación.


Boa práctica fitosanitaria:


LEMBREN SEMPRE QUE É IMPRESCINDIBLE ADECUAR O VOLUME DE APLICACIÓN Ó DA MASA VEXETAL, co fin de evitar as derivas e, consecuentemente, impedir que o fitosanitario alcance áreas diferentes das do tratamento. Tamén deben EMPREGARSE SEMPRE OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN ADECUADOS PARA A REALIZACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS


MACEIRA
Moteado:

Abundantes manchas de moteado en folla de maceiraA pesar das precipitacións que se produciron, non vimos síntomas nesta semana, posiblemente debido ás baixas temperaturas rexistradas. Manter a vixilancia.


Avelaíña da maceira:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenInstalación da trampa delta na maceira ao inicio da campañaTivemos 2 capturas nas trampas, co que estamos no límite do limiar de tolerancia. En todo caso, se as temperaturas sofren o anunciado ascenso haberá que incrementar a vixilancia.





Lembren que é moi conveniente a instalación de trampas de feromona en cada plantación para saber a evolución da praga e así intervir no momento oportuno para evitar danos, xa que as poboacións poden ser moi diferentes mesmo en predios próximos


Pulgóns:

Ninfas e formas ápteras de pulgón cinsentoEstán a aparecer as primeiras colonias de pulgón cincento. Como dixemos noutras ocasións, en caso de elevadas poboacións este áfido pode deformar tamén os froitos. Coa subida de temperaturas o seu desenvolvemento verase favorecido, polo que é necesario incrementar a vixilancia.


CÍTRICOS
Moscas brancas:

Gromo de laranxo afectado por Mosca branca algodonosa dos citricos (Aleurothrixus floccosus)Seguimos atopando numerosos adultos e ninfas nos gomos novos. Lembren que estes insectos segregan melaza, sobre a que se poden instalar fungos de fumaxina que limitan a fotosíntese, polo que, no caso de que os localicen, é necesario aplicar un tratamento insecticida cun produto rexistrado.


KIWI
Bacteriose:

Síntomas de Pseudomonas syringae en follaEsxudado no revés da folla de kiwi debido a Pseudomonas syringaeLémbrase a importancia de aplicar un tratamento en pre-floración fronte a estas enfermidades. Os funxicidas rexistrados son produtos cúpricos (oxicloruro de cobre 38, 52 ou 70%; óxido cuproso 80% ou sulfato tribásico de cobre 19%).


CERDEIRA
MOSCA (Rhagoletis cerasi):

Mosquero para captura de Rhagoletis cerasiAdulto da mosca da cerdeira en trampa amarelaNas zonas da contorna de Beade e Bembrive estamos a recoller este ano numerosos adultos deste insecto, cuxas larvas danan os froitos. Para o seu control, os produtos recolleitos no Rexistro do Ministerio son lambda-cihalotrin 2.5%, e proteínas hidrolizadas 30 e 36%. En caso de aplicar un tratamento, lembren que É IMPRESCINDIBLE RESPECTAR ESTRITAMENTE O PRAZO DE SEGURANZA.