|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
16/08/2013
VIÑA Estado fenolóxico:
L Peche do acio - (
M Pintado – inicio-) |
Mildeu: |
A estabilidade climática que, segundo as diferentes previsións meteorolóxicas, se vai manter aínda durante a próxima semana,
condiciona a situación fitosanitaria do viñedo: a ausencia practicamente total de síntomas de enfermidades. No caso do mildeu, na revisión
das nosas parcelas do día 14, repítese o observado a semana anterior: novas manchas, illadas e sen apenas esporulación, nunhas plantas da parcela
testemuña do Salnés. As plantas tratadas presentan unha ausencia total de sintomatoloxía e, dadas as condicións climáticas actuais, espérase que manteñan
a mesma situación. Non é necesario tratar.
A pesar de que aínda non se xeneralizou o pintado, nestes momentos o mildeu é menos problemático. Por tanto, tendo en conta o clima actual,
pode superarse sen problema o período de protección teórico dos funxicidas
|
Oídio: |
Unicamente vimos novos síntomas desta enfermidade en plantas testemuña do Salnés, onde apareceron en folla e nos acios “netos”, e tamén algún síntoma illado nestes acios en plantas tratadas da mesma
comarca. Aínda así, coa proximidade do pintado xa é improbable que se produzan danos na uva, polo que non é necesario tratar..
Aconséllase eliminar os acios “netos” naquelas plantas cunha elevada presenza deles, non só porque mantelos supón unha carga maior para as plantas, senón tamén porque as fendas da pel da uva por consecuencia do oídio pode favorecer os ataques de botrite no viñedo
cando se dean condicións favorables
|
Botrite: |
As condicións climáticas actuais non favorecen o fungo e as previsións meteorolóxicas anuncian a súa continuidade, co que non é necesario tratar pero si manter
a vixilancia, xa que sabemos que esta é a enfermidade que a partir de agora pode comprometer o éxito da campaña.
|
Couzas do acio: |
Novamente tivemos un moi baixo nivel de capturas nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento e as penetracións larvais tamén son escasas.
Consultados outros técnicos informáronnos de situacións similares, polo que non é necesario tratar pero si manter a vixilancia.
|
Cicadélidos: |
Nesta semana capturamos un máximo de 52 adultos (sobre todo de Zygina rhamni) na trampa dunha das nosas parcelas de seguimento.
Noutras trampas apenas se capturaron 3-4 individuos. Doutra banda, seguimos sen recoller os primeiros adultos de Scaphoideus titanus.
|
Trips: |
A situación con relación a esta praga é similar á da semana anterior: ausencia de novos síntomas tanto nas nosas parcelas de
seguimento coma nas mostras recibidas na Estación.
|
Ácaros: |
Sobre algúns brotes en crecemento dunha parcela do Salnés vimos os síntomas iniciais do ácaro causante da acariose, Calepitrimerus vitis, cuxa presenza confirmamos no laboratorio.
Aínda así, só se atoparon dous individuos nas mostras recollidas, polo que manteremos a vixilancia. En calquera caso, a situación referida para as nosas parcelas de seguimento non ten por que ser xeneralizada,
polo que debe ser confirmada en cada caso a existencia de poboacións.
Lembren que non se deben aplicar tratamentos acaricidas a menos que estea xustificado para non prexudicar os ácaros útiles fitoseidos, que de forma natural contribúen á regulación
das poboacións nocivas
|
Outros.- Enfermidades da madeira: |
Nalgunhas leiras continúa avanzando a presenza
de plantas sintomáticas. A pesar de que dalgunhas plantas sen síntomas se pode tamén
illar algún ou algúns fungos responsables destas alteracións, novamente insistimos en
que se deben marcar polo menos todas as sintomáticas para o seu tratamento separado no momento da poda.
|
MACEIRA |
Apigarado(“moteado”): |
Coas condicións climáticas actuais que, segundo as previsións, se manterán a próxima semana, o risco de infección é moi baixo. Non é necesario tratar.
|
Couza da maceira: |
Repetíronse as capturas de machos da semana anterior nas nosas parcelas de seguimento: 8 en Sanxenxo (leira que se mantén a modo de testemuña sen tratamentos) e ningunha en Areeiro. Como sempre dicimos, as poboacións deste lepidóptero poden ser moi variables entre parcelas polo que, se se observan danos, é conveniente manter a protección das froiteiras,
respectando os prazos de seguridade dos insecticidas empregados nos tratamentos nas variedades de recolección máis temperá.
LER MOI BEN A ETIQUETA DOS PRODUTOS FITOSANITARIOS PARA COÑECER O PRAZO DE SEGURIDADE E ASÍ SABER CANTOS DÍAS DEBEN TRANSCORRER ENTRE A APLICACIÓN E A RECOLECCIÓN DA FROITA. Ademais, a etiqueta informa de cales son os cultivos sobre os que estÁ autorizado o produto, as doses de aplicación e outros datos de interese como posibles riscos e outros.
Lembren a conveniencia de instalar bandas-trampa para as eirugas invernantes segundo indicamos na seguinte secuencia:
|
Pulgóns: |
Incrementouse lixeiramente, fronte á semana anterior, o número de brotes de maceira con presenza de pulgón verde, pero non é necesario tratar xa que é un pulgón que non reviste gravidade.
|
Araña vermella: |
Informáronnos da presenza de árbores con síntomas deste ácaro en varias comarcas. Aínda así, lembren que o limiar de tolerancia está nun 40-45% de follas ocupadas, aínda que se os síntomas son moi evidentes e non se realizou ningún tratamento, debe ser aplicado (atención ó prazo de seguridade!) para manter a capacidade fotosintética das follas e non prexudicar así a maduración da froita.
|
FIGUEIRA |
Mosca do figo/mosca da froita: |
Estamos empezando a observar froitos que caen prematuramente como consecuencia do ataque dalgunha destas moscas que, dos ovos que pon na froita, dan orixe a larvas esbrancuxadas e apuntadas nun extremo que se poden observar ó abrir estes froitos. No control destes insectos son moi importantes as medidas preventivas,
como eliminar os froitos danados (evítase a evolución do insecto en/baixo as árbores) ou instalar trampas (mosqueiros) para a captura de adultos en voo.
|
PATACA |
Pulguiña da pataca (Epitrix similaris): |
É normal observar os restos das plantas nas leiras que recentemente se cultivaron ou onde se están recollendo as patacas. Lembren que estes restos do cultivo deben ser ELIMINADOS para evitar que alberguen adultos de Epitrix similaris, praga de corentena sometida a regulación.
Para máis información sobre o insecto consulte a nosa ficha técnica núm. 54 Epitrix similaris Gentner. Pulguiña da pataca
|
CASTIÑEIRO |
Tortrícidos do froito: |
Nesta semana tampouco tivemos capturas na nosa parcela de seguimento. Con todo, isto non ten por que suceder noutras zonas, polo que é aconsellable empezar a colocar as bandas-trampa de cartón ondulado para atrapar ás eirugas do tortrícido precoz, Pammene fasciana,
que se retiran a invernar (de maneira similar a como se fai para a couza da maceira).
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
As capturas na trampa da nosa parcela de seguimento nesta semana foron 4 machos.
|
|