Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

AVISO FITOSANITARIO

11/11/2013

FROITEIRAS DE FOLLA CADUCA
Tratamentos de outono-inverno:

As temperaturas deste outono foron, ata o de agora, altas e por iso neste momento algunhas plantas mostran algúns brotes á vez que van perdendo as follas. En todo caso, a partir de agora hai que ter en conta que é moi recomendable aplicar tratamentos con produtos a base de cobre para reducir, con vistas á próxima campaña, o nivel de inóculo de diferentes patoloxías e protexer tamén as microferidas provocadas pola caída da folla, que son unha vía de entrada para patóxenos. Estes tratamentos é conveniente realizalos:
  • nas maceiras e marmeleiros, cando se rexistre unha caída de folla do 50%. Pode renovarse cando se perda un 80% das follas. No caso da maceira, se as plantas tiveron un ataque forte de "apigarado" (moteado), pode engadirse urea cristalina, tratando ademais as follas caídas no chan. Alén diso, e no caso de instalar bandas–trampa para capturar as eirugas invernantes de Cydia pomonella, pode aproveitarse para as retirar e as destruír.

  • nas pereiras e árbores froiteiras de óso, cando a caída da folla estea contra o 80%. As intervencións poden renovarse cando as árbores estean xa completamente defoliadas. No caso das pereiras, se houbo problemas de apigarado (moteado) durante a campaña, debe engadírselle urea cristalina ó cobre, tratando igualmente as follas caídas no chan. Nos pexegueiros, que todos os anos sofren na nosa zona o ataque da lepra, este tratamento é unha das bases para unha boa protección.

  • nos kiwis, debido á gravidade da bacteriose causada por Pseudomonas syringae pv actinidiae, o primeiro tratamento con produtos cúpricos debe ser realizado despois da recolección (polas microlesións derivadas do arranque do froito), outro á caída da folla e un terceiro en pleno inverno, inmediatamente despois da poda. Cando sexa o momento de podar, as plantas afectadas deben ser as últimas, podaranse co tempo seco e desinfectando sempre os útiles de poda.

Sintomas de moteado en manzanas Pera con diferentes manchas de moteado Taphrina deformans - Síntoma de lepra en folla de pexegueiro
VIÑA
Enfermidades da madeira:

Aínda é cedo para podar a viña mais algúns viticultores xa comezaron. Debido á incidencia da poda nas patoloxías da madeira é moi importante podar separadamente as plantas que mostren síntomas, e máis concretamente:
  • As plantas enfermas deben ser podadas o máis tarde posible, en repouso vexetativo total (xaneiro-febreiro). De aquí a importancia de marcalas durante a campaña;
  • en todos os casos podarase preferiblemente en tempo seco e sen previsión de choivas inmediatas;
  • os cortes deben realizarse o máis verticais posible e sen esgazaduras, protexendo os de maiores dimensións con mastic cicatrizante con funxicidas;
  • as ferramentas de poda deben ser desinfectadas (con lixivia, auga osixenada ou alcol de queimar);
  • as cepas mortas deben ser arrincadas e retiradas da plantación (igual que o material resultante da poda) utilizando, para repolas, material vexetal san.

Nas plantas con síntomas destas patoloxías da madeira é imprescindible gardar escrupulosamente as precaucións mencionadas

Síntomas característicos de patoloxía da madeira Planta con síntomas de patoloxías da madeira marcada para o seu tratamento diferenciado na poda
CÍTRICOS
Phytophthora hibernalis:

Coas abundantes precipitacións deste outono sen dúbida aparecerán froitos afectados por esta doenza, cuxos síntomas son podremias brandas na froita, a súa caída e a aparición de manchas acuosas nas follas. Neste caso é moi importante retirar os froitos danados (tanto da árbore coma do chan) e realizar algunha aplicación con fosetil -Al ó 80%, metalaxil-M ou mancozeb.

Síntomas de Phytophthora hibernalis Diferentes niveis de dano de Phytophthora hibernalis en limóns
BUXO
Cylindrocladium buxicola:

Este outono estamos a recibir numerosas consultas sobre a aparición xeneralizada de novos síntomas desta doenza, que se viu favorecida polas continuas precipitacións de días pasados. Lembren que as sebes de Buxus sempervirens suffruticosa son as máis afectadas. No control desta patoloxía son imprescindibles as medidas culturais como a eliminación repetida das follas secas depositadas sobre as plantas ou caídas no chan. Canto ós tratamentos químicos non existe ningún funxicida rexistrado para o seu control; con todo, en ensaios realizados por nós deron bos resultados as materias activas epoxiconazol, difenoconazol ou kresoxim-metil. Estas materias activas non deben aplicarse máis de 2-3 veces debido a que poden xerar resistencias; por iso, pódese recorrer nalgún momento a produtos a base de clortalonil, un funxicida de contacto co que tamén tivemos resultados aceptables.

Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicos Para limitar la incidencia de la enfermedad deben eliminarse las hojas desprendidas y depositadas sobre las plantas
INSECTO EN EDIFICACIÓNS
Leptoglossus occidentalis:

Adulto de Leptoglossus occidentalisEstamos a recibir consultas sobre a aparición, en vivendas e outras edificacións, deste insecto típico de coníferas que, na nosa zona, e de momento, non está a causar danos. A súa presenza en vivendas débese a que se dirixe a elas para se refuxiar do inverno, mais non lles causa ningún dano ás persoas ou materiais.


Leptoglossus occidentalis é un hemíptero que ataca sobre todo ó xénero Pinus, aínda que tamén pode facelo a árbores de Abies, Cedrus, Pseudotsuga ou outros. Os danos que pode causar localízanse nas piñas e consisten nun baleirado parcial ou total dos piñóns, que pode cifrarse, segundo a bibliografía, nunha redución superior ó 80% dos piñóns viables. En calquera caso, de momento non detectamos