Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

Dic02

Viña
   

Nov13

Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, Cítricos, Boj e Hortícolas
   

Sep05

Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
   

Ago29

Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
   

Ago26

Camelia
   

Ago25

Avispa Asiática
   

Ago22

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago14

Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
   

Ago08

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago01

Viña, Maceira e Pino
   

Jul24

Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
   

Jul18

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul15

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul10

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jul04

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jun27

Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
   

Jun20

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun13

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun06

Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
   

May30

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
   

May23

Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
   

May16

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
   

May09

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
   

May02

Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
   

Abr25

Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
   

Abr21

Viña
   

Abr14

Viña
   

Abr08

Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia, Palmeria, Piñeiro
   

Mar14

Viña
   

Mar07

Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
   

Feb04

Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro, Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
   

Ene22

Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo
   

AVISO FITOSANITARIO

14/03/2014

VIÑA
Mildeu:

Empezamos a comprobar o estado da maduración da oospora (forma de conservación invernal do fungo causante do mildeu) neste ano. Concretamente fixémolo na nosa viña de Areeiro e comprobamos que as primeiras oosporas xa maduraron. Nos próximos días continuaremos este traballo noutras comarcas e informaremos de cal é a situación nelas. Lembren que a maduración da oospora non implica que haxa que iniciar xa os tratamentos, só que se inicia o ciclo da enfermidade. Para o primeiro tratamento hai que esperar a que haxa certo desenvolvemento da planta e unhas condicións climáticas concretas (seguiremos informando). É dicir, non apliquen aínda tratamentos fronte ó mildeu.

Plasmopara vitícola - Oosporas (ovos de inverno vistos ao microscopio) Plasmopara vitícola - Maduración da oospora

Excoriose:

A viña debe estar protexida fronte a esta enfermidade no estado fenolóxico máis sensible, o D (follas incipientes). Nestes momentos a maioría das plantacións atópanse coas xemas inchadas (B) ou nun estado lixeiramente máis avanzado (C: punta verde), aínda que xa hai xemas en D ou mesmo en E. Polo tanto, débese aplicar un tratamento en canto haxa máis xemas en D (máis dun 30%), sobre todo de producírense precipitacións, que están previstas para a segunda metade da vindeira semana.

Os funxicidas rexistrados para este fin son: cimoxanilo 4% + folpet 25% + fosetil-al 50%; folpet 10% + metalaxil 8% + oxicloruro de cobre 7,5% + sulfato cuprocálcico 7,5%; folpet 35% + metalaxil 10% + oxicloruro de cobre 25%; folpet 50%; mancozeb 35%, 75% ou 80%, e metiram 80%

Estado fenoloxía D - Follas incipientes Estado fenoloxía E - Follas extendidas Sintomas en pampo, folla e pecíolo