Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

Dic02

Viña
   

Nov13

Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, Cítricos, Boj e Hortícolas
   

Sep05

Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
   

Ago29

Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
   

Ago26

Camelia
   

Ago25

Avispa Asiática
   

Ago22

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago14

Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
   

Ago08

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago01

Viña, Maceira e Pino
   

Jul24

Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
   

Jul18

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul15

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul10

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jul04

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jun27

Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
   

Jun20

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun13

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun06

Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
   

May30

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
   

May23

Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
   

May16

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
   

May09

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
   

May02

Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
   

Abr25

Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
   

Abr21

Viña
   

Abr14

Viña
   

Abr08

Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia, Palmeria, Piñeiro
   

Mar14

Viña
   

Mar07

Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
   

Feb04

Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro, Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
   

Ene22

Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo
   

AVISO FITOSANITARIO

08/04/2014

VIÑA
Mildeu:

Xa verificamos a maduración das oosporas (forma de conservación invernal do patóxeno) en todas as comarcas vitivinícolas de Pontevedra. Con todo, a vexetación aínda non é, en xeral, susceptible ás infeccións,, debido a que as condicións climáticas dos últimos días frearon o seu desenvolvemento. Coa melloría do tempo que se prevé desde hoxe mesmo (máis sol e temperaturas elevadas) é de esperar un crecemento notorio dos gomos, motivo polo que será necesario iniciar xa a vixilancia dos viñedos a partir de agora.

Aínda que en xeral é moi pronto debido ó desenvolvemento da viña, as porcentaxes de desenvolvemento diario do mildeu, partindo do 1 de abril, roldan a día de hoxe o 20-36% segundo os datos de varias estacións meteorolóxicas da provincia. Lembren que é cerca do 100% cando adoitan aparecer as primeiras manchas de aceite

Débeselles prestar maior atención ós viñedos que foron podados pronto, pois nalgúns deles xa se observan gomos próximos ós 10 cm de lonxitude, así como a aqueles situados en localizacións especialmente sensibles. Dentro de cada parcela concreta deben vixiarse especialmente as zonas onde o mildeu causa maiores problemas habitualmente, pois nesas zonas é moi probable que se concentren as primeiras infeccións

Plasmopara vitícola - Primeira mancha detectada en O Rosal 2009 Primeira mancha de aceite atopada no Salnés 2010 Primera mancha de Mildeu no Condado 2010

Excoriose:

Coa climatoloxía que se rexistrou é posible que non se puidese realizar a intervención preventiva fronte a esta enfermidade. Lembren que aínda pode aplicarse naqueles viñedos máis atrasados, que se atopen nos estados D (saída de follas) ou mesmo E (follas estendidas). Algúns dos funxicidas recomendados poden proporcionar tamén protección fronte ó mildeu.

Phomopsis viticola (Excoriose) - Síntomas en folla Diferentes síntomas de excoriose

Pedroulo e outros gurgullos:

Coa chegada do bo tempo poderían aparecer tamén algúns síntomas debidos á alimentación destes coleópteros a expensas das xemas, gomos novos e follas. Os seus danos non adoitan ser xeneralizados, pero se as poboacións son elevadas poderían ocasionar problemas puntualmente. En xeral, a opción máis recomendable é eliminar mecanicamente os adultos que se atopen; excepcionalmente, se a presenza de insectos é importante, poderíase aplicar un tratamento con clorpirifos 48%, o único insecticida rexistrado para este uso en España.

Este potencial tratamento, que debe limitarse só ós casos en que sexa estritamente imprescindible, deberíase realizar á primeira hora da mañá ou última da tarde, pois é nestes momentos cando os adultos están a se alimentar

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo Adulto nos gomos da viña

Ácaros/Fisiopatía:

Fisiopatía que en ocasións foi confundida con síntomas de acariose
Na primavera adoitan aparecer nalgúns viñedos pequenas punteaduras nas follas, síntoma que aparentemente apunta á presenza de ácaros pero que en realidade é unha fisiopatía. Neste sentido é moi importante, como sempre dicimos, non aplicar tratamentos acaricidas senón se confirma a presenza de ácaros praga, co fin de protexer os ácaros útiles fitoseidos, frecuentes nos nosos viñedos e que regulan naturalmente potenciais poboacións nocivas.

MACEIRA
Oídio:

Non vimos aínda os primeiros síntomas da enfermidade, pero dado que a brotación xa se iniciou aconséllase comezar a vixilancia nas variedades máis sensibles.

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidio Gromo de maceira completamente invadido polo oídio

Apigarado ("moteado"):

Tampouco atopamos aínda os primeiros síntomas. Con todo, lembren que en variedades sensibles onde todos os anos hai danos polo patóxeno, é conveniente aplicar un tratamento preventivo (cun funxicida de contacto) antes da aparición dos botóns florais. Nos demais casos débese iniciar a vixilancia.

Mancha incipiente de moteado da maceira Abundantes manchas de moteado en folla de maceira

KIWI
Bacteriosis:

Na brotación é FUNDAMENTAL aplicar un tratamento fronte a estas enfermidades para reducir/limitar os importantes danos que poden causar. Lembren que os produtos rexistrados para este fin en España son oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%; óxido cuproso 80% e sulfato tribásico de cobre 19%.

No caso desta enfermidade o control preventivo é IMPRESCINDIBLE. Entre as medidas que é preciso levar a cabo nestes momentos están o emprego de material vexetal san para as novas plantacións ou para repor faltas, a hixiene a nivel de calquera maquinaria, roupa ou utensilios necesarios nas plantacións (evitan a dispersión da bacteria), o abonado equilibrado (NUNCA REALIZAR ACHEGAS DESEQUILIBRADAS DE NITRÓXENO, ESPECIALMENTE EN FORMA AMONIACAL), evitar as regas por aspersión, etc.

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwi Esxudado no revés da folla de kiwi debido a Pseudomonas syringae

NESPEREIRA
Moteado:

Como todos los años, y más este en que hemos tenido unas humedades muy elevadas, es de esperar que aparezcan síntomas de moteado en esta especie. Por ello, y aunque los tratamientos aplicados antes de la floración son los realmente efectivos, habrá que realizar una aplicación fungicida en este momento.

Nespereira - Síntomas de moteado na follaa Nespereira - Danos de moteado no froito

CÍTRICOS
Cochinillas, moscas brancas e pulgóns:

As brotacións de primavera e o incremento previsto das temperaturas favorecerán a aparición de colonias dalgúns destes insectos chupadores. Lembren que no caso das cochinillas, os estados inmaturos (ninfas) son máis fáciles de controlar que as femias adultas, de aí a importancia da súa detección temperá.

Os tratamentos fronte a estes insectos reducirán a presenza de fumaxina asociada ás colonias, que non só afean a árbore senón que tamén a debilitan ó limitar a fotosíntese e a respiración

Ceroplastes sinensis - Ninfa Gromo de laranxo afectado por Mosca branca algodonosa dos citricos (Aleurothrixus floccosus) Colonia de Toxoptera aurantii en gromo de limoeiro

VARIOS CULTIVOS (FROITEIROS, HORTÍCOLAS)
Drosophila suzukii:

As condicións climáticas de humidade relativa alta e temperaturas suaves favorecerán sen dúbida a este díptero, cuxas larvas se alimentan dos froitos de diferentes especies (cerdeira, kiwi, vide, fresa…), deprécianos e/ou provocan a súa caída prematura. A praga foi detectada na nosa provincia o pasado verán, aínda que naquel momento non se detectaron danos. De todos os xeitos é necesario estar pendente da súa aparición. Para iso, e tamén para reducir o número de adultos e evitar así as postas na froita, pódense instalar trampas de captura que serán de tipo mosqueiro ou que poderán fabricarse con botellas de plástico (serven as de auga de 1,5 ou 2 litros) ás que se practicarán orificios de arredor de 5 mm nos laterais e onde se verterá vinagre de mazá. Non son trampas específicas, polo que capturarán máis insectos.

Macho de Drosophila suzukii y detalles caracteristicos Mosquero utilizado para la captura de adultos de Drosophila suzukii

TOMATE
Tuta absoluta:

Nalgunhas zonas xa hai capturas deste insecto nas trampas de feromonas. Onde non se colocaron aínda, é conveniente a súa instalación (se se trata dun invernadoiro mellor colocalas no exterior), debido a que coa subida de temperaturas é de esperar que se incrementen as súas poboacións. Ademais, lembren que con esta praga é especialmente importante actuar a tempo e manter os invernadoiros e as hortas ben limpos de malas herbas.

Capturas de Tuta absoluta na base da trampa de feromonas Galería de Tuta absoluta Síntomas do ataque de Tuta absoluta en folla

PATACA
Mildeu:

Coa mellora da climatoloxía e o ascenso térmico asociado evaporarase a auga do chan e haberá un ambiente moi favorable ás infeccións de mildeu, polo que é necesario iniciar a vixilancia para detectar os primeiros síntomas e actuar canto antes.

Phytophthora infestans - Síntoma en folla de Mildeu da pataca Phytophthora infestans - Síntomas en planta de Mildeu da pataca

Epitrix similaris (pulguiña da pataca):

Tamén se debe prestar atención á aparición dos primeiros adultos desta praga de corentena que foi novamente regulada en Galicia (ver aviso do pasado 7 de marzo)

Adulto en planta de pataca Síntomas da alimentación dos adultos

CAMELIA
Cosetacus camelliae (eriófido do botón floral da camelia):

Está a ter lugar a brotación e por tanto é o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro, que causa a caída prematura dos casulos. Ademais, lembren que os botóns florais caídos ó chan deben ser eliminados para limitar a incidencia do ácaro.

Botóns florais de camelia afectados por Cosetacus camelliae Caída masiva de botóns florais de camelia afectados polo ácaro Cosetacus camelliae

Pedroulo e outros curculiónidos:

Do mesmo xeito que no caso da viña, tamén en camelia poderanse observar os primeiros síntomas do ataque destes insectos. Cando se observen adultos nas plantas débense eliminar mecanicamente.

Festonado das follas de camelia producido por curculionido Cneorhinus dispar - Pedroulo en camelia Danos en camelia producidos por Pleurodirus carinula

Pulgóns:

Coa brotación e o incremento de temperaturas que se prevé, sen dúbida aparecerán as primeiras colonias do pulgón Toxoptera aurantii. No caso de que se detecten deberase vixiar a súa evolución para intervir en caso de que sexa preciso.

Colonia incipiente de Toxoptera aurantii Detalle de colonia de pulgón sobre camelia

PALMEIRAS
Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus):

A chegada das altas temperaturas implicará tamén o inicio do voo dos adultos desta especie, cuxa presenza de momento parece confinada ós municipios de Gondomar, Nigrán, Baiona, Vigo e A Guarda segundo datos da Xunta de Galicia. A colaboración de todos é fundamental para frear o seu avance, polo que é necesaria a vixilancia das palmeiras e notificar a posible presenza de síntomas.

Ademais, debido á incidencia das podas sobre esta especie, NON DEBEN REALIZARSE ESTAS ACTUACIóNS ATA O INVERNO, nunca deben executarse no seu período de voo

Rhynchophorus ferrugineus - Phoenix canariensis gravemente atacada polo picudo vermello Rhynchophorus ferrugineus - Adulto en póla

PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector do nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus:

Alcanzáronse, ou están a se alcanzar, nas estacións meteorolóxicas do sur de Pontevedra, os graos-día necesarios para que se inicien as emerxencias de adultos de Monochamus galloprovincialis. Concretamente na estación da Granxa (Ponteareas) xa se superou o valor, e está próximo a alcanzarse en Meder (Salvaterra de Miño).

Adulto de Monochamus galloprovincialis sobre rama Síntomas da presenza de Bursaphelenchus xylophilus en piñeiro