Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
17/03/2017


VIÑA
Mildeu

No día de hoxe verificouse, nos postos de control que temos instalados na zona de Pontevedra, a maduración da oospora, que é o órgano de conservación do patóxeno en inverno. A maduración da oospora implica só que da comezo o ciclo da enfermidade mediante a xerminación destes órganos invernantes. Sen embargo, non significa en absoluto que haxa que comezar os tratamentos, xa que para que se produza a contaminación das viñas fan falta, ademais, outras circunstancias, entre as que está o axeitado desenvolvemento dos gromos para facelos receptivos ao ataque. Nestes intres os viñedos están moi lonxe dese estado xa que só están iniciando a brotación, e concretamente se atopan entre os estados fenolóxicos “Xema inchada” e “Punta verde” (“B” e “C”, ou “03” e “05”, respectivamente, das escalas de Baggiolini e BBCH). Polo tanto AINDA NON HAI QUE APLICAR NINGÚN TRATAMIENTO FRENTE A ESTA ENFERMIDADE.

Plasmopara vitícola - Oosporas (huevos de invierno vistos al microscopio) Plasmopara vitícola - Maduración de la oospora
Excoriose

A excoriose é a patoloxía que precisará a primeira intervención nas viñas, sobre todo se neste período de brotación xúntanse temperaturas suaves-altas con choivas ou humidade relativa moi elevada e se nos viñedos xa se constata a presenza do patóxeno, o que xa é habitual na maioría das fincas (nos demais casos pode obviarse este tratamento). Tamén de momento é cedo para facelo, pero hai que ter en conta que o período de maior sensibilidade das viñas sitúase entre os estados fenolóxicos “Follas incipientes” e “Follas estendidas” (“D” e “E” de Baggiolini), polo que será cando se acaden estes estados cando haxa que tratar cun funxicida autorizado para a enfermidade.

Phomopsis viticola (Excoriosis) - Síntomas en sarmiento Diferentes síntomas de excoriosis
Acariose

A presenza deste ácaro nas fincas pode provocar problemas na brotación, sobre todo se a climatoloxía non é favorable ao crecemento dos gromos e se o ano anterior houbo ataques relevantes. Por iso é conveniente vixiar este momento os viñedos e, se se observan xemas que non abren débese confirmar a causa (pódense enviar mostras aos laboratorios) porque se é debido a estes ácaros haberá que aplicar un tratamento específico. En todo caso, neste inverno recollemos mostras de cerca de 50 viñas de O Condado, O Rosal e O Salnés para avialar as poboacións invernantes e salvo nunha non se rexistrou unha presenza que xustifique a intervención.

Calepitrimerus vitis causante de la Acariosis Colonia de Calepitrimerus vitis_ 30x
Pedroulo e outros gurgullos

Estes escaravellos son outras das pragas que poden provocar problemas na brotación aínda que a súa presenza non é mais que puntual nos últimos anos na nosa zona, polo que unicamente se aconsella vixilancia.

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo Adulto en brote de viña