Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
07/04/2017


VIÑA
Situación xeral observada

Aínda que nas horas centrais do día acádanse temperaturas no entorno dos 25 ºC, as medias diarias están sendo comparativamente mais baixas nestes primeiros días de abril debido a que as temperaturas mínimas non chegan a 10ºC practicamente ningún día na maioría das zonas. Así, na visita que fixemos esta semana ás viñas comprobamos que o desenvolvemento da vexetación é, en xeral, escaso. Si hai fincas onde as plantas mais abrigadas amosan máis vexetación, pero en xeral o desenvolvemento está bastante contido.

Con esta situación, e coa estabilidade climática e os ventos do norte que tivemos, non se rexistran condicións favorables ó desenvolvemento dos PATÓXENOS mais preocupantes no inicio de campaña (mildeu –ou mildio- sobre todo pero tamén black rot nalgunhas zonas) e non observamos, nos diferentes viñedos que visitamos, ningunha incidencia destes organismos. Tampouco apreciamos síntomas de oídio, nin sequera nunha parcela da nosa rede de seguimento que é especialmente susceptible ós ataques do patóxeno. Neste sentido, hai que dicir que as roseiras, que nalgunhas viñas se usan como sistema de alerta para detectar o fungo no viñedo, xa se ven afectadas polo oídio, pero o das roseiras é dunha especie diferente (Sphaerotheca pannosa).

En xeral o desenvolvemento da viña esta contido As roseiras amosan oídio que é diferente do da viña


Canto ás PRAGAS de insectos tampouco observamos en xeral máis que algunhas follas recentemente estendidas con indicios de alimentación de lepidópteros, pero sen importancia, e os primeiros adultos de Altica nunha das nosas fincas de O Condado. Si nos informaron, sen embargo, da aparición dalgúns adultos de gurgullo diferente do pedroulo nunha viña, aínda que sen problemas destacables. Canto ós ácaros, non se ven síntomas de acariose ou de araña vermella, pero si de erinose. Sabemos que a raza deste ácaro que temos en Galicia non é, en xeral, perigosa para os viñedos pero este ano algunhas viñas novas presentan as poucas follas que teñen, é dicir, as mais próximas á vara, fortemente afectadas. Conforme avance o desenvolvemento da vexetación esta incidencia reducirase, pero nestes casos convén observar a evolución das poboacións por se chegan a producir un bloqueo do crecemento.

Primeiros adultos de Altica nunha parcela do Condado Síntomas de erinose no inicio da vexetación

Para os próximos días aínda as previsións apuntan a clima seco. Polo tanto nestes intres non se dan as condicións necesarias para a contaminación primaria do mildio (receptividade da viña, humidade e temperatura suficientes), nin para producir contaminacións por excoriose ou black rot. Tampouco a nivel de pragas hai incidencias destacables, polo que DE MOMENTO NON É PRECISO APLICAR TRATAMENTOS ÃS VIÑAS

MACEIRA
Situación xeral observada

Na revisión das parcelas/plantas da nosa rede de seguimento non se observan PRAGAS, pero dous colaboradores nos informaron da aparición das primeiras colonias de pulgón lanífero. Polo que respecta ás ENFERMIDADES, só atopamos os primeiros síntomas de oídio, pero a porcentaxe de gromos afectados aínda está lonxe do limiar de tratamento.

Brote de manzano con colonia de pulgón lanígero Primeiros síntomas de oídio en maceira
PEREIRA
Situación xeral observada

Canto ás ENFERMIDADES non temos observado presenza de síntomas de ningún patóxeno. No que se refire ás PRAGAS DE INSECTOS, nalgunhas zonas as follas aparecen enroladas lonxitudinalmente debido ó ataque de Dasineura pyri, pero non hai que darlle importancia posto que non soen causar danos máis que en viveiros. Tamén aparecen nalgunhas plantas algúns gromos secos debidos ó ataque do “torcebrotes†(Janus compressus), que tampouco deben ser obxecto de tratamento.

Síntomas de Dasyneura pyri en hoja Detalle del síntoma del ataque de Janus compressus
MARMELEIRO
Oidio

Tamén neste cultivo empezan a aparecer os síntomas de oídio, pero a súa presenza é puntual. Ademais, en xeral estas árbores están en floración, polo que convén non intervir para non prexudicar a polinización en si mesma e a actividade dos insectos polinizadores (abellas e abellóns).

Primeiros sintomas de oidio en marmeleiro
MELOCOTOEIRO
Lepra

Esta enfermidade é endémica na nosa zona, polo que todos os anos aparecen síntomas, sobre todo nas primaveras húmidas. Estes días a climatoloxía non é así, pero ata hai pouco tempo si o era, polo que xa se están a observar árbores afectadas. Para o control desta patoloxía son fundamentais os tratamentos invernais e sobre todo o do inicio da actividade (estado “botón rosaâ€), pero para limitar a súa incidencia pódense aplicar funxicidas autorizados do tipo dodina ou ziram.

Taphrina deformans - Lepra del melocotonero Os sintomas de lepra empezan a ser evidentes
CÃTRICOS
Psila africana (Trioza erytreae)

A aparición dos gromos está contribuíndo a que xa se empecen a observar os ovos e as primeiras ninfas deste insecto. Lembren que a eliminación (e destrución) destes gromos tenros é unha boa medida para limitar as súas poboacións, ó marxe das aplicacións insecticidas.

Ovos de Trioza en gromo de limoeiro Empezan a observarse xa as primeiras ninfas de psila africana Empezan a observarse xa as primeiras ninfas de psila africana
BUXO
Cydalima perspectalis

Nesta semana foron constantes as consultas recibidas, tanto da provincia de Pontevedra como de A Coruña ou mesmo de Asturias, para saber cómo controlar esta praga que se adaptou perfectamente á nosa climatoloxía. Os produtos autorizados son os piretroides (de orixe química), ou o aceite de parafina e o azadiractin (de orixe natural). Sen embargo, hai que ter en conta que é unha praga difícil de eliminar polos niños que constrúe unindo follas ou cos seus propios fíos de seda, ó marxe de polo carácter frondoso dos buxos, polo que hai que ser moi pacientes na aplicación e procurar mollar moi ben a planta, para que o insecticida alcance ó maior número de larvas posible.

Oruga de Cydalimna perspectalis y signos de alimentacion Brote boj con daño de C. perspectalis Hilos de seda de las larvas de Cydalima uniendo dos brotes