Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
12/04/2017


VIÑA Estado fenológico: F (acios visibles) - G (acios separados)
Mildio

No aviso extraordinario de onte alertabamos da aparición das primeiras manchas de mildio nunha viña do concello de Cambados e anunciabamos que hoxe mércores 12 comentariamos se apareceran outros síntomas na revisión das nosas fincas de seguimento que estabamos facendo nese momento. Pois ben, efectivamente atopamos unha MANCHA DE ACEITE na nosa parcela de seguimento de Barrantes (nunha folla próxima ó solo dunha planta nova que tiña gromos longos), e outra na viña de Areeiro (na base dunha vara de aprox. 60 cm de longo). As manchas non presentaban esporulación a ollo nu, pero puidemos observar cunha lupa de peto que en ambos casos se estaba iniciando. Dáse a circunstancia de que, ó marxe das choivas que se rexistraron na provincia a finais de marzo, na estación meteorolóxica de Barrantes da rede de Meteogalicia, desde a noite do día 6 véñense recollendo temperaturas medias do orde de 10-12ºC (ou mesmo 13ºC) xunto a humidade foliar, o que sen dúbida explica alí a aparición das primeiras manchas da campaña, xa que tamén a viña de Cambados atópase cerca da nosa de Barrantes (en San Adrián de Vilariño). Sen embargo, en Areeiro as condicións para a infección primaria non foron tan claras, o que pon de manifesto o valor das revisións ás parcelas.

No resto de fincas non atopamos síntomas, e tampouco nas estacións meteorolóxicas consultadas do seu entorno se deron conxuntamente as condicións mencionadas en Barrantes, xa que ou ben só se produciron temperaturas medias altas (con rexistros de ata 17ºC) ou ben houbo humidade foliar pero con temperaturas máis baixas, inferiores a 10 ºC.

Debido á aparición destas manchas, se non se fan as convenientes revisións ó viñedo será recomendable aplicar un tratamento, que deberá ser realizado tanto máis pronto canto máis receptiva sexa a viña, é dicir, canto mais longos teña os gromos. Como todos sabemos, a estas alturas da campaña aínda se observan fincas onde as plantas apenas están desenvolvidas e presentan gromos de lonxitude máxima 4-5 cm; nestas parcelas poderase retrasar máis a intervención, pero tendo en conta que as previsións meteorolóxicas anuncian, a día de hoxe, certa precipitación a partir do martes 18.
Agora que as plantas non cobren aínda as estruturas de condución, lembren que o volume de caldo debe ser baixo e as boquillas axeitadas para reducir a deriva do tratamento, que levaría o produto fóra da zona a tratar, co que non só se poderían producir danos para a saúde das persoas e do medio ambiente senón que se perdería eficacia na intervención

Ademais, de nada sirve facer un tratamento oportuno e ben aplicado se non se mantén ben segada a vexetación herbácea das vides. Manter a aireación das viñas é fundamental, sobre todo nestes primeiros momentos de campaña, e aínda se observan fincas onde as adventicias acadan máis altura que as plantas



2017_04_17_Mancha mildio de Barrantes sen esporulación visible a ollo nu 2017_04_17_Envés de mancha Barrantes sen esporulación visible a ollo nu Es imprescindible controlar la vegetación adventicia
Oídio

15jun2016_Primer sintoma de oidio en albariño Aínda que xa se empezan a mirar sintomas en plantas ou cultivos especialmente sensibles a esta enfermidade (roseiras, carballos, maceiras...) aínda é cedo para que aparezan nas nosas viñas. Non é preciso tratar.

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Xa é bo momento para instalar as trampas de feromonas para o seguimento das súas poboacións, polo menos nas parcelas máis adiantadas, aínda que lembren que a primeira xeración destas pragas non soe tratarse.

Trampa delta para el seguimiento del vuelo de Lobesia botrana instalada a principios de campaña Macho de Eupoecilia ambigüella Detalle de adulto de Lobesia botrana
Pedroulo e outros gurgullos

Aínda que non os atopamos en ningunha das nosas parcelas de seguimento, si nos informaron da aparición de adultos en diferentes zonas dalgunhas viñas. Co desenvolvemento da vexetación e desde agora xa nos viñedos máis adiantados, non é probable que causen, en xeral, danos. Nos máis atrasados, continuar a vixilancia.

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo Adulto de Otiorhynchus sulcatus en brotación
Outros

Esta semana xa se observan menos indicios de alimentación de lepidópteros ou síntomas de erinose debido ó crecemento dos gromos. Tampouco nesta semana observamos mais adultos de Altica na finca de O Condado onde os detectaramos a semana anterior.

Síntomas de erinosis en vegetación Primeiros adultos de Altica nunha parcela do Condado
MACEIRA
Moteado

Manchas incipientes de moteado Non atopamos os primeiros síntomas nas nosas parcelas de seguimento, onde as plantas amosan unha fenoloxía moi diferente segundo a variedade e/ou zona. Sen embargo, convén prestar atención a se efectivamente, como anuncian as previsións meteorolóxicas, se producen choivas desde martes.

Oídio

Primeiros sintomas de oidio en maceira Apenas notamos variacións na presenza de gromos afectados nas maceiras máis desenvolvidas.

Pulgóns

Na nosa finca de Areeiro atopamos una colonia moi incipiente de pulgón lanífero e outra de pulgón cincento, polo que de momento é cedo para aplicar tratamentos.

2017_04_11_Colonia pulgón lanífero detectada en Areeiro Ninfas y formas ápteras de pulgón ceniciento
Couza da mazá (Cydia pomonella)

Nas parcelas onde a maioría das plantas estean xa en floración ou iniciando o desenvolvemento do froito débense colocar as trampas de feromonas sexuais, que son fundamentais para facer un bo control desta praga.

Instalación de trampa delta en manzano al inicio de campaña Adultos de Carpocapsa pomonella copulando
Outros

En algunhas plantas atopamos algún adulto de Rhynchites bacchus, vistoso escaravello que pode provocar caída prematura de froitos.

Adulto de Rhynchites bacchus en inflorescencia maceira Orificios de puesta y daños de Rhynchites
CERDEIRA
Drosophila suzukii

Nestes momentos de finalización da floración e de comezo da fase de crecemento dos froitos é conveniente instalar trampas para a captura desta mosca, cuxas larvas poden danar as cereixas (ademais doutros froitos como a uva, o kiwi, o melocotón, a fresa, etc) ó alimentarse da súa polpa e favorecer a entrada de diferentes podremias. As trampas pódense construír de xeito sinxelo con botellas plásticas (serven as de auga de 1,5 ou 2 litros) nas que se farán buracos de aproximadamente medio centímetro na parte superior e onde se verterá vinagre de mazá preferiblemente (servirían outros atraentes alimenticios). Hai que ter en conta que non son trampas específicas, polo que capturarán máis especies de insectos.

Macho de Drosophila suzukii y detalles característicos Antenas de Drosophila suzukii
Mosca da cereixa

Adulto de mosca de la cereza en trampa amarilla Tamén se poden instalar xa as trampas amarelas coa feromona desta outra especie nociva, que algúns anos provoca perdas na froita.

PATACA
Mildio

En caso de producirse as precipitacións que se prevén a partir do martes será necesario prestar moita atención á aparición desta enfermidade (ou ben aplicar un tratamento preventivo antes de que se produzan as choivas).

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiu Detalle de síntoma
CARBALLO
Operophtera brumata

Novamente temos que falar das eirugas desta especie de lepidóptero que están a aparecer en diferentes carballeiras da nosa provincia, do mesmo xeito que ocorreu no mes de abril dos dous últimos anos. Nalgúns casos aínda se detectan de xeito puntual, pero noutros xa están causando serias defoliacións, mesmo para xa observar algunhas árbores sen follas. Para protexer estas árbores, e no caso en que a altura e porte dos mesmos o permita, recoméndase unha aplicación insecticida con aceite de parafina, Bacillus thuringiensis kurstaki, deltametrin, diflubenzuron ou tebufenocida.

Arboles defoliados y no defoliados Entramado de sedas de orugas en interior carballeira Oruga de O. brumata