|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
19/05/2017
VIÑA Estado fenológico:
H (botóns florais separados)
- I (floración)
- J (callado da uva)
|
Mildio |
Na semana transcorrida desde o aviso anterior volveu haber, algúns dÃas, condicións favorables ás infeccións secundarias atendendo só á climatoloxÃa debido á presenza conxunta de temperaturas altas e humidade relativa elevada e/ou humidade foliar. Con todo, na revisión ás nosas parcelas de seguimento realizada onte xoves dÃa 18, non observamos novos sÃntomas salvo na nosa finca de Areeiro, concretamente pequenas manchas incipientes nalgunhas plantas control (sen tratamento algún) e nalgunha planta moi esporádica tratada (data da única intervención realizada: 12 de abril). No resto de parcelas non apareceu ningunha mancha nova, nin sÃntomas en acios, e mesmo as manchas antigas e os dous acios afectados que toparamos na revisión anterior presentaban a esporulación inviable ou inexistente.
Porén, no propio dÃa de hoxe 19 de maio, volvemos revisar a nosa finca (Areeiro) e puidemos comprobar que o número de manchas se incrementou fronte a onte, sendo manchas que se desenvolveron esta noite.
Segundo os criterios da “Loita Oportunaâ€, estratexia na que baseamos o sistema de optimización do control do mildio que levamos poñendo en práctica desde hai anos, para que haxa unha nova infección, ao marxe de cumprirse as condicións climáticas requiridas, debe haber sÃntomas viables nos viñedos e, como dicimos, só na nosa finca de Areeiro (tratada hai case 40 dÃas), observamos, na actualidade, manchas neoformadas. Tamén na finca contamos con un captador de esporas (instalado ao amparo dunha colaboración establecida coa Facultade de Ciencias do Campus de Ourense) que recolle unha carga baixa de esporas de Plasmopara viticola.
A dÃa de hoxe, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas non coinciden totalmente nos seus prognósticos en canto a posibilidades de precipitación a curto prazo. No entanto, a maiorÃa delas non prevé precipitacións e si, desde comezos da semana próxima, sol e temperaturas altas. Tendo en conta a variabilidade climática da primavera, aconséllase REVISAR AS VIÑAS XA PROTEXIDAS PARA CONFIRMAR A EFICACIA DO ÚLTIMO TRATAMENTO EFECTUADO e renovalo no caso de que se observen sÃntomas, dado que o acio se atopa nun momento de elevada sensibilidade á enfermidade.
Para asegurar en maior medida un bo estado sanitario pode aproveitarse estes dÃas para facilitar a aireación das vides mediante a sega da vexetación acompañante que, pola humidade e a presenza das inflorescencias de moitas gramÃneas, está moi desenvolvida nalgunhas fincas. Tamén os gromos das propias viñas amosan un bo desenvolvemento, pero de momento, e mentres non remate a floración, é mellor non cortalos
|
OÃdio |
Nesta semana atopamos o primeiro sÃntoma sobre albariño nunha única folla da nosa finca de Areeiro, onde aÃnda non fixeramos a primeira intervención fronte a este patóxeno. No resto de parcelas da nosa rede non observamos presenza do fungo.
|
Botrite |
En ningunha das parcelas da nosa rede de seguimento atopamos sÃntomas sobre os capuchóns florais dos acios ou sobre follas danadas por vento ou sarabia. De feito se, como anuncian a maiorÃa das previsións meteorolóxicas, non se rexistran precipitacións nos próximos dÃas, este momento de risco desaparecerá.
|
Black rot |
A pesar de rexistrarse condicións climáticas favorables algúns dÃas, tampouco nesta semana vimos sÃntomas, nin sequera nas fincas de O Condado onde o patóxeno ten aparecido outros anos.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Nesta semana vimos os primeiros glomérulos en todas as comarcas, aÃnda que de forma moi puntual. AÃnda asÃ, as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas continúan en niveis baixos, ou ben non as hai. Non é necesario tratar.
|
Cicadélidos |
As capturas, nas trampas cromáticas amarelas, de mosquito verde (Empoasca vitis) e de Zygina rhamni están a ser moi reducidas, ou practicamente inexistentes, nas nosas parcelas de seguimento esta campaña. Tampouco observamos ninfas de calquera destas especies (ou mesmo de Scaphoideus titanus) nas mostraxes de follas. Con todo, se para a semana próxima se da unha mellorÃa do tempo con ascenso das temperaturas, pode suceder que sufran algún incremento.
|
Altica |
A primeiros de abril informamos da presenza dos primeiros adultos deste esfollador na nosa parcela de seguimento de O Condado, aÃnda que despois non observamos larvas. Pois ben, nesta semana observamos algúns adultos apareándose, postas e larvas. Mesmo xa se aprecian os caracterÃsticos sÃntomas da súa alimentación. O mesmo ocorre na nosa finca de Areeiro. De momento non está xustificada a aplicación dun tratamento, pero si é necesario incrementar a vixilancia
|
Ãcaros |
Na parcela de O Condado onde a semana anterior atoparamos os primeiros dous exemplares de Calepitrimerus vitis vimos unha folla cos primeiros sÃntomas que, na lupa, presentaba outros dous individuos. Con todo, nas demais fincas que visitamos non atopamos sÃntomas (só os habituais da erinose). Incrementar a vixilancia.
|
Outros |
Continuamos observando nalgunhas viñas os sÃntomas da alteración de orixe non biótico referidos na semana anterior. Porén, nesta semana non se incrementou a súa incidencia.
|
MACEIRA |
Moteado |
As condicións ambientais de dÃas pasados, pese a ser favorables ás infeccións, non deron lugar á aparición dos primeiros sÃntomas do fungo nas nosas parcelas de seguimento. É máis, mesmo a nespereira, árbore moi sensible ao moteado (causado, iso si, por un fungo diferente - Fusicladium eriobotryae-), este ano presenta as follas e os froitos limpos, o que non é normal noutras campañas. Manter a vixilancia.
|
OÃdio |
Nesta semana unicamente notamos un incremento dos sÃntomas nos gromos dunha variedade sensible da nosa finca de Areeiro. Manter a vixilancia.
|
Pulgóns |
Observamos un incremento nas colonias de pulgón cincento e pulgón verde (non de lanÃfero) nas parcelas da nosa rede, onde non se realizou tratamento algún. Lembren que é importante prestar especial atención á primeira especie, cuxos ataques poden deformar os froitos, e ao pulgón lanÃfero. En caso de ter que tratar débese ter en conta que cando as follas están enroladas só serán eficaces os insecticidas sistémicos; moitos deles teñen efectos negativos sobre as abellas, co que, para minimizalos, débese intervir nos momentos de menor actividade destes insectos.
|
Couza da mazá (Cydia pomonella) |
En ningunha das trampas das nosas parcelas de seguimento tivemos capturas esta semana.
|
PATACA
|
Mildio |
Na nosa finca de Areeiro (non tratada), non observamos os primeiros sÃntomas desta enfermidade pero si noutras que temos revisado esta semana. En todo caso, se finalmente queda o tempo seco, non deberÃan avanzar estes sÃntomas.
|
Escaravello e Pulguiña da pataca |
Continúan observándose adultos destes dous escaravellos nas fincas nas que non se fixeron tratamentos insecticidas.
|
BUXO
|
Cydalima perspectalis |
Se ben a semana pasada informamos de que aÃnda se atopaba a praga no estado de crisálida, o dÃa de hoxe observamos os primeiros dous adultos da segunda xeración no sebe da nosa finca de Areeiro. Con todo, nunhas plantiñas de viveiro que mantemos enmalladas o insecto permanece aÃnda sen evolucionar a adulto, e o mesmo sucede nalgunhas crisálidas que temos localizadas nas fincas. É imprescindible estar atentos á aparición das primeiras eirugas para poder tratar tan pronto aparezan os primeiros sÃntomas e evitar asà as grandes defoliacións que poden producir.
|
|