|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
16/06/2017
VIÑA Estado fenológico:
K (tendendo a tocarse xa os grans)
|
Mildio |
Segundo a bibliografÃa, os esporanxios deste fungo desactÃvanse tras máis de 8 horas de temperaturas superiores a 30 ºC. Pero tamén sabemos que as condicións de temperaturas altas unidas a unha humidade relativa elevada e/ou a precipitación ou orballos son moi favorables ao desenvolvemento do fungo. Pois ben, desde o aviso anterior houbo varios dÃas compatibles coa desvitalización dos esporanxios, pero máis acusadas foron aÃnda as condicións para a esporulación do fungo: practicamente todas as noites houbo temperaturas mÃnimas de 14-17 ºC (ou mesmo ata 18,3 ºC -estación de Meder o dÃa 13- ou 19 ºC –en Eiras esta última noite-), humidades relativas medias de 86-94% (non nesta última noite) e humidade foliar durante boa parte das horas nocturnas (a esporulación do mildio ten lugar de noite sempre que se dean, durante un mÃnimo de 4 horas, temperaturas superiores a 13 ºC e humidade relativa superior ao 92% -ou humidade foliar-). A estas condicións tan favorables hai que engadir a mañá de precipitación/tronada do dÃa 13 durante a que houbo tamén moita temperatura, que continuou cunha tarde soleada e calorosa.
De feito, o volume de esporas no captador que temos entre as dúas liñas testemuña na viña de Areeiro, se xa fora moi elevado a semana anterior (707 esporas/m3), acadou esta semana niveis excepcionais, cun máximo de 3.560 esporas/m3 o martes dÃa 13.

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
Estas condicións extremadamente favorables tiveron o seu reflexo nas viñas. Na visita ás parcelas da nosa rede, a outras que visitamos e segundo deducimos das consultas de viticultores, hai manchas novas aparecendo en todas as fincas, mesmo en variedades pouco sensibles, e tamén nalgunhas hai os primeiros sÃntomas no acio. Da mesma situación nos informaron algúns colaboradores, sobre todo da zona de O Rosal. E, loxicamente, nas plantas testemuña, case a totalidade de follas e todos os acios aparecen con sÃntomas que en moitos casos acadan a toda a superficie. Ante esta situación haberá que renovar canto antes os tratamentos, quen non o fixera xa despois das choivas do martes, en cuxo caso é IMPRESCINDIBLE comprobar que a intervención foi eficaz.
|
OÃdio |
A pesar de que algúns dÃas e durante varias horas as condicións climáticas tamén son favorables ás infeccións por este fungo, a incidencia, polo menos nas fincas que nos visitamos, é inferior. Si é certo que apareceron novos sÃntomas mesmo en plantas tratadas, pero de xeito esporádico. Debido a que aÃnda a viña se atopa en perÃodo sensible ao fungo é conveniente seguir engadindo un antioÃdio cando se realice un tratamento antimildiu, sobre todo porque o patóxeno é moi difÃcil de frear cando se estende na viña.
|
Botrite |
Fronte ao mildio, a carga de esporas deste patóxeno sigue en niveis moi baixos, pero tampouco hai de momento unhas condicións ambientais tan favorables a este fungo. Iso sÃ, naquelas viñas que teñan sufrido un forte ataque de midio estes dÃas, as follas e acios (ou parte deles) que se necrosen e sufran roturas serán portas de entrada á botrite baixo condicións favorables, o que terá que considerarse no futuro.

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
|
|
Black rot |
Non atopamos novos sÃntomas, nin en folla nin en acio, nas fincas de O Condado onde aparecera anteriormente a enfermidade.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Na práctica totalidade de parcelas onde temos instaladas trampas de feromona se incrementou (só lixeiramente, iso si) o número de machos de Lobesia botrana capturados, o que indica que se iniciou a segunda xeración en todas as zonas. Ademais, tamén observamos algún glomérulo (puntualmente) e vimos tamén o primeiro ovo nun gran. Con todo, de momento non é necesario tratar.
|
Cicadélidos |
Nas nosas parcelas de seguimento onde temos instaladas trampas amarelas para a captura dos adultos destes insectos, as poboacións seguen a ser reducidas. Só destacou a parcela de seguimento de Vide (O Condado), onde desde a semana anterior recollemos 60 individuos, lonxe aÃnda das 250 capturas por trampa e semana que está establecido como limiar de tratamento (e que se está a revisar porque se pensa que está sobreestimado). E, do mesmo xeito que a semana anterior, a presenza de ninfas nas follas continúa lonxe do limiar correspondente (1-2 ninfas/folla para Empoasca vitis). Tampouco observamos aÃnda as primeiras ninfas de Scaphoideus titanus nas fincas nas que se teñen detectado poboacións desta especie outros anos.
Lembren que os sÃntomas que unha elevada poboación poderÃa chegar a producir poden ser confundidos con outras alteracións bióticas (por exemplo alteracións de madeira) ou abióticas (seca, carencias...) que se están a manifestar estes dÃas pola climatoloxÃa reinante
|
Altica |
Nesta semana incrementáronse máis os sÃntomas na nosa parcela de seguimento de Vide, pero ao afectar sobre todo a follas vellas de baixa eficiencia fotosintética carecen de importancia.
|
Ãcaros |
Tampouco nesta semana observamos sÃntomas, nin detectamos poboacións, nas parcelas da nosa rede de seguimento, noutras que visitamos ou nas mostras recibidas na Estación. Porén si continúa incrementándose a presenza de erinose nos gromos novos dalgunhas fincas.
|
Outros |
Coas condicións climáticas desta semana nas plantas afectadas por alteracións da madeira empezan a observarse, ou se incrementan, os sÃntomas asociados. Lembren que si afectan a un só brazo pode eliminarse (aplicando mástic con funxicida no corte) e que si non é asà é conveniente marcar as plantas afectadas.
Tamén nesta semana empezamos a observar puntualmente os sÃntomas tÃpicos dunha insolación excesiva (golpe de sol) nos grans daquelas fincas en que o esfollado se fixo dun xeito demasiado intenso, non moderado.
|
PATACA
|
Mildio |
As condicións nocturnas favorables que se rexistraron esta semana provocaron que mesmo en fincas onde o anterior tratamento estaba aÃnda recente, continuasen aparecendo sÃntomas e esporulación viable. Por este motivo, se non se renovou estes últimos dÃas a intervención, será preciso facelo. E, como dixemos a semana anterior, será imprescindible nestes casos prestar atención ao prazo de seguridade nas fincas onde se estean a levantar plantas para aproveitar os primeiros tubérculos.
|
BUXO
|
Cydalima perspectalis |
Continuamos sen observar sÃntomas claros da alimentación das eirugas, tanto nas sebes de Areeiro como en outras que fomos revisar. Si topamos máis postas eclosionadas, algunhas larvas aÃnda moi pequenas e un adulto máis. Nós continuaremos agardando antes de facer a intervención para poder informar da evolución da praga e indicar cándo si será conveniente realizar o primeiro tratamento fronte a esta xeración.
|
|