|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
23/06/2017
VIÑA Estado fenológico:
K- L
|
Novamente esta semana temos que referirnos á fenoloxÃa debido ao adianto que presenta en relación á campaña precedente debido ás condicións de clima máis seco e caloroso que se suceden. De feito, aÃnda que a fenoloxÃa dominante observada esta semana é a referida anteriormente, en variedades moi temperás de zonas especialmente cálidas de O Condado xa empezamos a ver uvas con cambio de cor, e mesmo algunha variedade coa totalidade dos grans virados de cor.
No ano anterior o peche do acio produciuse cara a metade de xullo, e os primeiros grans virados de cor observarámolos na primeira semana de agosto. Con estes datos, todo parece apuntar a que a vendima se vai adiantar este ano, pero aÃnda queda marxe para que a situación se reverta segundo o sucedido noutros anos en que tamén se falaba de adianto pero que finalmente a vendima tivo lugar só uns dÃas antes do habitual
|
Mildio |
Desde a emisión do aviso anterior as condicións climáticas foron semellantes ás da semana precedente, aÃnda que houbo un lixeiro descenso nas temperaturas mÃnimas (salvo as noites do 17, 20, 21 e/ou 22) que con todo se mantiveron excepcionalmente altas, da humidade relativa media e do número de horas de humidade foliar (neste caso salvo nalgunhas estacións da comarca de O Salnés). Canto ás máximas, o dÃa 22 houbo en xeral en torno a 8 horas por riba dos 30 ºC (os esporanxios poderÃan desvitalizarse), e o resto de dÃas segundo recollen as estacións meteorolóxicas mantivéronse en valores inferiores aos previstos, aÃnda que a sensación térmica daba a entender que os rexistros eran máis elevados.
Na nosa revisión ás viñas volvemos visitar máis fincas das propias da nosa rede de seguimento, estas últimas tratadas tras as choivas do dÃa 13 pasado. Puidemos observar cómo non apareceron sÃntomas novos nas follas (si nas plantas testemuña sen tratar) e como os que se detectaran nos acios a semana anterior aparecÃan aparentemente curados. Neste sentido, esta semana, aparte do captador de esporas ao que facemos referencia nestas últimas semanas, situado entre as filas testemuña de Areeiro, colocamos un portátil entre dúas filas tratadas que non da medicións en continuo. Pois ben, no mesmo dÃa e franxa horaria, mentres no primeiro se recolleron 775 esporas/m3, no segundo habÃa só 17/m3.
Con todo, e como xa dixemos, tamén visitamos viñas das que descoñecemos o historial de intervencións, con sintomatoloxÃa viable nos acios, manifestada tanto na forma da esporulación branca tÃpica saÃndo dos grans como na forma do mildio larvado, o que é un problema bastante complicado de xestionar.
As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas apuntan probabilidades de entre 35 e 85% de precipitación para varios dÃas da semana próxima aÃnda que a dÃa de hoxe non anuncian choivas de elevada contÃa. Tamén anuncian descenso de temperaturas, pero en xeral as nocturnas serán aÃnda favorables ao patóxeno. Por iso, e pese a que xa ao aproximarse o pintado (“envero†ou virado da cor) a uva non é tan susceptible, non hai que descoidar a vixilancia, revisando as viñas e tratando se aparecen novos sÃntomas, en especial o mildio larvado que, como todos sabemos, é un problema complicado de xestionar.
A partir de agora lembren que xa son recomendables os tratamentos con produtos que incorporen o cobre no formulado
|
OÃdio |
Naquelas viñas nas que xa se acadou o peche do acio, o risco de danos por esta patoloxÃa redúcese sensiblemente. De feito, na xeneralidade de parcelas que visitamos apenas observamos algúns grans co micelio do fungo, pero só en acios puntuais. Con todo, ata acadar o virado aÃnda hai risco de ataque, e as néboas e nubes dalgúns dÃas, que xa foron bastante persistentes por zonas, son condicións favorables, polo que aÃnda hai que manter a vixilancia.
|
Botrite |
Nesta semana a carga de esporas no captador que temos entre as filas testemuña da viña de Areeiro sufriu un lixeiro incremento, pero non observamos sÃntoma algún en ningunha viña, aÃnda que si miramos algún rachado fisiolóxico nalgún gran illado que pode ser vÃa de entrada para este patóxeno.

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
|
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Canto a capturas nas trampas de feromona, a situación observada nas nosas parcelas de seguimento é de escasos machos de Lobesia botrana ou ningún. Tamén a presenza de sÃntomas, tanto nas parcelas da nosa rede como noutras que visitamos, é anecdótica. Non é necesario tratar.
|
Cicadélidos |
Unha vez máis temos que falar de capturas moi reducidas nas trampas amarelas que temos instaladas nas fincas da nosa rede de seguimento. Debido ás escasas poboacións, e aÃnda que é cedo, xa colocamos máis trampas para a captura de adultos de Scaphoideus titanus na zona fronteiriza con Portugal, paÃs onde xa está detectada a enfermidade que transmite, a flavescencia dourada, que nunca apareceu na nosa comunidade. Canto ao reconto de ninfas nas follas, seguen en cifras inferiores aos limiares de tratamento.
|
Altica |
Nesta semana non notamos cambios no número de follas sintomáticas na nosa parcela de seguimento de Vide.
|
Ãcaros |
Aparte de que continúan a aparecer novos sÃntomas de erinose nas follas tenras de moitas parcelas, nunha das viñas que visitamos esta semana na zona de Barrantes (Salnés) atopamos sÃntomas que apuntaban a acariose e que confirmamos á lupa. Con todo, aÃnda non se acadaba o limiar de tolerancia, pero visitaremos o viñedo a próxima semana para confirmar a evolución da poboación.
|
Outros |
Do mesmo xeito que a semana precedente continúan aparecendo sÃntomas de alteracións da madeira e tamén, nas viñas nas que se fixo un esfollado intenso, acios afectados por golpe de sol.
|
PATACA
|
Mildio |
En xeral non observamos novos sÃntomas nas fincas que visitamos pero é necesario lembrar que, si se producen as choivas que anuncian as axencias meteorolóxicas para a semana próxima haberá condicións moi favorables (que en realidade xa o son actualmente debido á humidade relativa e á humidade foliar). Lembren que naqueles casos nos que se estea a levantar o cultivo é preciso respectar escrupulosamente o prazo de seguridade dos funxicidas.
|
Varios insectos (pulguiña da pataca –Epitrix spp.-, couza da pataca…) |
Precisamente para aqueles casos en que se estea a producir a colleita, ou que estea próxima, lembren que os restos do cultivo deben ser eliminados (e nunca deixar os tubérculos nas fincas, menos aÃnda cubertos polas ramas) para evitar que sirvan de refuxio para estas pragas.
|
BUXO
|
Cydalima perspectalis |
Nesta semana, tanto na zona sur de Pontevedra como nos arredores da propia cidade observamos xa sÃntomas evidentes do ataque das eirugas desta praga, e mesmo nos informaron dunhas sebes xa bastante defoliadas. Tamén continuamos observando postas novas, o que indica que os adultos continúan voando. Por estes motivos, é bo momento de iniciar os tratamentos fronte a esta xeración para tratar de evitar danos máis graves.
|
PLÃTANO DE SOMBRA
|
OÃdio |
As condicións climáticas están a ser favorables a diferentes especies de oÃdio, e no caso dos plátanos de sombra está a observarse unha importante presenza do seu caracterÃstico micelio branco-gris nas follas máis tenras ou terminais.
|
Tigre do plátano |
En varias localidades da provincia tamén se está observando o sÃntoma caracterÃstico dos ataques deste insecto: picaduras nas follas de cor amarela - marrón. Se a súa presenza se incrementa pode dar defoliación prematura das plantas, co que deixan de aportar sombras. Lémbrase que os insecticidas autorizados para este uso no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio son alfa cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC] P/V.
|
|