|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
14/07/2017
VIÑA Estado fenológico:
L
|
O tempo soleado que en xeral estamos a ter neste verán permitiu que nestas datas xa se empecen a observar nas viñas máis adiantadas os primeiros acios de Albariño co brillo caracterÃstico do inicio do pintado. Loxicamente non é a situación máis habitual nas viñas e só a observamos en dúas fincas de O Condado pero é significativo que se aprecie a estas alturas.
|
Mildio |
En xeral, durante os dÃas transcorridos desde o aviso anterior, as condicións climáticas foron estables, con mantemento de temperaturas altas tanto de dÃa como de noite, humidade relativa en valores medios e poucas ou ningunha hora de humidade foliar. Como é sabido estas condicións non favorecen o desenvolvemento do fungo causante do mildio (Plasmopara viticola) co que, como era previsible, tivemos un descenso significativo na carga de esporas do fungo recollida polo captador situado entre as filas sen tratamento da viña de Areeiro.
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
Estas condicións tamén tiveron o seu reflexo na situación das viñas canto á presenza de sÃntomas: en xeral non teñen aparecido manchas, e só nalgunhas viñas cun desenvolvemento elevado de gromos atopamos manchas novas a consecuencia das choivas acontecidas a finais da semana pasada. Pola súa banda, os acios aparecen totalmente libres de mildio nas parcelas tratadas, xa que a súa sensibilidade é menor a estas alturas, e en xeral están moi sas porque en realidade nesta campaña a virulencia da enfermidade pódese considerar reducida.
Para os próximos dÃas as diferentes axencias meteorolóxicas anuncian tempo globalmente estable, aÃnda que algunhas prevén precipitación para mércores 19 e/ou xoves 20, o que fará que se incremente o risco. Polo tanto, de momento só se estima necesario continuar a vixilancia á espera de comprobar a evolución da fenoloxÃa nestes dÃas (lembren que desde o pintado o fungo non afecta ao acio) e das posibles precipitacións que poidan chegar, que en principio xerarÃan novos sÃntomas a partir do domingo 23 ou luns 24.
É fundamental o control do excesivo desenvolvemento da vexetación e do exceso de gromos novos que se observa nalgunhas viñas para evitar calquera dano potencial que se poida producir nos acios, que maioritariamente aÃnda non iniciaron o pintado
|
OÃdio |
Nas parcelas da nosa rede de seguimento só observamos sÃntomas sobre un par de acios dunha planta da comarca de O Rosal. No resto de fincas, a situación dos acios é moi sa, e só nalgunhas follas esporádicas apareceron pequenos puntos con presencia do fungo.
|
Botrite |
Continuamos sen ter condicións climáticas favorables ás infeccións, e de feito a carga de esporas deste fungo que se recolle no captador situado entre as filas testemuña da nosa finca de Areeiro é baixa.
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Continúan sendo reducidas as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas das nosas parcelas de seguimento. Canto ás postas (ovos) e ás penetracións das eirugas, datos que son fundamentais para decidir se tratar ou no, nesta semana tampouco observamos en ningunha das viñas.
|
Cicadélidos |
Despois de semanas de falar da práctica ausencia de cicadélidos capturados nas trampas, na revisión que fixemos o mércores dÃa 12 si observamos un aumento importante no número de adultos de Empoasca vitis que se recolleu nunha das nosas parcelas de seguimento de O Salnés. Trátase dunha situación excepcional nas nosas viñas, porque no resto segue a manterse a situación anteriormente referida, e de feito nalgunha delas non se recolleu practicamente ningún exemplar a estas alturas do ano. No que a recontos de ninfas nas follas se refire, apenas as atopamos, e ningunha aÃnda de Scaphoideus titanus.
|
Ãcaros |
Continúa a situación de ausencia de sÃntomas de acariose ou de araña vermella, e de individuos nas follas que recollemos para a súa visualización baixo a lupa. Tampouco nas mostras de viña recibidas na Estación os atopamos. Iso si, nas fincas con maior presencia de erinose os sÃntomas son agora máis visibles debido á coloración escura dos pelos da viña hipertrofiados que xa empeza a observarse.
|
Outros (trips, enfermidades de madeira e golpes de sol) |
Na viña de O Salnés onde a semana anterior apareceron poboacións de trips comezamos a ver esta semana sÃntomas máis evidentes, apreciándose efectos no crecemento dos gromos afectados (aspecto achaparrado, achatado). Ademais, a observación ao microscopio dos individuos preparados a partir das mostras recollidas a semana anterior levaron a identificalos como pertencentes á especie Drepanothrips reuteri (poden consultar información sobre este trips na nosa ficha técnica número 62, Drepanothrips reuteri Uzel (1895). Thrips da vide.). Baixo a lupa observamos que de momento as poboacións non son moi elevadas, polo que seguiremos esperando a ver a evolución antes de tomar a decisión de recomendar aplicar un tratamento.
Canto ás enfermidades da madeira e os golpes de sol, a situación estabilizouse esta semana, aÃnda que de seguir este clima seco (que non dan todas as previsións) sen dúbida continuarán aparecendo.
|
HORTÃCOLAS EN RECOLECCIÓN |
Varias pragas |
Naqueles cultivos como o tomate ou a pataca onde se están a levantar plantas pola colleita, lémbrase a importancia de eliminar todos os restos das fincas, pois poden albergar a diferentes pragas. Todos sabemos que o máis habitual é non retiralos (sobre todo nas patacas), pero coa súa eliminación reducimos o nivel das poboacións dos parasitos para o ano seguinte.
|
BUXO |
Cydalima perspectalis |
Continúan avanzando os sÃntomas nas sebes non tratadas, paralelamente ao incremento do tamaño das eirugas. Tamén nesta semana observamos novos adultos.
Lembren que nos tratamentos poden utilizar produtos naturais como o aceite de parafina ou o azadiractin, ou senón cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética). En todos casos débese mollar moi ben as plantas, mesmo no interior das sebes
|
CAMELIA |
Ãcaro del botón floral (Cosetacus camelliae) |
A elongación dos gromos é o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro, e nestes dÃas está a iniciarse en moitos cultivares. Na actualidade, as materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelio son abamectina, aceite de colza + piretrinas, aceite de parafina, xofre e oxamilo.
|
|