|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
11/08/2017
VIÑA Estado fenológico:
N [estados 85-(89) da codificación BBCH]
|
Co aviso desta semana finaliza este ano a publicación dos Avisos Fitosanitarios SEMANAIS polo adiantado da campaña. Con todo, e como facemos todos os anos, seguiremos emitindo novos avisos ou información fitosanitaria cando sexa necesario, pero xa sen unha periodicidade fixa.
Un ano máis temos que agradecer a colaboración dos agricultores que nos permiten desenvolver as nosas experiencias nas súas fincas para que poidamos emitir os Avisos. Agradecemos tamén a súa colaboración aos técnicos e agricultores que nos informan das súas observacións para poder dar unha visión máis ampla da situación dos cultivos. E, loxicamente, o noso agradecemento a todas aquelas persoas que nos len e nos alentan a continuar a publicación dos Avisos Fitosanitarios. Moitas grazas a todos eles.
|
Como é sabido e xa dixemos en repetidas ocasións, a vendima este ano vaise adiantar, de xeito significativo nalgunhas comarcas, polo que mesmo é posible que, como falan algúns viticultores, haxa posibilidades de facer unha segunda vendima no outono dos acios que medran nos gromos coñecidos como netos (“rebuscosâ€), e que, en xeral, segundo comprobamos nas nosas visitas ás viñas, son abundantes, están sas en xeral e teñen bo tamaño.
Canto ao grao alcohólico das mostras de Albariño que recollemos nalgunhas fincas esta semana, os valores obtidos foron:
- Comarca de O Condado.- Corzáns: 8.34º; Meder: 9.73º; Vide: 12.56º
- Comarca de O Rosal.- Eiras: 8.01º; Pazo: 9.39º
- Comarca de O Salnés.- A Modia: 8.8º; Barrantes: 7.7º; Castrelo: 8.8º
|
Mildio |
Nunha campaña caracterizada pola escaseza, ou case ausencia en certos lugares, de choivas, a situación das viñas neste momento final é moi boa, e mesmo plantas abandonadas que invaden muros ou bordes de fincas, e que outros anos presentan abundante presenza de manchas e outros danos, este ano están case libres de sÃntomas. Tamén as plantas testemuña que temos sen tratar nas fincas manteñen boa parte da súa masa foliar, cando outros anos a estas alturas xa estarÃan practicamente sen follas.
Na visita desta semana ás viñas da nosa rede de seguimento habitual e a outras que visitamos reflectiuse que non houbo condicións favorables ás infeccións secundarias e/ou á esporulación desde finais da semana anterior, pois apenas atopamos manchas moi esporádicas nas follas máis tenras e as que topamos, basicamente nas plantas testemuña, non presentaban esporulación do fungo. Pola súa banda, os acios están sas e tampouco temos referencia, por parte doutros técnicos ou viticultores, de que haxa danos noutras fincas.
As previsións meteorolóxicas continúan anunciando, a dÃa de hoxe, tempo seco de cara á primeira parte da próxima semana e só cara finais apuntan probabilidades medias de precipitación, en principio lixeira, de escasa contÃa, e só algúns dÃas. Con esta situación, non deberán aparecer novos sÃntomas de forma significativa e polo tanto non será preciso aplicar máis tratamentos antes da vendima porque a maduración non se verá comprometida por potenciais defoliacións.
De cambiar o tempo de xeito significativo antes da vendima será fundamental garantir a adecuada ventilación doa acios pero asegurando que manteñan follas nas varas produtivas, xa que levamos observando esfollados demasiado intensos que prexudicarán sen dúbida a boa maduración dos acios que portan
|
OÃdio |
Pese a ter habido repetidamente, ao longo da campaña, condicións que favoreceran a este patóxeno, a realidade é que, salvo moi contadas excepcións, apenas houbo presenza en Albariño, e mesmo na nosa parcela de seguimento de Castrelo, moi sensible á enfermidade, este ano os acios están totalmente libres do patóxeno, e tamén os rebuscos ou acios máis tardÃos. Como sabemos, estes últimos son os únicos que neste momento poden verse afectados, aparte de follas e varas.
|
Botrite |
Desde os últimos dÃas de xullo diminuÃu a carga de esporas recollida no captador que temos entre as filas testemuña da nosa finca de Areeiro, e asà en todas as fincas que visitamos a ausencia de sÃntomas deste fungo é practicamente total.
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
En realidade so observamos un acio de Albariño afectado no entorno dunha penetración de couza do acio. Canto ás variedades máis sensibles, en xeral as máis susceptibles como Treixadura amosan en xeral moi bo aspecto e só nesta semana vimos un lixeiro incremento na presenza de fendas nas uvas de Loureira que hai nunha das fincas das nosa rede debido ao incremento de tamaño do froito. AÃnda asÃ, o tempo seco e a boa ventilación dos acios evitou, de momento, a instalación do fungo sobre a ferida que está empezando a podrecer, o que incide unha vez máis na conveniencia de prestar moita atención ás operacións culturais que contribúan á aireación dos acios.
Pese ao indicado, nas variedades e/ou zonas máis tardÃas e cando non existan limitacións para o último tratamento, aÃnda pode ser conveniente facer unha última aplicación se realmente cambia o tempo e continúan aparecendo danos de calquera tipo (fisiolóxicos, por paxaros, por penetracións de eirugas, polas rozas baixas...) nas uvas
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Nesta semana as capturas de Lobesia botrana nas trampas das nosas parcelas de seguimento mantivéronse en niveis extremadamente baixos salvo na finca de Tollo, onde pasamos de 3 a 19 machos recollidos. Canto a sÃntomas nos acios, non vimos postas pero si un par de buracos en senllos grans e uvas afectadas nalgúns acios, pero sempre por debaixo dos limiares de tratamento. Tamén fomos informados por outros técnicos do incremento de sÃntomas nalgunhas fincas. No caso de que se superen os limiares de tratamento e non haxa limitacións por parte das adegas, hai produtos rexistrados para este fin que non teñen prazo de seguridade pola súa inocuidade (como Bacillus thuringiensis) ou con prazos de seguridade moi curtos, de 3 ou 7 dÃas (azadiractin, outros reguladores do crecemento como indoxacarb ou algúns piretroides). Porén, os tratamentos realizados con algúns destes produtos hai que situalos en momentos concretos do ciclo da couza, polo que nestes casos é aconsellable o asesoramento técnico.
|
Cicadélidos |
A pesar de que no aviso anterior falabamos de que en Tollo se superaba o limiar de tratamento canto a capturas nas trampas, nesta semana continuaba sen haber sÃntoma algún da súa actividade e de feito o número de insectos recollido apenas se incrementou. Tamén os recontos de ninfas nas follas estiveron esta semana en niveis similares aos das revisións anteriores.
Canto ao cicadélido vector da flavescencia dourada, Scaphoideus titanus, aÃnda non capturamos os primeiros exemplares en ningunha das trampas que temos nas viñas de Pontevedra, pero si recibimos unhas trampas de Ourense onde apareceron uns exemplares en mal estado que estamos a analizar para confirmar a especie e que, caso de confirmarse, serán analizados tamén para ver se levan o patóxeno, que nunca foi detectado en Galicia.
|
Trips |
Do mesmo xeito que a semana anterior, os únicos sÃntomas que vemos destes insectos seguen confinados nos gromos terminais da finca de O Salnés onde os observaramos.
|
Ãcaros |
Temos que destacar unicamente a presenza de novos sÃntomas de erinose de verán que continúan a aparecer nos novos crecementos, nun ano en que realmente o seu axente causal, Colomerus vitis, foi o ácaro máis amplamente distribuÃdo nas nosas viñas.
|
Outros |
A ausencia de precipitación destacable continúa favorecendo que aparezan plantas con sÃntomas de seca, e tamén a elevada luminosidade sobre as caras expostas dos acios está favorecendo a expresión dos golpes de sol. Do mesmo xeito, o clima deste ano favoreceu, como sabemos, que se manifesten máis plantas con sÃntomas de alteracións da madeira, que non esquezan deben ser marcadas (nos brazos afectados ou a planta enteira) para que estean ben identificadas no momento da poda.
|
DIVERSOS FRUTAIS | Moscas das froitas e podremias |
Diferentes especies de árbores froiteiras teñen os seus froitos en fase de maduración/recolección (pexegueiros, algunhas variedades de maceira ou pereira, figos...) e estase a observar algúns froitos na árbore en fase de podremia e tamén caÃdos ao chan, algúns xa con presenza de certos fungos oportunistas. Algunhas destas podres iniciáronse polas picaduras de insectos para inserir os seus ovos (algunhas moscas) ou para alimentarse deles (avespas), pero outras son debidas a outras causas, fundamentalmente paxaros. Como sempre dicimos estes froitos deben ser eliminados co fin de evitar que continúen o seu desenvolvemento as especies de dÃpteros (que cada ano son máis frecuentes na nosa zona) e que se estenda a contaminación polos fungos oportunistas. |
PATACA |
Corazón oco | Este ano estamos a recibir un bo número de mostras de tubérculos cunha alteración de orixe non biótico (fisiopatÃa) que recebe o nome de “corazón ocoâ€. Non ten sÃntomas no exterior, e maniféstase por un ou máis buracos no centro da pataca que soen presentar nas paredes internas unha capa máis escura de tecido suberificado. Esta alteración está causada por un desequilibrio hÃdrico consecuencia do rápido alongamento dos tecidos externos fronte aos internos máis profundos.
|
|