|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
SITUACIÓN FITOSANITARIA DA VIÑA NO MOMENTO DA VENDIMA
25/08/2017
VIÑA Estado fenológico:
N [estado 89 –grans listos para a colleita- da codificación BBCH]
|
Esta semana marcou o inicio da vendima na maiorÃa das comarcas, o que supón un adianto de 3-4 semanas, segundo zonas, fronte ao máis habitual debido ao clima seco e cálido deste ano. De feito, mesmo puidemos comprobar que xa nas fincas máis adiantadas os rebuscos están comezando a tomar a cor de maduración, o que é aÃnda máis sorprendente.
|
Onte xoves dÃa 24 fixemos unha última revisión a algunhas das nosas parcelas de seguimento e a outras fincas para coñecer en qué situación se atopaban. Asà mesmo, recollemos mostras de uvas en sitios onde non comezou a colleita e tivemos os seguintes valores de grao alcohólico en Albariño:
- Comarca de O Condado.- Albeos (Crecente): 11.96º; Vide (as Neves): 13,8º
- Comarca de O Rosal.- Eiras: 10.32º
- Comarca de O Salnés.- Castrelo: 12.4º
- Comarca de Pontevedra.- Areeiro: 12.1º
|
ENFERMIDADES |
A situación xeral observada responde a un ano no que as patoloxÃas máis comúns nas nosas viñas (mildio, oÃdio e mesmo podre) non causaron danos. Como todos sabemos, o mildio non amosou apenas agresividade máis que nun momento puntual cara inicio da campaña, pero despois, a pesar de ter habido condicións favorables ás infeccións secundarias, foi perfectamente controlado polas aplicacións funxicidas, e mesmo nas plantas testemuña apenas causou máis danos tras aquel momento e aÃnda agora presentan follas sen apenas manchas alternando con follas afectadas por manchas de aceite novas (escasas) e mildio en mosaico.

Canto ao oÃdio, aÃnda que as condicións climáticas deste ano puideron favorecer o seu desenvolvemento, a realidade é que apenas houbo incidencia máis que en plantas de variedades tintas moi sensibles, e mesmo os rebuscos de Albariño, que no entorno da vendima soen estar totalmente cubertos de micelio, aparecen sas ou con apenas uns poucos grans afectados.
A botrite ou podremia tampouco está a presentar unha incidencia importante, polo menos segundo se desprende das nosas observacións e das mostras e consultas recibidas no laboratorio. Isto é lóxico porque sabemos que é un patóxeno directamente relacionado con condicións climáticas húmidas (que apenas as hai) e danos previos nas uvas (por rachos da pel dos grans –apenas presentes pola escaseza de choivas-, por penetracións de couza, alimentación de paxaros…). Neste sentido, incluso variedades tan sensibles como Treixadura ou Loureira presentan os acios libres do fungo na maiorÃa dos casos.
Canto ás demais patoloxÃas, a seca que continúa a haber provocou que na visita de onte dÃa 24 observaramos un maior número de plantas con expresión de sÃntomas de patoloxÃas ou alteracións de madeira.
|
PRAGAS |
Nas nosas parcelas de seguimento e nas demais fincas que visitamos onte xoves non observamos presenza destacable (e sempre moi por debaixo dos limiares de tratamento) de ovos ou penetracións de eirugas de couza do acio. Porén, nunha finca que visitamos no Salnés si atopamos dous rebuscos cun elevado número de ovos (un deles ademais con danos de eirugas) que en todo caso non producirán danos ao resto dos acios debido a que xa se está a iniciar a vendima.
Canto aos cicadélidos, non observamos adultos en vo e de feito nas trampas que temos instaladas nas parcelas de seguimento que visitamos, a súa presenza non variou sensiblemente desde a última revisión que fixeramos (8-9 agosto). No que ao cicadélido vector da flavescencia dourada ( Scaphoideus titanus) se refire, onte tampouco tiñamos captura algunha nas trampas que temos nas viñas de Pontevedra. Sen embargo, xa podemos confirmar que os exemplares recollidos en Ourense aos que aludiamos no aviso do dÃa 11 si son da especie S. titanus, e representan, ata o momento, os únicos dos que temos constancia nesta campaña en Galicia.
Finalmente, so observamos sÃntomas de trips nos gromos terminais da viña de O Salnés onde os detectaramos, mentres que de ácaros si vimos algún gromo novo afectado por acariose en senllas fincas de O Rosal (presenza de individuos confirmada no laboratorio) e maior presenza de gromos cos caracterÃsticos sÃntomas de erinose en case todas as fincas.
|
ALTERACIÓNS NON BIÓTICAS |
Como era de esperar tamén observamos na visita de onte máis acios afectados por golpes de sol e sÃntomas moi claros de seca, especialmente nas plantas de viñas con solos menos profundos e areosos.
|
|